div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 24.03.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 24.03.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista con Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega.

10:50 h

ESTACHE BO!: Cazola de peixe con salsa de pementos e allos asados

Amais de elaborar esta receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos culinarios e a nutricionista Lidia Folgar falará hoxe das distintas fontes de ferro que se atopan nos alimentos.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O magazine explica hoxe que son os divertículos e o seu tratamento, visita a adega Carballal, e fala da aposta pola venda directa do berberecho sen intermediario na confraría de Noia, entre outros moitos temas.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 24.03.2025

Presenta Marta Darriba.

15:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 24.03.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:35 h

O TEMPO

15:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

18:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 636

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:25 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 24.03.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:25 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 24.03.2025

21:35 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 159

Paco Lodeiro recibe no ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ cinco concursantes que veñen dispostos a levar o bote: Antón, de Cangas; Senén, de Vigo; Jandro, de Ribadumia; Xabi, de Poio, e a nova incorporación, Enrique, de Pontedeume. O premio, que ascende a 18.600 €, pode ser para un deles. Se non o leva, o finalista terá que conformarse cun petisco de 200 €.

22:15 h

COS PÉS NA TERRA

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. 'Cos pés na terra' volve hoxe á escola cun profesor de horta. O programa tamén sairá de ruta cun veterinario rural e visitará un apicultor de Terra de Trives.

23:20 h

ACÓ, ALÓ E ACOLÁ: Dereitos dos animais

O programa visita Culleredo e fala dos dereitos dos animais. Para saber o que opina a xente sobre este asunto, farán un debate cun grupo de amigos residentes no concello. Entrevistarán tamén a Marcos Brea, adestrador e propietario do Complexo Canino Gaia, quen falará como experto no tema.

00:25 h

INFILTRADO

Baseada nunha historia real ocorrida nos anos 80, narra como un policía estadounidense se infiltra nunha banda de narcos colombianos. Para acadar ese obxectivo, Robert Mazur infiltrarase xunto a Kathy Ertz, quen finxirá ser a súa futura muller, e Emir Abreu, un policía con métodos pouco tradicionais, para codearse coa cúpula da organización criminal e ser parte da maior operación antidroga encuberta da historia.

02:20 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 24.03.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

03:05 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

03:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 24.03.2025

div-crtvg-top2

Publicidade