TVG - CRTVG
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1956
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 574
As Oblatas teñen presencia en Ferrol dende 1907, e no ano 1989 abriron o Centro O Mencer como recurso especializado de atención a mulleres en situación de prostitución e vítimas de trata sexual. Entre as súas actuacións está a sensibilización da sociedade e con ese motivo inauguraron unha exposición.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 417
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 23.02.2025
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1178
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. No Día de Rosalía, ‘Zigzag’ conversa con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, sobre os actos conmemorativos e a campaña ‘Rosalía é Mundial’.
ELAS: ELAS 5
Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. Hoxe coñece o grupo Medialeva de Meis e a Asociación de Mulleres Rurais Alecrín.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 23.02.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.02.2025
Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 23.02.2025
SALVAXE
O reality de aventuras máis extremo realizado nunca en Galicia. Neste novo formato, presentado por María Lamela, 18 concursantes deberán superar distintos retos físicos e mentais que porán a proba a súa resistencia, intelixencia, forza e capacidade de traballo en equipo. Os 12 concursantes de 'Salvaxe' que quedan en competición enfróntanse esta semana a unha proba moi especial no castelo de San Filipe, en Ferrol.
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? FINAL
Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada. Os grupos Zoadeira, Xermolos, Coitelo de Pau e Xurupia competirán hoxe na final de 'Traes unha cantiga?'.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 611
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 39
Pablo, natural de Cabana de Bergantiños, Mónica, de Ribeira, e María, de Valga, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daranlles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 23.02.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 23.02.2025
A CORAL: A CORAL 3
Comedia protagonizada por Carlos Blanco e ambientada nunha pequena aldea a onde chega un prestixioso director musical para encargarse do coro da localidade. Entre desafíos musicais, esta nova ficción da TVG ofrece unha mirada divertida e entrañable sobre a capacidade de adaptación, a amizade e as segundas oportunidades. Os espectadores da TVG verán hoxe a Manuel en apuros para coordinar as voces ao completo de 'A Coral'. No segundo capítulo de hoxe, o que comeza como unha tranquila conversa entre amigos vaise complicar cando se fale da relación do director coa música.
MORRA O CONTO: Marín vs. Ferrol
Innovador formato de entretemento que celebra as nosas diferencias. Alba Mancebo e David Vilares guían esta proposta, que mestura tradición, emoción e moita diversión e que cada semana abrirá un debate entre dous lugares de Galicia con visións opostas. Ferrol e Marín, os dous enclaves militares por excelencia de Galicia, protagonistas hoxe en ‘Morra o conto'. O programa presentado por Alba Mancebo e David Vilares entrará tanto no Arsenal ferrolán coma na Escola Naval marinense.
ENTROIDO CHALLENGE
Concurso.
HISTORIAS DE AQUÍ: HISTORIAS DE AQUI 13
Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. Os espectadores coñecerán a historia e o día a día da Escola Naval Militar de Marín na primeira entrega da serie documental.
HISTORIAS DE AQUÍ: HISTORIAS DE AQUI 14
Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. Os espectadores coñecerán a historia e o día a día da Escola Naval Militar de Marín na primeira entrega destaa serie documental. A armada española ten unha tradición secular e desde 1943 é parte da historia de Marín. Os futuros oficiais deixan de ser civís cando cruzan as portas da Escola Naval Militar e compaxinan os estudos de enxeñaría mecánica coa formación e a instrución militar.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 23.02.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
GALA: Gala do Cocido 2025
A TVG ofrece hoxe desde Lalín o 'Kachucha Fest', que contará coas actuacións de Ana Guerra, Nebulossa, Isabel Aaiún, David Demaría e La Década Prodigiosa. A vila pontevedresa homenaxea un ano máis o cocido cunha gala en que se entregarán os XXXI Premios da Gastronomía de Galicia e un cartel que completan Marc Seguí, La Penúltima Sabinera e as orquestra Olympus e El Combo Dominicano.
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? FINAL
Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1178
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.