div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 10.02.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luis Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 10.02.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista con: Ghaleb Jaber Ibrahim, médico e empresario palestino.

10:45 h

ESTACHE BO!: Guiso de porco ao estilo grego con arroz

Amais de elaborar unha nova receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos e trucos de índole culinaria. A nutricionista Lidia Folgar falará tamén de 'baby lead weaning', unha coñecida alimentación complementaria para os bebés.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Un equipo de ‘O termómetro’ visita hoxe unha adega do Ribeiro para coñecer a preocupación dos produtores ante unha posible suba dos aranceis nos Estados Unidos.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 10.02.2025

Presenta Marta Darriba.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 10.02.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:30 h

O TEMPO

15:40 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

18:55 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 598

19:05 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:25 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 10.02.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:25 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 10.02.2025

21:35 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 144

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Neste novo programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ cinco concursantes volven pelexar por un bote que non deixa de crecer. Brais, de Pontevedra; Ana, de Vilalba; Javi, de Santiago de Compostela; Gloria, da Coruña, e a nova incorporación, Iria, de Ribadeo, van intentar facerse cos 15.600 € acumulados no gran premio.

22:20 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XV 197

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. ‘Cos pés na terra' amosa hoxe as historias vitais duns galegos que apostan polan vides, a cosmética natural e a gandería. O programa presentará tres novas iniciativas de persoas que elixen o rural como medio de vida.

23:20 h

ACÓ, ALÓ E ACOLÁ: A pegada de carbono

Manuel Manquiña e Víctor Fábregas viaxan ata Rábade para ver o que saben os seus veciños sobre a pegada de carbono. Ademais, coñecerán a actividade da granxa 'Casa do Alcalde', en Outeiro de Rei, unha instalación ecolóxica e pioneira en gando vacún e bovino.

00:30 h

O MELLOR

Un xogador de béisbol que vai para figura, deixa o deporte cando está ao borde da morte por mor dun disparo efectuado por unha misteriosa parella. 15 anos despois, volta novamente aos estadios de Nova York nun equipo de segunda fila, onde, porén, confirma as súas condicións de campión e coñece unha fermosa loira, que lle vai causar serios e graves problemas.

02:35 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 10.02.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

03:20 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

03:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 10.02.2025

div-crtvg-top2

Publicidade