TVG - CRTVG
ESTACHE BO!: Bacallau espiritual
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 64
A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores. A supervivencia das velutinas malia o frío, o protocolo da vestimenta nos eventos de Nadal ou os animais en hibernación en Galicia, entre os temas do magazine hoxe.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1946
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 564
Programa relixioso.
SANTA MISA ESPECIAIS: SANTA MISA ESPECIAIS VIII 35
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 15.12.2024
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1172
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O cultural da Galega conversa hoxe no estudio co director Valentín Carrera sobre a serie documental ‘Rosendo Salvado: aventura e misión dun galego en Australia”. Realizada para a Televisión de Galicia, esta produción arredor da vida e obra do misioneiro beneditino tudense frei Rosendo Salvado consta de catro episodios, en que se relatan as variadas inquietudes deste humanista, como viaxeiro, músico, escritor, emprendedor, teólogo, antropólogo, científico e precursor da homeopatía. A serie, rodada durante tres semanas en Australia e unha máis en Galicia, amosará unha vida tan emocionante como descoñecida, cuxas aventuras compiten coas de exploradores como Cook, Darwin ou o tamén misioneiro David Livingstone.
DIN QUE NON FALAN: DIN QUE NON FALAN 12
Programa de entrevistas que ten como protagonistas mulleres relevantes na nosa comunidade. Presentado por Estíbaliz Veiga. ‘Din que non falan’ diríxese hoxe cara a Outeiro de Rei para conversar con Idoia Cuesta, creadora téxtil especializada en cestería contemporánea, que intenta combinar tradición e experimentación para achegar a artesanía a novos escenarios, como a moda e a decoración. En conversa coa presentadora de ‘Din que non falan’, Estíbaliz Veiga, coñecerase polo miúdo a esta creadora, Premio Nacional de Artesanía (2014) e Premio Galego de artesanía (2021), que desenvolve o seu traballo con firmas de prestixio, como Loewe, Adolfo Domínguez ou Zara Home, ademais de impartir formación en colexios e universidades.
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS. RESUMOS SEMANAIS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS V (RESUMOS SEMANAIS) 60
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 15.12.2024
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 15.12.2024
Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 15.12.2024
BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXII 433
Espazo de entretemento presentado por Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro. Un dos grandes da música latina, o cantante chileno Américo, e unha das orquestras máis aclamadas de Galicia, El Combo Dominicano, este sábado en 'Bamboleo'. Outros convidados desta noite serán Laura Añón e Nando Llon, dous históricos da verbena galega que uniron forzas.
PESCA TOTAL: PESCA TOTAL 11
Tino volve embarcar a bordo do “Playa de Sanxenxo”. O aspirante de Moraña amosou disciplina e iniciativa na súa primeira singradura, toda unha sorpresa para o capitán Sauro Martínez e o resto da tripulación. Haberá que ver se pode manter o intenso ritmo de traballo nesta segunda volta. Esta semana os concursantes afrontan a segunda volta para embarcar a bordo do Playa de Sanxenxo. Tino, o aspirante de Moraña, amosou disciplina e iniciativa na súa primeira singradura, toda unha sorpresa para o capitán Sauro Martínez e o resto da tripulación. Este domingo comprobarase se é capaz de manter o intenso ritmo de traballo nesta etapa.
HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 541
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 20
Germán, natural de Ramirás, Luis Miguel, de Cambre, e Jennifer, de Ourense, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 15.12.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 15.12.2024
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA II 119
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ acumula 10.000 € no bote. Nesta ocasión, Santi, de Cambados; Loreto, de Cabanas; Dani, de Rábade; Silvia, de Vigo, e a nova incorporación, Tamara, de Santiago de Compostela, van competir por levalo. Se o concursante que chegue ao 'minuto final' non dá acertado as cinco preguntas terá que conformarse co petisco de 200 €.
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? II 17
Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada.
HIT LIST GALICIA: HIT LIST GALICIA 2
Divertido gameshow musical de entretemento para toda a familia, presentado por Rafa Durán e a cantante Miriam Rodríguez. En cada programa, tres parellas competirán por un premio de 6.000 € intentando adiviñar o título e intérprete dunha serie de cancións relevantes na historia da música. O concurso está baseado nun formato innovador da BBC británica, un dos programas musicais de máis éxito internacional, que xa chegou a outros países europeos. Parellas de Pontevedra, Lugo e Melide compiten hoxe en 'The hit list', o divertido gameshow musica da Galega. Os concursantes deberán coñecer o título e intérprete de cancións relevantes na historia da música para facerse co premio do programa.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 15.12.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
PESCA TOTAL: PESCA TOTAL 11
Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro.
DIN QUE NON FALAN: DIN QUE NON FALAN 12
Programa de entrevistas que ten como protagonistas mulleres relevantes na nosa comunidade. Presentado por Estíbaliz Veiga.
LUAR: LUAR 1420
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Chega o espírito de Nadal a 'Luar', coas actuacións de Pili Pampín, La Ocaband, Trébede e El Niño de la Fernanda. Mariachi Mezcal Madrid súmase ao elenco de artistas do programa deste venres, que tamén desenvolverá novas edicións do ‘Vai de baile’ e ‘Recantos’.