TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 12.03.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 12.03.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
O AGRO: O AGRO 12.03.2025
ESTACHE BO!: RISOTO DE CABAZA CON CREMA DE QUEIXO DO PAÍS
“Risoto de cabaza con crema de queixo do país” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos da salvia e as súas propiedades.
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. A mesa do espazo ‘O Termómetro’ contará hoxe coa presenza dos colaboradores Xosé Antón López, Ana Gayoso, Gloria Ferreiro e Pepe Suevos cos que se abordarán temas de actualidade, entre eles o abuso do móbil por parte dos máis novos, os supermercados ambulantes que circulan por Galicia ou a chegada da velutina a todos os concellos, aínda que parece que hai menos niños que outros anos. O espazo recibirá hoxe a visita do enfermeiro Héctor Castiñeira para falar da ciática e como esta doenza é unha das principais causas detrás de incapacidades e baixas médicas. O magazine viaxa tamén ata Triacastela, onde un mozo de 29 anos quedou coa única farmacia rural da localidade e evita que o concello quede sen boticas. Isto ten encantados aos veciños, que de non ser por esta boa nova terían que ir por medicamentos a unha farmacia que está a 20 quilómetros da vila. Achegámonos a falar con Roberto, o novo dono, e con algún veciño que nos conte a importancia que ten este establecemento para a vila. Outro dos temas deste mércores será o marisqueo a flote na ría de Pontevedra, xa que despois de dous meses de parón os resultados están a ser nefastos e os mariñeiros din que ao chegar aos bancos non hai nada e non saben que facer. ‘O termómetro’ estará con eles para que expliquen en detalle a situación.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 12.03.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 12.03.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
Toda a información meteorolóxica e do estado da mar.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 624
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 12.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 12.03.2025
Toda a información meteorolóxica e do estado da mar.
NIN OFICIO NIN BENEFICIO
Belén ten unha inmobiliaria en Gondomar, pero as fins de semana ten outro traballo ben distinto: é árbitra de fútbol. Pero Belén pasará a xornada de hoxe traballando como peixeira. Bastaralle a experiencia no campo de fútbol para afrontar o reto que ten diante? Mónica, a primeira protagonista do programa, terá que deixar a súa paixón pola moda para traballar nun lugar que non soporta: unha carnicería.
NIN OFICIO NIN BENEFICIO
Marta, hixienista dental e "influencer", sempre soñou con ser veterinaria. No programa de hoxe terá a oportunidade de vivir un día na súa profesión desexada e afrontar os retos de coidar animais poñendo a proba as súas habilidades cun veterinario do rural. Mónica, a primeira protagonista do programa, terá que deixar a súa paixón pola moda para traballar nun lugar que non soporta: unha carnicería.
TRIÁNGULOS MÁXICOS: TRIÁNGULOS MÁXICOS 9
Competición entre tríos de cantantes profesionais e amateurs, presentado por Trisha Fernández. O obxectivo final do concurso é conseguir a gravación dun disco e gañar 6.000 €, que serán doados a unha ONG. O xurado está composto pola gaiteira Susana Seivane, o cantante Xisco Feijóo e o actor Will Shephard. Na terceira das catro galas dos cuartos de final e, a piques de rematar esta fase do concurso, polo momento están clasificados para a semifinal os tríos Mouras e Tres para sempre. Neste programa enfróntanse o trío ‘Das cores’, formado polos cantantes profesionais Laura Añón, Fernando Hernández, da orquestra París de Noia, e a amateur Tami Madoy, e o trío ‘Aires Sureños’, composto por Santiago Alonso e os profesionais Sara Vázquez, da orquestra La Fórmula, e Roi Casal.
VINGANZA BAIXO CERO
Un condutor dunha máquina quitaneves leva unha vida tranquila ata que a morte súbita do seu fillo fai que se vexa envolto nunha guerra entre narcotraficantes, armado só con maquinaria pesada e a sorte do principiante. Remake do filme noruego ‘Un tras outro’.
VINGANZA BAIXO CERO
Un condutor dunha máquina quitaneves leva unha vida tranquila ata que a morte súbita do seu fillo fai que se vexa envolto nunha guerra entre narcotraficantes, armado só con maquinaria pesada e a sorte do principiante. Remake do filme noruego ‘Un tras outro’.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 12.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 12.03.2025
Información meteorolóxica e prognóstico do tempo centrado no mar e nas zonas costeiras.