TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 19.03.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 19.03.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista con Xosé Pedro Rodríguez Álvarez, investigador na Universidade Rovira i Virgili.
O AGRO: Capítulo 58
Espazo informativo sobre o mundo da agricultura e a gandaría. O programa ofrece as últimas cotizacións dos mercados de gando da comunidade autónoma de Galicia.
ESTACHE BO!: Lingua con 'piperrada' ao forno
Amais de elaborar esta nova receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos culinarios. A nutricionista Lidia Folgar falará hoxe das vísceras e das purinas.
O AGRO: O AGRO 19.03.2025
ESTACHE BO!: LINGUA CON "PIPERRADA" AO FORNO
“Lingua con piperrada ao forno” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos das vísceras e das purinas.
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 19.03.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 19.03.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
Toda a información meteorolóxica e do estado da mar.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 631
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 19.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 19.03.2025
Toda a información meteorolóxica e do estado da mar.
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 157
Un bote de 18.200 € e cinco concursantes que están dispostos a levalo neste programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Paco Lodeiro recibe a Antón, de Cangas; Senén, de Vigo; Jandro, de Ribadumia; Antía, de Ames, e a nova incorporación, Xabi, de Poio. O finalista ten garantido o petisco de 200 €, pero vai loitar polo gran premio no 'minuto final'.
NIN OFICIO NIN BENEFICIO
María José, camareira en Teo, teme que no programa ‘Nin oficio nin beneficio’ lle toque coidar nenos, unha tarefa que non lle gusta nada. Pero a sorpresa será maiúscula cando descubra que os pequenos que debe coidar son en realidade os animais de Corax Fauna. María José vivirá unha xornada inesquecible rodeada de animais salvaxes e descubrirá novas habilidades nun ámbito totalmente diferente. Mónica, a primeira protagonista do programa, terá que deixar a súa paixón pola moda para traballar nun lugar que non soporta: unha carnicería.
TRIÁNGULOS MÁXICOS: TRIÁNGULOS MÁXICOS 10
Competición entre tríos de cantantes profesionais e amateurs, presentado por Trisha Fernández. O obxectivo final do concurso é conseguir a gravación dun disco e gañar 6.000 €, que serán doados a unha ONG. O xurado está composto pola gaiteira Susana Seivane, o cantante Xisco Feijóo e o actor Will Shephard. 'Triángulos máxicos' escolle hoxe o cuarto trío que competirá nas semifinais. Xoana Veiga, Suso Bello e Alba Navarrete compiten hoxe con Miguel Carnero, Alejandra Pais e Catuxa Salom.
AO OUTRO LADO DA LEI
Dous policías, un veterano do corpo e o seu novo compañeiro, son suspendidos cando un vídeo das súas duras tácticas de detención de delincuentes se converte na noticia do día nos medios de comunicación. Ambos os dous, con problemas persoais que poderían solucionarse con cartos, deciden aproveitar a súa condición de civís para facer algo á marxe da lei.
AO OUTRO LADO DA LEI
Dous policías, un veterano do corpo e o seu novo compañeiro, son suspendidos cando un vídeo das súas duras tácticas de detención de delincuentes se converte na noticia do día nos medios de comunicación. Ambos os dous, con problemas persoais que poderían solucionarse con cartos, deciden aproveitar a súa condición de civís para facer algo á marxe da lei.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 19.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.