TVG - CRTVG
HORA GALEGA: Especial fin de ano
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas. Programa especial este mediodía desde Vilagarcía de Arousa, localidade que adianta 12 horas as badaladas e a celebración do fin de ano.
LAND ROBER TUNAI SHOW
Programa presentado por Roberto Vilar, cunha proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. Entrega diferente e chea de humor no 'Land Rober Tunai Show', que se une por un día á filosofía do Grinch. Fartos do Nadal, Roberto Vilar e compañía terán moito que dicir e criticar sobre estas festas.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 01.01.2025
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
O AGRO: O AGRO 01.01.2025
ESPECIAL: Treixadura con Amor
FESTIVAL INTERCÉLTICO DE LORIENT 2024 - 'LE GRAND SPECTACLE'
Televisión de Galicia comezará o ano ofrecendo un dos eventos culturais máis destacados da música celta, ’O Gran Espectáculo’, o evento central do último Festival Intercéltico de Lorient. Este espectáculo reúne artistas de diferentes países de tradición celta nunha celebración única de música e cultura.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 01.01.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 01.01.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
BADALADAS FIN DE ANO: BADALADAS FIN DE ANO 2024
Desde a Praza do Obradoiro, Gayoso e as presentadoras Rocío Durán e Rocío Delgado retransmitirán as badaladas de fin de ano.
LUAR GALA FIN DE ANO: LUAR GALA FIN DE ANO 2024
David Bustamante, Ana Guerra, Sonia e Selena e Nebulossa, entre os convidados dunha 'Gala de fin de ano' coa que a TVG comeza a celebrar o seu 40 aniversario. Nesta gran festa, conducida por Xosé Ramón Gayoso e María Lamela, as mellores orquestras de Galicia lembrarán os grandes temas musicais destas catro décadas, e tamén será protagonista a tradición galega, con Tanxugueiras e Xurxo Fernandes.
A MELLOR TROULA DO ANO
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 01.01.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 01.01.2025
ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL: ATRAPAME SE PODES, EDICION NADAL IV 27
O 'Atrápame se podes' continúa cos programas especiais do Nadal. Cinco parellas de concursantes famosos xogan para conseguir un bote solidario situado en 2.000 €, que no día de hoxe vai destinado a AGAELA (Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica). Intentarán chegar ao 'minuto final' o produtor musical Iago Pico e a cantante Fátima Pego, a actriz María Mera e a presentadora María Lamela, as televisivas Eva Iglesias e Esther Estévez, o capitán de barco Sauro Martínez e a responsable de márketing de Xanceda Sara Torreiro e, por último, os gañadores do bote do 'Atrápame' Sonia Gándara e Iván Pantín. O 'Atrápame se podes' continúa cos programas especiais do Nadal. Cinco parellas de concursantes famosos xogan para conseguir un bote solidario situado en 2.000 €, que no día de hoxe vai destinado a AGAELA (Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica). Intentarán chegar ao 'minuto final' o produtor musical Iago Pico e a cantante Fátima Pego, a actriz María Mera e a presentadora María Lamela, as televisivas Eva Iglesias e Esther Estévez, o capitán de barco Sauro Martínez e a responsable de márketing de Xanceda Sara Torreiro e, por último, os gañadores do bote do 'Atrápame' Sonia Gándara e Iván Pantín.
O PRIMEIRO DÍA DO RESTO DAS NOSAS VIDAS
Neste especial, os espectadores saberán que foi das personaxes máis senlleiras das series da TVG. Esta viaxe de investigación comezará en Londres e fará parada nas vilas ficticias de ‘Pratos Combinados’, ‘Mareas Vivas’, ‘Padre Casares’, ‘Era Visto!’ e ‘Libro de Familia’.
ESPECIAL: A noite de Miro Pereira
Especial sobre Miro Pereira, personaxe protagonista da serie de éxito da TVG 'Pratos Combinados'.
ATRAPADO NO TEMPO
Phil, o home do tempo dunha canle de televisión, vai un ano máis a Punxstawnwey a cubrir a información do festival do Día da Marmota. Na súa viaxe de regreso, Phil e o seu equipo vense sorprendidos por unha tormenta que os obriga a regresar á pequena cidade. Á mañá seguinte, ao espertar, comproba atónito que comeza outra vez o Día da Marmota.
PANORAMA. O MEU ÚLTIMO CONCERTO NO OBRADOIRO
Os espectadores da TVG asistirán esta noite en primeira fila ao último concerto da orquestra Panorama no praza do Obradoiro. Este espectáculo enmárcase no ‘IA Tour’, a súa xira deste ano, centrada na intelixencia artificial, que sobe 22 artistas ao escenario e ofrece máis de tres horas de show cos mellores temas da historia.