TVG - CRTVG
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Os espectadores de ‘O Termómetro’ coñecerán a campaña polo 8M ‘O Noso Canto’, un proxecto cultural creado por mulleres para toda a sociedade galega.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1958
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 576
Programa relixioso.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 419
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 09.03.2025
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1180
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. 'Zgzag' falará coa escritora e xornalista María Xosé Porteiro da súa obra ‘As benfaladas’, sobre o acceso da voz e o pensamento femininos á sociedade.
ELAS: ELAS 7
Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. As integrantes dos colectivos Mulleres Ártabras e Mulleres de Seu, protagonistas hoxe no espazo 'Elas'.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 620
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 09.03.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.03.2025
Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.03.2025
UNHA QUEDADA CON GENE HACKMAN: CABECEIRA UNHA TARDE CON GENE HACKMAN
UNHA GAIOLA DE GRILOS
A tranquila vida de Albert e Armand, unha parella homosexual, vese completamente alterada pola inminente voda de Val, fillo de Armand, coa filla dun senador ultraconservador. O político, que quere promover os valores tradicionais da vida familiar, decide visitar a familia do noivo, sen saber o que vai atopar.
MORRA O CONTO: Praza do Obradoiro vs Praza de María Pita
Innovador formato de entretemento que celebra as nosas diferencias. Alba Mancebo e David Vilares guían esta proposta, que mestura tradición, emoción e moita diversión e que cada semana abrirá un debate entre dous lugares de Galicia con visións opostas.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 621
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 621
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GAÑA A TÚA ALDEA
Concurso. Jacobo, Roi e Josué, procedentes da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 09.03.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 09.03.2025
A CORAL: Descubrimentos
Comedia protagonizada por Carlos Blanco e ambientada nunha pequena aldea a onde chega un prestixioso director musical para encargarse do coro da localidade. Entre desafíos musicais, esta nova ficción da TVG ofrece unha mirada divertida e entrañable sobre a capacidade de adaptación, a amizade e as segundas oportunidades. Hoxe, a psicóloga dille a Manuel que xa se pode reincorporar ao traballo.
O NOVO REI DA COMEDIA
Miguel Lago, o coñecido humorista vigués estréase como presentador da canle pública galega con este formato, en que os actores Carlos Blanco e Patricia Vázquez e o influencer Xurxo Carreño actuarán como xurado profesional. Dez concursantes, procedentes das catro provincias galegas, farán cada semana unha exhibición das súas calidades artísticas e competirán por facerse coa coroa. Na estrea de ‘O Novo Rei da Comedia’, que contará con moitas sorpresas, os espectadores coñecerán os dez aspirantes a conseguir o título.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 09.03.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
LUAR: LUAR 1430
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Tres mulleres cunha longa carreira musical, Uxía Senlle, Pili Pampín e María Jesús e o seu acordeón, protagonistas hoxe de 'Luar'. Tamén pasarán polo escenario a orquestra Saudade, a cantante Ruth Cundíns, o grupo compostelán Ailá e a Banda de Gaitas Arume de Malvas.
HORA GALEGA: HORA GALEGA X 621
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.