TVG - CRTVG
ESTACHE BO!: Estufado da pa ao viño tinto, estilo 'Bourguignon'
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
O TERMÓMETRO: O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 18.01.2025
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1719
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
TAL COMO FACEMOS: TAL COMO FACEMOS 41
Programa documental que amosa como cambiou Galicia nas últimas décadas, como é hoxe en día e como constrúe o seu futuro. 'Tal como facemos' adéntrase esta semana na historia da conserva de alimentos en Galicia.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
NO FOCO: NO FOCO 18.01.2025
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 18.01.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 18.01.2025
Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 18.01.2025
MALO SERÁ!: Ribadeo (Patria querida)
Presentado por Marta Doviro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas. Os actores Pedro Brandariz e Estíbaliz Veiga, convidados especiais do 'Malo será!', desde o Auditorio de Ribadeo. Os espectadores serán testemuña dun interrogatorio e mesmo dunha proba de recoñecemento un tanto artística, entre outros sketchs de humor.
MALO SERÁ!: Melide (Melindre Pop)
Presentado por Marta Doviro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas. O humor de 'Malo será!' chega hoxe desde a Casa da Cultura de Melide, con Manuel Manquiña como convidado. Os espectadores asistirán a unha gala de Eurovisión, serán testemuñas dunha caza de extraterrestres e acompañarán a terapia a unha muller namorada de si mesma.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 575
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula Señarís e Adrián Díaz, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 28
Javier, natural de Sarria, Miguel Ángel, de Vigo, e José María, da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 18.01.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 18.01.2025
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA III 130
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Paco Lodeiro recibe hoxe no 'Atrápame se podes, chanzo arriba' a Marta, de Moeche; Nacho, de Catoira; Jorge, de Foz; Belén, de Vigo, e a nova incorporación, Lara, de Outeiro de Rei. Todos eles van intentar levar o bote, que suma xa 12.800 €. De non lle atopar dono, o finalista ten garantido o petisco de 200 €.
GRANDES CACHADAS: O momento da verdade
Todas as claves da ruptura entre Touriñán e Roberto Vilar, unha das parellas televisivas máis famosas, esta noite no especial 'Grandes Cachadas. O momento da verdade'. Con moito humor, o espazo presentado por Esther Estévez afondará neste gran misterio, para o que hai moitas teorías e dixomedíxomes.
LAND ROBER. PRETTY ROBER: LAND ROBER. PRETTY ROBER 2
Os espectadores da TVG poderán gozar esta noite coas aventuras dos personaxes de máis éxito do programa 'Land Rober Tunai Show'.
BELÍSIMA
Nos estudios de Cinecittá, o director Alessandro Blasetti está a facer un casting para seleccionar a nena que actuará na súa nova película. Entre as nais que levaron as súas fillas está Maddalena Cecconi, unha muller de barrio que soña con ver a súa filla no Olimpo das grandes estrelas. Contra a vontade do seu home, Maddalena non repara en medios para conseguir o seu obxectivo: inscribe a María nun curso de baile e actuación, págalle fotógrafo e peiteadora, encárgalle vestidos a medida... Na súa obsesión, confía incautamente en Alberto Annovazzi, un especulador sen escrúpulos que di ter os contactos necesarios para que María realice a proba.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 18.01.2025
Presenta Alberto Mancebo.
MALO SERÁ!: Melide (Melindre Pop)
Presentado por Marta Doviro, espectáculo que leva todo o que rodea a televisión aos teatros das cidades e vilas de toda Galicia. Trátase dunha sucesión de sketchs cómicos, acompañados por unha banda de música en directo, e coas grandes estrelas da comedia do noso país como protagonistas. O humor de 'Malo será!' chega hoxe desde a Casa da Cultura de Melide, con Manuel Manquiña como convidado. Os espectadores asistirán a unha gala de Eurovisión, serán testemuñas dunha caza de extraterrestres e acompañarán a terapia a unha muller namorada de si mesma.