TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 17.03.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 17.03.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!: Polo con cigalas
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O magazine ‘O Termómetro’ asiste hoxe ata unha explotación de vaca limiá, fala dos calotes con tarxetas de crédito e coñece un nonaxenario moi deportivo.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 17.03.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 17.03.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 629
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 17.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 17.03.2025
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 155
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Cinco concursantes compiten no ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ polo gran premio: Antón, de Cangas; Senén, de Vigo; Javi, de Santiago de Compostela; Antía, de Ames, e a nova incorporación, Jandro, de Ribadumia. Todos eles van intentar permanecer no concurso, pero tamén van loitar por un bote que está xa nos 17.800 €.
COS PÉS NA TERRA
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. En 'Cos pés na terra' haberá hoxe clases de cociña a pé de horta e coñecerase unha parella que pastorea xunta. Ademais, outro dos protagonistas amosará que nunca é tarde para retomar un oficio se existe paixón.
ACÓ, ALÓ E ACOLÁ
Hoxe o programa viaxa ata Ourense para falar de lonxevidade. Coñecemos de primeira man as opinións dun grupo de centenarias residentes no concello. O convidado experto é Pablo García Vivanco, farmacéutico, nutricionista e experto en lonxevidade. O espazo pescuda esta semana sobre as claves da lonxevidade en Ourense.
CAZA HUMANA
Un militar retirado vive nunha cabana nun lugar remoto dos montes Apalaches. De pronto recibe a visita dun turista europeo que, en realidade, é un soldado serbio que busca vinganza. Comeza así unha batalla feroz entre os dous e parece que vai poder sobrevivir só un.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 17.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 629
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.