TVG - CRTVG
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1948
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 566
A diocese de Tui-Vigo organizou un encontro no que un cento de persoas foron invitadas a profundar na beleza da vocación e atopar a ledicia da fe que brota do sentirse amado e chamado por Deus. Tratábase de un acto preparatorio do Congreso Nacional de Vocacións que terá lugar en Madrid o vindeiro ano.
SANTA MISA: SANTA MISA V 409
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 29.12.2024
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1146
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O escritor e xornalista Alberto Ramos, Premio de Narrativa Breve de Repsol coa novela ‘Pirotecnia’, visita hoxe o estudio de gravación.
DIN QUE NON FALAN: Fillas de Casandra
Programa de entrevistas que ten como protagonistas mulleres relevantes na nosa comunidade. Presentado por Estíbaliz Veiga. A fusión musical e o feminismo de Fillas de Cassandra, protagonista este domingo no programa.
A CABINA. OS SANTOS INOCENTES
SOÑO CONTIGO: SOÑO CONTIGO 11
Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 29.12.2024
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 29.12.2024
Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 29.12.2024
A GRAN GALA DO SUPERMARTES
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? II 19
O sexto episodio da segunda tempada viaxa ata a Terra Chá, unha comarca na que agroma a tradición dos cantos de taberna. O grupo Mestura de Nete participa no concurso coa cantiga ‘O galo’, Xermolos interpreta ‘O quer que lle quer’ e Noxo me dás cantan ‘Xa me dixo teu pai’. O programa, gravado na taberna A Nova Ruta de Vilalba, está presentado por Noelia Rey e conta con Xurxo Fernandes e Lupe Gómez como xurados. O padriño dos tres grupos será Davide Salvado.
HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 554
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 24
Germán, natural de Ramirás, Claudio, de Verín, e Ramiro, da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 29.12.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 29.12.2024
ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL: ATRAPAME SE PODES, EDICION NADAL IV 25
MORRA O CONTO: Polbo do interior vs polbo da costa
Innovador formato de entretemento que celebra as nosas diferencias. Alba Mancebo e David Vilares guían esta proposta, que mestura tradición, emoción e moita diversión e que cada semana abrirá un debate entre dous lugares de Galicia con visións opostas. O polbo do Carballiño e o de Mugardos enfróntanse no 'Morra o conto' desta semana. Alba Mancebo e David Vilares darán a coñecer a historia destes dous manxares canda algunhas das familias polbeiras que os fan brillar polo mundo adiante.
O MELLOR POLBO DO MUNDO
A TVG aventúrase hoxe a comprobar se o polbo galego é o mellor do mundo. Nunha época en que o mar que bordea as costas de Galicia está cargado do prezado cefalópodo, as cámaras da canle pública irán ata Bueu, Carnota e Pontevedra, e, por suposto, cara o interior, a Lugo e Ourense, onde a tradición é comelo.
O MELLOR POLBO DO MUNDO
A TVG aventúrase hoxe a comprobar se o polbo galego é o mellor do mundo. Nunha época en que o mar que bordea as costas de Galicia está cargado do prezado cefalópodo, as cámaras da canle pública irán ata Bueu, Carnota e Pontevedra, e, por suposto, cara o interior, a Lugo e Ourense, onde a tradición é comelo.
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? II 19
Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 29.12.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
LUAR: LUAR 1421
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. 'Luar' despide o ano cun programa repleto de sorpresas e coa música de Chenoa, Coyote Dax e Tania Veiras. O espírito de Nadal estará tamén presente nas variadas colaboracións artísticas, nas panxoliñas máis nosas e nunha edición especial do ‘Vai de baile’, entre outras propostas.