div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 03.02.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Hoxe inclúe unha entrevista co psicólogo clínico José Manuel Recouso.

10:45 h

ESTACHE BO!: Polo en salsa de crema de cacahuete con brócoli

Amais de elaborar a receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos e trucos de índole culinaria. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, falará das alerxias aos diversos froitos secos.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. O magazine festexa en Monforte de Lemos e Bembrive o día de San Brais.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 03.02.2025

Presenta Marta Darriba.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 03.02.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:35 h

O TEMPO

15:40 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

18:55 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 591

19:05 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:25 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 03.02.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:25 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 03.02.2025

21:35 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 140

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Esta nova edición do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ irrompe cun bote de 14.800 €. Xavi, da Coruña; Ana, de Vilalba; Isma, de Vigo; Fini, de Marín, e a nova incorporación, Gloria, da Coruña, van loitar para que deixe de medrar. Se non o consegue ningún deles, o finalista leva un petisco de 200 €.

22:15 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XV 196

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. 'Cos Pés na Terra' amosa hoxe os segredos da produción do doce de leite e do cultivo de arandos. O programa tamén estará cunha educadora ambiental que creou un conto co que espallar entre os máis pequenos o amor pola natureza.

23:15 h

COS PÉS NA TERRA

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. A TVG sorprenderá hoxe unha cultivadora de shitake e un home de mar. O programa tamén ten unha cita cun emprendedor que montou a súa propia empresa de substitución gandeira.

00:25 h

ROXANNE

Bales, o xefe de bombeiros dunha pequena vila, home intelixente e profesional eficaz, vive acomplexado polo máis que respectable tamaño do seu nariz. Pese a que el non considera o seu coma unha cousa de risa terá que se enfrontar ás bromas de todo o corpo de bombeiros mailas do seu secreto amor, a estudante de astronomía Roseanne. Para a súa desgraza, a rapaza non se sente en absoluto atraída por el e bebe os ventos polo bombeiro Chris, un rapazote alto de miras pero curto de conversa. Cando Bales acepta adestrar a Chris para que conquiste a rapaza, establécese un divertido triángulo que remata converténdose no máis disparatado despropósito.

02:05 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 03.02.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

02:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

03:20 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. ‘Zigzag’ conversa co músico Xavier Blanco sobre o seu museo etnográfico no Courel e avanza os novos traballos de De Ninghures, Montedapena e Peitoescuro.

03:55 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 03.02.2025

div-crtvg-top2

Publicidade