div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 10.03.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.

10:50 h

ESTACHE BO!: Corvina mariñada

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O espazo ‘O Termómetro’ visita unha granxa robotizada, o Museo das gaseosas de Coristanco, unha granxa de gansos e, en Boiro, fala do despoboamento.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 10.03.2025

Presenta Marta Darriba.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 10.03.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:30 h

O TEMPO

15:40 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 622

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:25 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 10.03.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:25 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 10.03.2025

21:35 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XV 201

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. ‘Cos pés na terra' convida hoxe os seus espectadores a probar un auténtico remedio antiestrés: as rutas a cabalo. O programa tamén pasará unha xornada cunha produtora de faba de Lourenzá e cun modisto que atopa a inspiración na natureza.

22:40 h

ACÓ, ALÓ E ACOLÁ: Redes sociais

Programa de humor, con Manuel Manquiña e Víctor Fábregas como protagonistas, que viaxa por Galicia para amosar os retos aos que se enfronta a sociedade actual. O programa recala hoxe en Muros, onde fala de redes sociais e coñece as opinións dos veciños da vila. A convidada experta é María Maceiras, unha 'influencer' especializada en temas mariños.

23:50 h

ANNA

En Moscú, en 1990, Anna é descuberta por un cazatalentos e trasládase a París para traballar como modelo. Pero baixo a beleza abraiante de Anna Poliatova agóchase un segredo que desatará a súa forza e habilidade indeleble para converterse nun dos máis temibles asasinos gubernamentais do mundo.

01:40 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 10.03.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

02:25 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA X 622

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

03:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AI?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 10.03.2025

div-crtvg-top2

Publicidade