div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 26.02.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luis Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 26.02.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.

11:00 h

ESTACHE BO!: Pizza de coliflor

Amais de elaborar a nova receita, o chef Iván Mariñas ofrece novos consellos e trucos de índole culinaria. A nutricionista Lidia Folgar falará tamén dos queixos que non se poden comer durante o embarazo.

11:00 h

O AGRO: O AGRO 26.02.2025

Espazo informativo sobre o mundo da agricultura e a gandaría. O programa ofrece as últimas cotizacións dos mercados de gando da comunidade autónoma de Galicia.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 26.02.2025

Presenta Marta Darriba.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 26.02.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:25 h

CICLISMO: O Gran Camiño: 1ª Etapa Camiño de Portugal

Nova edición da volta O Gran Camiño, que este ano parte de Portugal e volverá rematar na capital de Galicia. Os medios públicos galegos teñen preparada unha ampla despregadura para contar todo o que suceda durante os cinco días de competición. A primeira etapa principia o hoxe no país luso, coa saída en Maia e a meta instalada en Matosinhos.

15:25 h

CICLISMO: O GRAN CAMIÑO 1a Etapa CAMIÑO DE PORTUGAL

En directo.

15:40 h

O TEMPO

Toda a información meteorolóxica e do estado da mar.

15:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

18:50 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 614

Adianto do espazo Hora galega.

18:55 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:25 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 26.02.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 26.02.2025

Toda a información meteorolóxica e do estado da mar.

21:45 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 153

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ sobe ata os 17.400 €. Antón, de Cangas; Luísa, de Vilanova de Arousa; Javi, de Santiago de Compostela; Vanessa, de Xunqueira de Espadanedo, e a nova incorporación, Senén, de Vigo, van intentar que hoxe deixe de medrar. Se ningún deles o dá conseguido, o finalista levará un petisco de 200 €.

22:25 h

TRIÁNGULOS MÁXICOS: TRIÁNGULOS MÁXICOS 7

Competición entre tríos de cantantes profesionais e amateurs, presentado por Trisha Fernández. O obxectivo final do concurso é conseguir a gravación dun disco e gañar 6.000 €, que serán doados a unha ONG. O xurado está composto pola gaiteira Susana Seivane, o cantante Xisco Feijóo e o actor Will Shephard. Comeza hoxe na TVG a segunda fase de ‘Triángulos Máxicos’, coa repesca de dous tríos. Sabela Rey, Edit Iseo e Paula Puga enfróntanse ao equipo formado por Aroa Rodríguez, Antía Muíño e Silvia.

23:45 h

A XUSTICEIRA

Tras escapar do seu violento marido, agora Sadie dedica a súa vida a liberar outras persoas en perigo. Despois de meses adestrando distintas habilidades, como supervivencia, boxeo ou artes marciais, está lista para vingarse.

01:15 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 26.02.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

02:10 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

02:40 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.

02:45 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

03:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 26.02.2025

Información meteorolóxica e prognóstico do tempo centrado no mar e nas zonas costeiras.

div-crtvg-top2

Publicidade