TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 29.01.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luis Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 29.01.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
O AGRO: O AGRO 29.01.2025
ESTACHE BO!: POTAXE DE GARAVANZOS CON POTAS E "SHIITAKE"
“Potaxe de garavanzos con potas e shiitake” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, vainos dar os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, fálanos de pratos con peixe que se poden comer ao día seguinte.
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. ‘O termómetro’ vai seguir moi de preto a actualidade e o impacto do mal tempo en Galicia así como as consecuencias sofridas por moitas familias que quedaron sen electricidade estes días. Entre outros temas, o espazo falará con Maricarmen Matalobos, reflexóloga que explicará en que consiste esta técnica e informará sobre o sector gandeiro equino galego, formado por máis de 4.000 ganderías de cabalos. Irán ata Mondoñedo para coñecer a Moisés García, propietario dunha granxa mixta de 350 cabalos. O programa visitará tamén o local social da asociación de San Xián de Sales de Vedra que sufriu o roubo das portas e as ventás o pasado domingo, á hora da misa e a plena luz do día. Ademais, abordará un estudio recentemente presentado sobre o silencio que, especialmente para moitos cidadáns españois, pode ser moi incómodo. Pendente das redes sociais, ‘O termómetro’ explicará a última moda viral en TikTok: desafiar as inclemencias meteorolóxicas e colgalo nas redes. Nesta temporada, o magazine conta co sorteo ‘A cunca do Termómetro!’ Para poder acceder, o espectador terá que enviar unha fotografía de si mesmo vendo o programa. O gañador terá a súa propia cunca do Termómetro!
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 29.01.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 29.01.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 586
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 29.01.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 29.01.2025
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 137
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote non se detén e medra ata os 13.800 €. Neste novo programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’, Xavi, da Coruña; Alicia, de Santiago de Compostela; Ana, de Vilalba; Belén, de Vigo, e a nova incorporación, Santi, de Ourense, son os que loitan por levar os cartos. O concursante que xogue o 'Minuto final' ten asegurado o petisco de 200 €.
TRIÁNGULOS MÁXICOS: TRIÁNGULOS MÁXICOS 3
Competición entre tríos de cantantes profesionais e amateurs, presentado por Trisha Fernández. O obxectivo final do concurso é conseguir a gravación dun disco e gañar 6.000 €, que serán doados a unha ONG. O xurado está composto pola gaiteira Susana Seivane, o cantante Xisco Feijóo e o actor Will Shephard. Na cuarta gala de ‘Triángulos Máxicos’, o programa da TVG fará unha viaxe de lecer a distintos destinos musicais. Os tríos que compiten no programa de hoxe son os formados polos cantantes profesionais Sheila Patricia e Fernando Hernández, da orquestra París de Noia, e Tamara Chamadoira, que se enfrontarán ao composto por Paula Puga e os profesionais Eladio Santos e Tania Veiras.
A BESTA DA GUERRA
Tras completar unha misión durante a guerra entre a Unión Soviética e Afganistán, un tanque soviético afástase do resto do comando e pérdese na metade do deserto, estando cada vez máis lonxe da base e a mercede das tropas rebeldes afgás.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 29.01.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
ESTACHE BO!: POTAXE DE GARAVANZOS CON POTAS E "SHIITAKE"
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.