div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 07.01.2025

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luis Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 07.01.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.

10:40 h

O AGRO: O AGRO 07.01.2025

10:45 h

ESTACHE BO!: Albóndegas de bacallau con salsa de tomate asado e espinacas

Amais de elaborar a receita, o chef Iván Mariñas ofrecerá novos consellos e trucos de índole culinaria. A nutricionista Lidia Folgar falará hoxe das espinacas e as súas propiedades.

11:30 h

O TERMOMETRO

Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Os novos propósitos do ano será un dos temas que abranguerá hoxe o magazine. Un dos máis habituais é facer deporte. Cal é o truco para conseguir ser constantes neste reto? As previsións meteorolóxicas dos vindeiros días e os diferentes aparellos dispoñibles para quentar a casa terán tamén o seu oco neste primeiro espazo do ano, que tamén abordará, entre outras cuestións, as adopcións de mascotas e os seus riscos ou a prohibición de fumar na rúa que se implanta en Milán neste 2025.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 07.01.2025

Presenta Marta Darriba.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 07.01.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:30 h

O TEMPO

15:35 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

19:00 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 564

19:05 h

HORA GALEGA

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:25 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 07.01.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:25 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 07.01.2025

21:40 h

ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA II 123

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ acumula 10.000 € no bote. Nesta ocasión, Santi, de Cambados; Loreto, de Cabanas; Dani, de Rábade; Silvia, de Vigo, e a nova incorporación, Tamara, de Santiago de Compostela, van competir por levalo. Se o concursante que chegue ao 'minuto final' non dá acertado as cinco preguntas terá que conformarse co petisco de 200 €.

22:20 h

HIT LIST GALICIA: HIT LIST GALICIA 12

Ritmo, conexión e moita enerxía son as claves desta semana, cunha competición musical que reúne a Luis e Cristina, amigos de Vigo e Portas, Saray e Cris, estudantes da Coruña, e Anxo e Alba, matrimonio chegado desde Pontevedra. Ritmo, conexión e moita enerxía son as claves de hoxe, cunha competición musical que reunirá a Luís e Cristina, amigos de Vigo e Portas; Saray e Cris, estudantes da Coruña, e Anxo e Alba, matrimonio chegado desde Pontevedra.

23:10 h

QUE CASAS!: QUE CASAS! XII 110

Programa que entra nas casas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia da man dos seus propietarios. O espazo amosará hoxe catro propostas de fogares, que van desde a tradición arquitectónica á vangarda, en Sober, Vilagarcía, Perillo e Ourense.

00:00 h

A caixa de música

Un inmigrante húngaro, asentado nos Estados Unidos desde o final da II Guerra Mundial, é acusado de ser un criminal de guerra nazi. A súa filla Ann, unha avogada de prestixio, convencida da súa inocencia, decide ocuparse persoalmente da súa defensa.

02:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 07.01.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

02:45 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

03:10 h

ESTACHE BO!: Albóndegas de bacallau con salsa de tomate asado e espinacas

Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.

03:45 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 07.01.2025

div-crtvg-top2

Publicidade