div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

09:25 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1952

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

09:40 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 570

A praza de Santa María é unha das máis emblemáticas da cidade de Lugo e, dende as escaleiras do Pazo Episcopal, apréciase o importante legado patrimonial e cultural que rodea este espazo en que conflúen elementos Patrimonio da Humanidade, como a Catedral e o Camiño Primitivo. Con esta actividade preténdese dar a coñecer esta riqueza para así, tamén, valorala.

10:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VI 413

10:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 26.01.2025

Presenta Chus Tanoira.

11:00 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. 'Zigzag' convida hoxe a actriz Lucía Veiga, candidata ao Premios Goya a mellor actriz revelación.

11:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1174

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

12:00 h

ELAS

Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. Na súa estrea, os espectadores coñecerán o equipo de piragüistas grovenses Centolas Dragon Team e a asociación de artesás e artistas Creativas Galegas.

12:35 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 26.01.2025

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.01.2025

Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 26.01.2025

15:30 h

BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXV 448

Espazo de entretemento presentado por Lucía Regueiro. 'Bamboleo' recibe esta semana o dúo Azúcar Moreno e a orquestra El Combo Dominicano, unha das formacións de máis éxito da verbena galega. Ademais, o grupo ponteareán O caimán do río Tea presentará no programa o seu novo traballo.

17:40 h

TRAES UNHA CANTIGA?: Ferrol

Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada. O programa ‘Traes unha cantiga?’ trasládase hoxe a Ferrol, cos grupos Vandevaranda, Chiribicos e Acordeonistas de Ferrolterra en competición.

18:40 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 583

18:50 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:00 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 31

Espazo que porá a proba os coñecementos de tres concursantes sobre Galicia e a nosa cultura. Duarte Galbán presenta este novo ‘quiz show’, apoiado por Mari Carmen, unha intelixencia artificial que selecciona preguntas e comarcas ao azar.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 26.01.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

21:50 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 26.01.2025

22:05 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 135

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote non se detén e medra ata os 13.800 €. Neste novo programa do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’, Xavi, da Coruña; Alicia, de Santiago de Compostela; Ana, de Vilalba; Belén, de Vigo, e a nova incorporación, Santi, de Ourense, son os que loitan por levar os cartos. O concursante que xogue o 'Minuto final' ten asegurado o petisco de 200 €.

22:45 h

OS AUTÉNTICOS: OS AUTÉNTICOS 2: RUBÉN, ELISA E ÁNGEL

Novo programa para celebrar a autenticidade da nosa xente e o seu amor polas nosas raíces e tradicións. A serie documental ‘Os Auténticos’ porá en valor este domingo as historias vitais dun mecánico, unha percebeira e un radioafeccionado.

23:50 h

MORRA O CONTO: Vaca cachena vs vaca frisoa

Innovador formato de entretemento que celebra as nosas diferencias. Alba Mancebo e David Vilares guían esta proposta, que mestura tradición, emoción e moita diversión e que cada semana abrirá un debate entre dous lugares de Galicia con visións opostas. A vaca frisoa, raíña do sector leiteiro na Terra Cha, e a vaca cachena, icona dos pastos do Xurés, bátense hoxe en duelo en 'Morra o conto'. Os espectadores verán a importancia que teñen estas razas vacúas nos territorios onde se asentan.

01:15 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 26.01.2025

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

02:05 h

LUAR: LUAR 1425

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. A cantante Rosa López e as cantareiras de Malvela, convidadas nunha edición de 'Luar' que será unha homenaxe a Xosé Manuel Piñeiro. Ao longo de toda a noite, presentadores, colaboradores, artistas e audiencia lembrarán a unha das figuras máis destacadas da historia da Televisión de Galicia, falecido esta semana.

05:55 h

TRAES UNHA CANTIGA?: Ferrol

Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada. O programa ‘Traes unha cantiga?’ trasládase hoxe a Ferrol, cos grupos Vandevaranda, Chiribicos e Acordeonistas de Ferrolterra en competición.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 26.01.2025

div-crtvg-top2

Publicidade