TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 11.03.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 11.03.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
O AGRO: O AGRO 11.03.2025
ESTACHE BO!: Garavanzos especiados con polo e verduras
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Os espectadores de ‘O Termómetro’ coñecerán a campaña polo 8M ‘O Noso Canto’, un proxecto cultural creado por mulleres para toda a sociedade galega.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 11.03.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 11.03.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
Toda a información meteorolóxica e do estado da mar.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 623
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 11.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 11.03.2025
Toda a información meteorolóxica e do estado da mar.
LÉVAME, LÉVAME: Esther Estévez
Esther Estévez viaxa facendo autostop pola comarca onde se criou: Verín. Unha terra chea de auga. A presentadora do “Dígocho eu” parará nalgunhas fontes históricas de camiño á aldea de Ábedes, onde viven uns tíos seus. O espazo ‘Lévame, lévame’ acompaña hoxe a Esther Estévez na súa viaxe facendo autostop por Verín. A presentadora do ‘Dígocho Eu’ percorrerá ás fontes da comarca onde se criou para levarlles un agasallo aos seus tíos.
CASAMOS!: A historia de amor de Vanesa e Vince
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!". En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. A forte conexión inicial entre Vanesa e Vince abriulles ás portas ao amor e a un novo enlace en 'Casamos!' esta noite. As familias da parella teñen un papel importante nesta voda, en que a noiva será acompañada ao altar por Carlos, o seu ex marido e padriño do casamento.
CASAMOS! QUE FOI DE...?: Vanesa e Álex
Vanesa e Álex participaron en 'Casamos!' hai 8 anos. Esta parella de Bembrive, en Vigo, atravesou momentos moi delicados trala súa voda. A morte dun ser querido e a enfermidade dun deles cambiou por completo as súas vidas. No programa descubrimos se seguen xuntos tralo acontecido ou non. Tras oito anos do seu paso por ‘Casamos!’, ‘Que foi de?’ descubrirá se Vanesa e Álex foron quen de superar os obstáculos e continúa triunfando o amor.
RAÍÑA-ME!: Feliz 2216 con Belén Puime
A artista e 'performer' Alexa Evans abre as portas do seu Odragoiro a un convidado ou convidada especial para transformar o seu aspecto por completo e comprobar, con retos sorprendentes e entrevistas lixeiras, se teñen o que fai falta para converterse nunha raíña do ‘drag’. A creadora audiovisual Belén Puime chega ao Odragoiro a demostrar que non é unha pringada máis e que pode ser unha digna filla 'drag' de Alexa Evans.
RAÍÑA-ME!: De verbena con Amoebo
A artista e 'performer' Alexa Evans abre as portas do seu Odragoiro a un convidado ou convidada especial para transformar o seu aspecto por completo e comprobar, con retos sorprendentes e entrevistas lixeiras, se teñen o que fai falta para converterse nunha raíña do ‘drag’. O cantante Amoebo ponse nas mans de Alexa Evans para montar xuntos unha verbena e demostrar que pode ter no Odragoiro como nos escenarios.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 11.03.2025
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 623
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 11.03.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1958
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 11.03.2025
Toda a información sobre o estado da mar.