div-crtvg-top1

Publicidade

Navigation Menu

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 03.12.2024

Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega.

08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 03.12.2024

Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.

10:40 h

O AGRO: O AGRO 03.12.2024

10:45 h

ESTACHE BO!: Masa de follado salgado de gambas vermellas arxentinas

O chef Iván Mariñas achegará hoxe tamén novos trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. A nutricionista Lidia Folgar dará os mellores consellos sobre alimentación en cada unha das receitas. Neste caso, falará das proteínas do leite.

11:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 57

A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores.

13:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Sevi Martínez.

14:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 03.12.2024

Presenta Marta Darriba.

15:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 03.12.2024

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

15:30 h

O TEMPO

15:35 h

QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ?

Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.

18:55 h

AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 543

19:05 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 530

Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.

20:25 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 03.12.2024

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

21:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 03.12.2024

21:45 h

THE HIT LIST: THE HIT LIST 1

Divertido gameshow musical de entretemento para toda a familia, presentado por Rafa Durán e a cantante Miriam Rodríguez. En cada programa, tres parellas competirán por un premio de 6.000 € intentando adiviñar o título e intérprete dunha serie de cancións relevantes na historia da música. O concurso está baseado nun formato innovador da BBC británica, un dos programas musicais de máis éxito internacional, que xa chegou a outros países europeos. Na súa estrea, as parellas están compostas por María e Rut, dúas amigas que veñen de Ourense; Salma e Antonio, tamén amigos, procedentes de Vigo, e José Luis e Alba, pai e filla, da Coruña.

22:30 h

A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS. RESUMOS SEMANAIS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS V (RESUMOS SEMANAIS) 58

23:15 h

IMOS AO CHOIO: IMOS AO CHOIO II

Formato centrado na reforma interior e decoración de vivendas, que vai transformar casas por toda Galicia. Inda e Julio son reformadores profesionais e en cada entrega do programa terán un reto diferente. Atoparanse con casas antigas, desfasadas ou en malas condicións, pero, coa axuda da decoradora Vanesa, pegaranlles un cambio radical. O programa afronta hoxe o reto de reformar unha casa que estivo 20 anos deshabitada. O equipo do espazo verase obrigado a coller algún que outro atallo, e o propietario estará máis pendente de reconquistar a súa ex que da obra.

00:25 h

NON HAI SAÍDA

Un comandante da mariña norteamericana é trasladado ao cadro de persoal do secretario de Defensa. Alí encoméndanlle unha delicada misión: descubrir quen matou unha prostituta de Washington relacionada con amigos influentes. Cando unha estraña coincidencia relaciona o comandante coa vítima e algunhas das pistas apuntan ao propio investigador, este terá que se empregar a fondo para descubrir o culpable e salvar a súa propia vida.

div-crtvg-top2

Publicidade