TVG - CRTVG
NO FOCO: NO FOCO 01.02.2025
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1953
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 571
Programa relixioso.
SANTA MISA: SANTA MISA VI 414
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 02.02.2025
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1175
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. A escritora viguesa Llerena Perozo conversa no ‘Zigzag’ sobre o seu libro ‘Os anos tranquilos’.
ELAS: ELAS 2
Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. 'Elas' coñece hoxe as xogadoras do Club Rugby Coreti de Lalín e o obradoiro en Baiona de ‘menopausa saudable’, dirixido a reforzar a autoestima das súas participantes.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 02.02.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 02.02.2025
Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 02.02.2025
BAMBOLEO: BAMBOLEO 210
Espazo de entretemento. Hoxe, Kiko e Shara, con Xosé Lois Romero e Aliboria coma artistas galegos. Ademais das súas seccións habituais, o musical da TVG contará tamén coa actuación da orquestra Charleston Big Band.
TRAES UNHA CANTIGA?: Bergantiños
Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada. Tres grupos musicais da comarca de Bergantiños competirán este domingo nunha nova entrega de ‘Traes unha cantiga?’
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 590
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 33
Josefa, natural de Curtis, José Alberto, de Lugo, e Sara, de Xuño, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 02.02.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 02.02.2025
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 139
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ acumula no seu bote 14.600 €, que están desexando ser gañados por un dos cinco concursantes de hoxe: Xavi, da Coruña; Ana, de Vilalba; Isma, de Vigo; Marci, de Vilagarcía de Arousa, e a nova incorporación, Fini, de Marín. No 'minuto final' vaise decidir se un deles logra facerse co premio ou se se ten que conformar co petisco de 200 €.
MORRA O CONTO: Torre de Hércules vs Muralla de Lugo
Innovador formato de entretemento que celebra as nosas diferencias. Alba Mancebo e David Vilares guían esta proposta, que mestura tradición, emoción e moita diversión e que cada semana abrirá un debate entre dous lugares de Galicia con visións opostas. ‘Morra o conto’ enfronta hoxe a Torre de Hércules e a Muralla de Lugo polo título de mellor monumento romano de Galicia. Alba Mancebo e David Vilares descubrirán as curiosidades destes dous monumentos e falarán con veciños e expertos sobre a súa historia e influencia.