div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:10 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1959

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 577

Coñecemos o seminario Maior Interdiocesano “Apóstol Santiago” no que se forman 23 seminaristas das dioceses de Mondoñedo-Ferrol, Santiago de Compostela e Tui-Vigo. As tres dioceses optaron por constituír este modelo para poder ofrecer aos seminaristas os elementos formativos necesarios que lles permitan vivir a identidade e espiritualidade do ministerio sacerdotal.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VI 420

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 16.03.2025

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1181

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

11:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O espazo conversa coa ‘script’ Encarna Alonso, Premio de Honra nos Mestre Mateo e con Carlos Rego, autor que acaba de publicar unha biografía sobre Bibiano Morón.

11:55 h

ELAS: ELAS 8

Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. 'Elas' coñece hoxe a loita feminista de O Soño de Lilith e a cooperativa Ardora para a formación do sector pesqueiro.

12:35 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 627

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 16.03.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 16.03.2025

Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 16.03.2025

15:30 h

O rifle e a biblia

Rooester Cogburn, un marshall borrachiño e en decadencia, é desposuído da súa placa polo xuíz Parker pola excesiva dureza que amosa no seu traballo cotiá. Só e sen saber moi ben a que dedica-la súa existencia, pronto terá, non obstante, unha boa oportunidade de demostra-la súa valía cando o Goberno federal lle confía a captura do bandoleiro Hawk maila súa banda, ladróns dun un perigoso cargamento de nitroglicerina. Para este cometido contará coa axuda de Eula, unha adusta e seria muller de Nova Inglaterra, que viu morrer a seu pai, misioneiro, e os indios que este acristianaba a mans do propio Hawk.

15:30 h

UNHA QUEDADA CON...: ... John Wayne

17:15 h

MORRA O CONTO: Cidade de mar vs cidade de río

Innovador formato de entretemento que celebra as nosas diferencias. Alba Mancebo e David Vilares guían esta proposta, que mestura tradición, emoción e moita diversión e que cada semana abrirá un debate entre dous lugares de Galicia con visións opostas. Vigo e Ourense bateranse en duelo este domingo en 'Morra o conto' para decidir se é mellor vivir nunha cidade de mar ou de río. Alba Mancebo e David Vilares amosaranlles aos espectadores a identidade mariñeira e o dinamismo do porto vigués e o encanto das pontes e das augas termais ourensás.

18:40 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 623

18:50 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 628

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:00 h

GAÑA A TÚA ALDEA

Josué, natural da Coruña, María, da Coruña, e Johnny, de Boborás, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 16.03.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 16.03.2025

22:05 h

A CORAL: A CORAL 6

Comedia protagonizada por Carlos Blanco e ambientada nunha pequena aldea a onde chega un prestixioso director musical para encargarse do coro da localidade. Entre desafíos musicais, esta nova ficción da TVG ofrece unha mirada divertida e entrañable sobre a capacidade de adaptación, a amizade e as segundas oportunidades. Os integrantes de ‘A coral' están moi ilusionados polo regreso de Manuel, pero levarán unha desagradable sorpresa.

22:35 h

O NOVO REI DA COMEDIA

Miguel Lago, o coñecido humorista vigués estréase como presentador da canle pública galega con este formato, en que os actores Carlos Blanco e Patricia Vázquez e o influencer Xurxo Carreño actuarán como xurado profesional. Dez concursantes, procedentes das catro provincias galegas, farán cada semana unha exhibición das súas calidades artísticas e competirán por facerse coa coroa. Os dez candidatos de 'O Novo Rei da Comedia' chegan hoxe dispostos ao que faga falta para facer rir e convencer o xurado. A actriz Patricia Vázquez, o influencer Xurxo Carreño e o humorista Víctor Fábregas valorarán nesta ocasión as súas actuacións en sketches con títulos tan suxestivos como ‘Arma branca’, ‘Novos hábitos’, ‘Alba de noite’ ou ‘Taller de robótica’.

01:10 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 16.03.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

02:00 h

LUAR: LUAR 1431

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. A cantante Natalia e o gaiteiro Hevia, convidados hoxe no 'Luar'. Tamén pasarán polo escenario do programa o grupo Abril, a orquestra New York, o Orfeón de Trives e a asociación A Regionalista.

05:45 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 628

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 16.03.2025

div-crtvg-top2

Publicidade