div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 25.02.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luis Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 25.02.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue.

10:45 h

O AGRO: O AGRO 25.02.2025

10:50 h

ESTACHE BO!: Fideuá negra de choco e mexillóns con alioli verde

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro' amosa como preparar a horta para os cultivos e as demandas do gandeiros ante unha lei recente que limita os tratamentos veterionarios aos animais.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 25.02.2025

Presenta Marta Darriba.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 25.02.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:30 h

O TEMPO

Toda a información meteorolóxica e do estado da mar.

15:35 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:00 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 613

Adianto do espazo Hora galega.

19:10 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:25 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 25.02.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:25 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 25.02.2025

Toda a información meteorolóxica e do estado da mar.

21:35 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 152

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Un bote de 17.200 € agarda por quen acerte todas as preguntas do 'Minuto final'. Antón, de Cangas; Iván, de Mugardos; Javi, de Santiago de Compostela; Vanessa, de Xunqueira de Espadañedo, e a nova incorporación, Luísa, de Vilanova de Arousa, van intentar facerse co gran premio neste programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’.

22:15 h

LÉVAME, LÉVAME: Eva Iglesias

A presentadora, actriz e cantante Eva Iglesias sae facendo autostop da súa vila natal, Rianxo, con rumbo a Corrubedo. Polo camiño para en sitios moi queridos para ela, coma A Pobra do Caramiñal e Ribeira. Ao chegar ao seu destino, daranlle unha sorpresa emocionante. A versátil Eva Iglesias fai hoxe autostop no 'Lévame, lévame', desde Rianxo rumbo a Corrubedo. De camiño, parará na Pobra do Caramiñal e Ribeira, sitios con moito valor sentimental para a presentadora, e rematará recibindo unha sorpresa moi especial.

22:45 h

LAND ROBER TUNAI SHOW: Land Eva

A cantante e actriz Eva Iglesias, colaboradora habitual de “Land Robert Tunai Show” e protagonista de moitos dos sketchs do programa en que se representan a mulleres galegas de armas tomar, será esta noite a protagonista indiscutible do espazo. Dentro dun especial “Land Eva”, os seus compañeiros de programa, tanto o presentador Roberto Vilar como X.A. Touriñán, amais doutros rostros, habitualmente detrás das cámaras, como os guionistas falarán de como pasou dos escenarios das verbenas ao do programa estrela da noite dos xoves.

00:25 h

CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 25.02.2025

Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.

01:25 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 25.02.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

02:10 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1956

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

02:25 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

03:35 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 25.02.2025

div-crtvg-top2

Publicidade