div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1960

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 578

O Colexio San José de Cluny de Vigo fundouse no ano 1904. A súa proposta educativa e a súa actuación pedagóxica está arraigada nos valores da súa fundadora, Ana María Javouhey, polo que ofrecen aos seus alumnos un acompañamento integral, humano e espiritual.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VI 421

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 23.03.2025

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1182

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

11:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. A coordinadora do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, Eva Mejuto, convidada hoxe no programa 'Zigzag'.

12:00 h

ELAS: ELAS 9

Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. As protagonistas de ‘Elas’ son hoxe unhas mulleres apaixonadas polo deporte e a música.

12:40 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 634

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 23.03.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.03.2025

Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.03.2025

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:35 h

UNHA QUEDADA CON ROBERT MITCHUM: CABECEIRA UNHA QUEDADA CON ROBERT MITCHUM

15:35 h

MÁIS ALÓ DE RÍO GRANDE

Martin Brady, pistoleiro de orixe mexicana, traballa para os Castro, ricos e poderosos terratenentes mexicanos. Durante unha incursión aos EUA para recoller un cargamento de armas sofre un accidente que lle impide levar a cabo a súa misión. Durante a súa recuperación coñece ao maior Colton e a súa atractiva esposa, unha muller de carácter imprevisible pola que mata un home en defensa da súa honra, feito que retrasa indefinidamente o seu proxecto de deixar a azarosa vida de pistoleiro.

15:35 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.03.2025

17:00 h

MORRA O CONTO: MORRA O CONTO. VILA PEQUENA VS. CIDADE GRANDE

Innovador formato de entretemento que celebra as nosas diferencias. Alba Mancebo e David Vilares guían esta proposta, que mestura tradición, emoción e moita diversión e que cada semana abrirá un debate entre dous lugares de Galicia con visións opostas.

17:10 h

MORRA O CONTO: Vila pequena vs cidade grande

Innovador formato de entretemento que celebra as nosas diferencias. Alba Mancebo e David Vilares guían esta proposta, que mestura tradición, emoción e moita diversión e que cada semana abrirá un debate entre dous lugares de Galicia con visións opostas.

18:40 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 625

18:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 635

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:00 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Alejo, natural da Coruña; Pepelu, de Laxe, e Alfonso, de Vigo, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 23.03.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 23.03.2025

22:05 h

A CORAL: A CORAL 7

Comedia protagonizada por Carlos Blanco e ambientada nunha pequena aldea a onde chega un prestixioso director musical para encargarse do coro da localidade. Entre desafíos musicais, esta nova ficción da TVG ofrece unha mirada divertida e entrañable sobre a capacidade de adaptación, a amizade e as segundas oportunidades. Os membros de ‘A coral’ proban hoxe os seus uniformes.

22:10 h

O NOVO REI DA COMEDIA

Miguel Lago, o coñecido humorista vigués estréase como presentador da canle pública galega con este formato, en que os actores Carlos Blanco e Patricia Vázquez e o influencer Xurxo Carreño actuarán como xurado profesional. Dez concursantes, procedentes das catro provincias galegas, farán cada semana unha exhibición das súas calidades artísticas e competirán por facerse coa coroa.

22:25 h

OS GARDIÁNS DO MAR: Loita contra o furtivismo

A acción en estado puro chega con ‘Os gardiáns do mar’, un espazo sobre os heroes do litoral galego. Salvamento Marítimo, Gardacostas, Garda Civil e Vixilancia Aduaneira son algúns dos corpos que protagonizan este espazo. Este primeiro programa mergúllase no día a día de Kike, un veterano gardacostas, e do seu equipo. Xuntos, coordinarán un operativo para capturar furtivos e inspeccionar as bateas da ría de Arousa. A serie tamén mostrará o labor dos axentes de Aduanas e da Garda Civil, que patrullan as augas galegas para frear delitos e garantir a legalidade.

23:30 h

ALARMA 080

Programa inmersivo que se achega ao día a día dos bombeiros de Galicia, mostrando a súa valentía e a dedicación na loita contra incendios e emerxencias. No primeiro episodio, os espectadores acompañarán os bombeiros en distintas actuacións en Vilalba, Ponteareas, San Cibrao e Boiro.

00:20 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 635

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

01:35 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 23.03.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

02:30 h

LUAR: LUAR 1432

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar’ estrea a primavera coa visita do grupo Cómplices e da picadiscos Sofía Cristo. O programa tamén ofrecerá as actuacións do trío Alana, da orquestra La Fórmula, da Banda de Gaitas e Percusión María Soliña e fa Agrupación Vai de Roda.

06:20 h

ELAS: ELAS 9

Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. As protagonistas de ‘Elas’ son hoxe unhas mulleres apaixonadas polo deporte e a música.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 23.03.2025

div-crtvg-top2

Publicidade