div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:05 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 22.03.2025

Presenta Chus Tanoira.

10:15 h

PARLAMENTO: PARLAMENTO 1139

Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.

10:45 h

LABRANZA: LABRANZA 1727

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

11:25 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

12:15 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 633

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

13:30 h

NO FOCO: NO FOCO 22.03.2025

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 22.03.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 22.03.2025

Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 22.03.2025

15:35 h

MALO SERÁ!: Vigo 1

Presentado por Lucía Regueiro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas.

17:10 h

MALO SERÁ!: Ourense

Presentado por Lucía Regueiro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas. A mellor comedia sobre as táboas chega a Ourense co equipo de 'Malo Será!'. O programa contará coa participación de Pablo Meixe como convidado de excepción e de Iván Davila como talento local.

18:50 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 624

18:55 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 634

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:05 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Josué e Alejo, ambos da Coruña, e Policarpio, da Terra Chá, participan hoxe no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daranlles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 22.03.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 22.03.2025

22:00 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 158

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ acumula xa 18.400 €. Cinco concursantes van loitar polo gran premio: Antón, de Cangas; Senén, de Vigo; Jandro, de Ribadumia; Xabi, de Poio, e a nova incorporación, Nerea, da Coruña. Se o bote lle escapa ao finalista, este levará un petisco de 200 €.

22:40 h

HIT LIST: HIT LIST GALICIA 9

Divertido gameshow musical de entretemento para toda a familia, presentado por Rafa Durán e a cantante Miriam Rodríguez. En cada programa, tres parellas competirán por un premio de 6.000 € intentando adiviñar o título e intérprete dunha serie de cancións relevantes na historia da música. O concurso está baseado nun formato innovador da BBC británica, un dos programas musicais de máis éxito internacional, que xa chegou a outros países europeos. As cancións convértense no punto de encontro das parellas que participan hoxe, procedentes de Rianxo, Carballo e A Coruña, que terán que demostrar o seu oído musical a través de divertidas probas

23:20 h

SEGREDO TRAS A PORTA

Celia, unha rica herdeira, coñece a Mark, un home atractivo e misterioso. Namóranse e poucos días despois casan. A medida que Celia vai coñecendo a vida do seu home, comeza a sospeitar que oculta segredos que ela nin sequera pode imaxinar. Versión Orixinal Subtitulada (V.O.S) cos subtítulos queimados na pantalla.

23:35 h

TRIÁNGULOS MÁXICOS: TRIÁNGULOS MÁXICOS 10

Competición entre tríos de cantantes profesionais e amateurs, presentado por Trisha Fernández. O obxectivo final do concurso é conseguir a gravación dun disco e gañar 6.000 €, que serán doados a unha ONG. O xurado está composto pola gaiteira Susana Seivane, o cantante Xisco Feijóo e o actor Will Shephard. 'Triángulos máxicos' escolle hoxe o cuarto trío que competirá nas semifinais. Xoana Veiga, Suso Bello e Alba Navarrete compiten hoxe con Miguel Carnero, Alejandra Pais e Catuxa Salom.

01:00 h

SEGREDO TRAS A PORTA

Celia, unha rica herdeira, coñece a Mark, un home atractivo e misterioso. Namóranse e poucos días despois casan. A medida que Celia vai coñecendo a vida do seu home, comeza a sospeitar que oculta segredos que ela nin sequera pode imaxinar. Versión Orixinal Subtitulada (V.O.S) cos subtítulos queimados na pantalla.

02:35 h

MALO SERÁ!: Vigo 1

Presentado por Lucía Regueiro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas.

04:05 h

MALO SERÁ!: Ourense

Presentado por Lucía Regueiro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas. A mellor comedia sobre as táboas chega a Ourense co equipo de 'Malo Será!'. O programa contará coa participación de Pablo Meixe como convidado de excepción e de Iván Davila como talento local.

05:50 h

div-crtvg-top2

Publicidade