div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

A GRAN CABALGATA 2025

A CRTVG retransmite as cabalgatas dos Reis Magos nas catro provincias. Un programa especial, presentado por Lucía Rodríguez, percorrerá as rúas das principais localidades galegas seguindo as maxestades de Oriente.

10:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 06.01.2025

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.

11:15 h

ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL: ATRAPAME SE PODES, EDICION NADAL IV 22

O 'Atrápame se podes' continúa cos programas especiais do Nadal. Cinco parellas de concursantes famosos xogan para conseguir un bote solidario, situado nos 2.000 €, que iría destinado hoxe á Asociación Dano Cerebral Galicia. Intentarán chegar ao 'Minuto final' o 'influencer' Xurxo Carreño e a presentadora Rocío Durán, o doutor Juanatey e o mago Dani Polo, o humorista Marcos Pereiro e a presentadora Rocío Delgado, os cociñeiros Pepe Solla e José Luis Iglesias, e a cantante Pili Pampín xunto coa humorista Carla Núñez.

11:55 h

SORTEO DA LOTARÍA DE NADAL: LOTARÍA DO NENO 2025

Os medios públicos galegos ofrecen hoxe o Sorteo Extraordinario da Lotaría do Neno, unha emisión única e simultánea que se poderá seguir en directo desde o estudio multimedia da Radio Galega, coa xornalista Cristina García como mestra de cerimonias.

12:30 h

SOÑO CONTIGO: SOÑO CONTIGO 2

Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos. A Televisión de Galicia ofrece unha edición especial do programa ‘Soño Contigo’, 'De cabo a cabo' onde amosa dun xeito innovador a xeografía galega, en concreto a dos cabos da costa atlántica. Veranse desde unha óptica diferente, xa que é a cámara dun dron a que dá unha perspectiva única destas formacións terrestres que se adentran no mar. Copresenta con Alba Mancebo, nunha relación orixinal na que este aparello aéreo ten voz e personalidade propia.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 06.01.2025

Presenta Marta Darriba.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 06.01.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:30 h

O TEMPO

15:35 h

A GRAN VELADA

Formato presentado por Arturo Fernández, en que se achegan ceas moi especiais. Rostros coñecidos da canle pública séntanse á mesa con seguidores que buscan moito máis que un autógrafo. Eva Iglesias, Sevi Martínez, Lucía Veiga, Iván Mariñas e Roberto Vilar protagonizan estas citas surrealistas, cómicas e emocionantes.

18:25 h

ESTRELAS MÁXICAS

Especial de ilusionismo.

19:50 h

O PRIMEIRO DÍA DO RESTO DAS NOSAS VIDAS

Neste especial, os espectadores saberán que foi das personaxes máis senlleiras das series da TVG. Esta viaxe de investigación comezará en Londres e fará parada nas vilas ficticias de ‘Pratos Combinados’, ‘Mareas Vivas’, ‘Padre Casares’, ‘Era Visto!’ e ‘Libro de Familia’.

20:25 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 06.01.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:25 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 06.01.2025

21:35 h

ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL: ATRAPAME SE PODES, EDICION NADAL IV 30

O 'Atrápame se podes' chega ao seu décimo especial do Nadal cun bote solidario situado nos 3.500 €. Vai loitar por el no "minuto final" a tripulación famosa composta polo produtor musical Iago Pico e a cantante Fátima Pego, a actriz María Mera e a presentadora María Lamela, as televisivas Eva Iglesias e Esther Estévez, o capitán de barco Sauro Martínez e a responsable de márketing de Xanceda Sara Torreiro e, para rematar, os gañadores do bote do 'Atrápame', Sonia Gándara e Iván Pantín. O recadado váiselle doar, de parte do programa, á Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia (ASANOG).

22:25 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XV 193

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O espazo coñece hoxe persoas que apostan polo oficio de campaneiro, apoian a raza de vaca frieiresa e mesmo unha iniciativa de proxecto circular.

23:25 h

COS PÉS NA TERRA

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. O programa estará hoxe cun luthier que quere recuperar o pito pastoril, un instrumento tradicional. O espazo da TVG tamén ten unha cita cunha pementeira e co responsable dun centro equino especializado nas máis avanzadas terapias ecuestres.

00:30 h

ESTRELAS MÁXICAS

Especial de ilusionismo.

01:40 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 06.01.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

02:25 h

TAL COMO FACEMOS: TAL COMO FACEMOS 39

Programa documental que amosa como cambiou Galicia nas últimas décadas, como é hoxe en día e como constrúe o seu futuro.

03:05 h

SOÑO CONTIGO: SOÑO CONTIGO 2

Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos. A Televisión de Galicia ofrece unha edición especial do programa ‘Soño Contigo’, 'De cabo a cabo' onde amosa dun xeito innovador a xeografía galega, en concreto a dos cabos da costa atlántica. Veranse desde unha óptica diferente, xa que é a cámara dun dron a que dá unha perspectiva única destas formacións terrestres que se adentran no mar. Copresenta con Alba Mancebo, nunha relación orixinal na que este aparello aéreo ten voz e personalidade propia.

04:15 h

A GRAN VELADA

Formato presentado por Arturo Fernández, en que se achegan ceas moi especiais. Rostros coñecidos da canle pública séntanse á mesa con seguidores que buscan moito máis que un autógrafo. Eva Iglesias, Sevi Martínez, Lucía Veiga, Iván Mariñas e Roberto Vilar protagonizan estas citas surrealistas, cómicas e emocionantes.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 06.01.2025

div-crtvg-top2

Publicidade