div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

NO FOCO: NO FOCO 08.02.2025

Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

07:20 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1954

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 572

A catedral de Santiago acolleu a celebración de San Francisco de Sales, patrón dos xornalistas e comunicadores. Aproveitamos este encontro para falar con eles sobre a súa profesión e os seus valores, e sobre como ven a comunicación da igrexa.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VI 415

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 09.02.2025

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1176

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

11:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. María Solar conversa hoxe no estudio do ‘Zigzag’ con Tres pesos sobre o seu novo disco, ‘Cantares e Contares’.

11:55 h

ELAS: ELAS 3

Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. O club de ximnasia rítmica Maniotas e o grupo de teatro Mulleres en igualdade, protagonistas do programa ‘Elas’ de hoxe.

12:35 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 09.02.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.02.2025

Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 09.02.2025

15:40 h

SALVAXE

A tensión chega ata o límite durante a proba de equipos. Dous rivais enfróntase con violencia e levan o xogo ao extremo. Os servizos médicos teñen que intervir, polo que se presentan dúbidas de se o participante ferido vai poder continuar ou non na competición. Os concursantes teñen que vencer a fame, superar os seus propios medos e facer fronte á expulsión dun dos máis queridos da manda.

15:40 h

SALVAXE: Salvaxe Express

17:25 h

TRAES UNHA CANTIGA?: Primeira semifinal

Hoxe participan os grupos Cantareiras Bulideiras, que interpretan ‘Muiñeira de Santo Amaro’; Peis d’hos, que cantan ‘Na beira do mar’; Faro da Guía, con ‘Airiños, airiños, aires’; Xermolos, que concursan con ‘O quer que lle quer’, e Xurupia, con ‘O andar miudiño’. Nesta entrega tamén se coñecerá a cantiga máis popular entre as que resultaron gañadoras nas comarcas do Salnés, O Morrazo, Vigo, A Terra Chá e O Ribeiro. O programa, gravado na Taberna A Cabana de Padrón, está presentado por Noelia Rey e conta con Xurxo Fernandes e Samuel González de The Rapants como xurado. A madriña dos cinco grupos é Sheila Patricia.

18:40 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 597

18:45 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:55 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 35

Pepa, natural de Curtis, Marcos, de Oroso, e Mikel, da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 09.02.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 09.02.2025

22:00 h

A CORAL

Comedia, con Carlos Blanco como protagonista e cun elenco tamén encabezado por Marta Larralde, Eva Iglesias, Marcos Pereiro, María Pérez, Teresa Nóvoa, Elba Pedrosa e Manu Casal. Esta microserie narra con humor a adaptación dun prestixioso director musical á vida nunha parroquia rural e o seu traballo á fronte do coro da aldea. ‘A Coral’ segue a historia de Manuel, un prestixioso director musical que, tras un incidente nas redes sociais, perde o seu posto como profesor e director da coral dun recoñecido colexio. Sen outras opcións laborais, Manuel acepta, a contragusto, a proposta de Suso, un antigo amigo convertido en concelleiro, para dirixir o coro dunha pequena aldea.

22:35 h

MORRA O CONTO: MORRA O CONTO. VILA PEQUENA VS. CIDADE GRANDE

Neste programa, Vigo e A Pobra de Trives compiten por descubrir onde se vive mellor, nunha gran cidade ou nunha vila pequena. Dende o Hotel Oca Vila de Allariz, Alba Mancebo defende Trives, unha vila con menos de 2.000 habitantes onde prima a tranquilidade. Pola súa banda, David Vilares aposta por Vigo, a cidade máis grande de Galicia, que se caracteriza polo seu dinamismo.

00:05 h

SEGREDOS - DESMONTANDO GALICIA: A Ribeira Sacra

Os espectadores descubrirán a comunidade dun xeito único, desde os puntos de vista máis abraiantes e inéditos. Presentado por Diana Nogueira e Alicia Burton, este novo programa amosará, sen límites espaciais e temporais e grazas ás integracións 3D, os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego. Hoxe descobre a espectacular natureza, historia e arte da Ribeira Sacra. Os espectadores poderán navegar polos seus ríos, visitar os castelos e os viñedos desta zona candidata a converterse en Patrimonio da Humanidade.

01:10 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 09.02.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

02:00 h

LUAR: LUAR 1427

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Susana Seivane, Merche e Os Melidaos traen esta noite a 'Luar' a mellor das súas músicas. O escenario do programa acollerá tamén as actuacións da Orquestra Marbella e do grupo xuvenil O Fiadeiro.

05:45 h

NO CARRO DA MÚSICA: The Rapants

Un programa feito por e para a Xeración Z, con entrevistas a artistas emerxentes galegos.

05:55 h

TRAES UNHA CANTIGA?: Primeira semifinal

Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 09.02.2025

div-crtvg-top2

Publicidade