div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

08:30 h

SORTEO DA LOTARÍA DE NADAL: LOTARÍA DE NADAL 2024

A TVG ofrece hoxe en directo o sorteo da Lotaría de Nadal, con máis de cinco horas de información e nove puntos de directo. Presentado por Sevi Martínez e Almudena R. de Urzáiz, este programa especial contará cun amplo dispositivo por toda Galicia para chegar a calquera punto onde caian os premios.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 22.12.2024

Presenta Alberto Mancebo.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 22.12.2024

Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

15:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 22.12.2024

15:35 h

BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXII 435

Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro. O grande artista venezolano Carlos Baute, convidado no 'Bamboleo' desta semana. Ademais, estarán facendo festa o grupo A Banda da Balbina e a orquestra Acordes.

17:30 h

TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? II 18

Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada. Os grupos ourensáns Cuncas do Son, Zoadeira e Os Tarabelos compiten hoxe en ‘Traes unha cantiga?’ con cantos tradicionais. O xurado formarano o experto Xurxo Fernándes e a regueifeira Lupe Blanco, acompañados polo padriño dos tres grupos desta edición: o músico Xisco Feijóo.

18:40 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 548

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

19:55 h

GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 22

Germán, natural de Ramirás, Milagros, de Salvaterra de Miño, e Concepción, de Entrimo, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.

20:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 22.12.2024

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

22:00 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 22.12.2024

22:10 h

ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL: ATRAPAME SE PODES, EDICION NADAL IV 22

O 'Atrápame se podes' continúa cos programas especiais do Nadal. Cinco parellas de concursantes famosos xogan para conseguir un bote solidario, situado nos 2.000 €, que iría destinado hoxe á Asociación Dano Cerebral Galicia. Intentarán chegar ao 'Minuto final' o 'influencer' Xurxo Carreño e a presentadora Rocío Durán, o doutor Juanatey e o mago Dani Polo, o humorista Marcos Pereiro e a presentadora Rocío Delgado, os cociñeiros Pepe Solla e José Luis Iglesias, e a cantante Pili Pampín xunto coa humorista Carla Núñez.

23:00 h

MORRA O CONTO: Bandas vs orquestras

Innovador formato de entretemento que celebra as nosas diferencias. Alba Mancebo e David Vilares guían esta proposta, que mestura tradición, emoción e moita diversión e que cada semana abrirá un debate entre dous lugares de Galicia con visións opostas. O duelo máis musical de ‘Morra o conto’ enfrontará este domingo a bandas e orquestras. Tradición, espectáculo e emoción prometen ser os grandes protagonistas dunha velada en que se medirán a Panorama e a Banda Artística de Merza.

23:45 h

EVENTOS G: O tren que me leva a ti

O programa comparte con seis persoas unha singular viaxe pola Ribeira Sacra, de Monforte a Ourense. Con Arturo Fernández como revisor do tren, irán baixando en cada parada para vivir unha emocionante experiencia que lles cambiará a vida.

00:30 h

EVENTOS G: O tren que me leva a ti

O programa comparte con seis persoas unha singular viaxe pola Ribeira Sacra, de Monforte a Ourense. Con Arturo Fernández como revisor do tren, irán baixando en cada parada para vivir unha emocionante experiencia que lles cambiará a vida.

01:50 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 22.12.2024

Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.

02:40 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 22.12.2024

Presenta Alberto Mancebo.

04:20 h

LUAR: LUAR 1420

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. María do Ceo, Albano, o Coro Cores e Dani Ríos cantan esta noite en 'Luar' as súas panxoliñas favoritas. O gañador da Canción de Nadal da Galega deste ano, Christian Pensado, presentará no programa o seu tema e, de igual xeito, a presentadora Esther Estévez atreverase cunha panxoliña actual.

06:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 22.12.2024

div-crtvg-top2

Publicidade