TVG - CRTVG
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 04.01.2025
Presenta Chus Tanoira.
LABRANZA: LABRANZA 1629
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 12
Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. Ledicia Costas, unha das escritoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega, reflexiona hoxe en ‘Confidencias’ sobre a idolatría.
TAL COMO FACEMOS: TAL COMO FACEMOS 39
Programa documental que amosa como cambiou Galicia nas últimas décadas, como é hoxe en día e como constrúe o seu futuro.
A MELLOR TROULA DO ANO
'A Mellor Troula do Ano' fai un percorrido por toda Galicia para descubrir cal é a celebración que conquistou o corazón dos galegos en 2024. Entre as competidoras están as Festas do Carme, as Romarías dos Milagres, o San Xoán da Coruña, o Entroido, a Festa da Istoria de Ribadavia e a do Albariño de Cambados.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 04.01.2025
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.01.2025
Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 04.01.2025
MALO SERÁ!: A Coruña
Sete actrices e actores da TVG, acompañados de convidados e moitas sorpresas, saen de xira polos teatros de Galicia para facer un espectáculo de sketchs cómicos sobre temas universais que será gravado e emitido ao longo do verán. Con Lucía Regueiro como presentadora, “Malo Será!” contará ademais con nomes por todos coñecidos: Federico Pérez, Marcos Pereiro, Isabel Blanco, Lucía Veiga, Oswaldo Digón, Sabela Hermida, e coa participación como convidados, en diferentes programas, de Touriñán, Manuel Manquiña, Eva Iglesias ou Víctor Fábregas, entre outros moitos. O espazo "Malo Será!" desembarca hoxe na Coruña con David Perdomo e a artista local Marita Martínez como convidados. Desta volta, serán protagonistas desde un inspector camuflado da prestixiosa Guía Michelín ata a familia dunha particular residente nun centro da terceira idade.
HORA GALEGA
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 25
Germán, natural de Ramirás, María, da Coruña, e Xosé Luis, tamén da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 01.03.2025
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 04.01.2025
ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL: ATRAPAME SE PODES, EDICION NADAL IV 28
Xogan para chegar ao quinto chanzo e superar o 'minuto final” o produtor musical Iago Pico e a cantante Fátima Pego, a actriz María Mera e a presentadora María Lamela, as televisivas Eva Iglesias e Esther Estévez, o capitán de barco Sauro Martínez e a responsable de márketing de Xanceda Sara Torreiro e os gañadores do bote do 'Atrápame' Sonia Gándara e Iván Pantín. A parella que supere todas as fases vai levar o bote solidario que está nos 2.500 €. O premio deste programa vai ser doado a Down Galicia.
40 ANOS 40 PROGRAMAS
Televisión de Galicia conmemora os seus corenta anos de vida coa emisión de ‘40 anos, 40 programas’, un espazo co que a canle pública lembra os seus programas e series máis destacados. Hoxe recupera dous divertidos capítulos de Nadal de ‘Pratos Combinados’, unha das series máis queridas polos galegos.
PRATOS COMBINADOS: Todos cantan panxoliñas
O padre Nicanor empéñase en seguir coa tradición do festival de panxoliñas que se viña celebrando na Caixa de Aforros, e no que se ven implicados todos os veciños do barrio.
PRATOS COMBINADOS: Nadal con moita maxia
O Bar Suízo será de novo o escenario en que se prepará unha gran festa de Nadal, que consistirá nun espectáculo de maxia, para o que Balbina xa ten contratada a actuación principal do mago. O lío prodúcese cando Miro e o seu cuñado Antón están ilusionados coa idea de ir de caza a Zamora, unha viaxe que Balbina non está disposta a consentir. Para solucionar este obstáculo, Miro, Antón e Paula deciden preparar un truco de maxia que faga desaparecer a Miro no transcurso da festa de Nadal.
LADRÓN DE BICICLETAS
Na Roma da posguerra, Antonio, un obreiro en paro, consegtue un sinxelo traballo pegando carteis a condición de que posúa unha bicicleta. Dese modo, a duras penas consegue mercar unha, pero no seu primeiro día de traballo róubanlla. É así como comeza toda a aventura de Antonio xunto ao seu fillo Bruno por recuperar a súa bicicleta, mentres a súa esposa María agarda na casa xunto co seu outro fillo.