TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 08.01.2025
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luis Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 08.01.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
O AGRO: O AGRO 08.01.2025
ESTACHE BO!: Pasta 'Alla Zozzona'
Ademais de elaborar a receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos e trucos de índole culinaria. A nutricionista Lidia Folgar falará hoxe do método “batch cooking”.
O TERMOMETRO
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 08.01.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 08.01.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 565
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 08.01.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 08.01.2025
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA II 124
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Un total de 11.600 € de bote agardan a ser reclamados no ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. Santi, de Cambados; Mario, de Muros; Amancio, da Coruña; Paco, de Oleiros, e a nova incorporación, Marta, de Moeche, son os escollidos neste novo programa para loitar polo gran premio ou, de non conseguilo, polo petisco de 200 €.
TRIÁNGULOS MÁXICOS
Competición entre tríos de cantantes profesionais e amateurs, presentado por Trisha Fernández. O obxectivo final do concurso é conseguir a gravación dun disco e gañar 6.000 €, que serán doados a unha ONG. O xurado está composto pola gaiteira Susana Seivane, o cantante Xisco Feijóo e o actor Will Shephard. Hoxe competirán dous tríos, o formado polos cantantes profesionais Silvia Superstar, Alfredo, do grupo A Roda, e o amateur Dani Méndez. O outro trío confórmano Martín Reimúndez e os profesionais Carolina Rubirosa e Carlitos Lage, da orquestra Marbella. Estes dous extraordinarios equipos terán que enfrontarse para ver quen pasa á seguinte rolda de ‘Triángulos Máxicos’.
O mellor
Un xogador de béisbol que vai para figura, deixa o deporte cando está ao borde da morte por mor dun disparo efectuado por unha misteriosa parella. 15 anos despois, volta novamente aos estadios de Nova York nun equipo de segunda fila, onde, porén, confirma as súas condicións de campión e coñece unha fermosa loira, que lle vai causar serios e graves problemas.