TVG - CRTVG
ESTACHE BO!: Fabas á campesiña
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 54
A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores. O magazine ‘O Termómetro’ coñecerá na Veiga o Belén máis alto de Galicia e visitará a coñecida romaría de Santo Andrés de Teixido.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1944
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 562
A diocese de Mondoñedo-Ferrol pon en marcha a Escola Diocesana de Evanxelización. Con esta iniciativa busca crear grupos de crentes adultos que, dende un plan de formación para a misión, fortalezan a identidade cristiá e saiban anunciar a ledicia do Evanxeo.
SANTA MISA ESPECIAIS: SANTA MISA ESPECIAIS VIII 34
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 01.12.2024
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1170
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado a diario por Pilar G. Rego e por María Solar os xoves. O cultural conversa este domingo coa coruñesa Marta Villar, gañadora do XLI Premios Xerais 2024 pola súa segunda novela ‘Detective Ferruchi’.
DIN QUE NON FALAN: Patricia Pardo
Programa de entrevistas que ten como protagonistas mulleres relevantes na nosa comunidade. Presentado por Estíbaliz Veiga. No programa de hoxe, a presentadora Patricia Pardo fala do seu traballo actual e lembra a súa vida en Galicia.
SOÑO CONTIGO: SOÑO CONTIGO 10
Espazo presentado por Alba Mancebo e o personaxe de Liciña, que emprega as novas tecnoloxías ao servizo de formatos audiovisuais inéditos. A vista de dron, amósalle á audiencia da TVG a paisaxe e os costumes galegos. Alba Mancebo celebra o Samaín descubrindo lugares que tiveron un pasado glorioso pero, nos que o abandono e o vandalismo, converteron en lugares de medo. Visitalos supón un reto que lle propoñen Liciña e os seus novos compañeiros artificiais, GALGPT e Iaguiño, un grupo de tres drons con moita personalidade e únicos no panorama televisivo.
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 01.12.2024
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.12.2024
Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.12.2024
BAMBOLEO
‘Superbamboleo’ coa cantante Natalia e o artista galego Eris Mackenzie. Lucía Regueiro presenta o programa xunto co inimitable actor e cómico Víctor Fábregas. Reciben a artista Natalia, que presenta a súa nova canción “Nadie más” e o músico Eris Mackenzie, que xunta a música tradicional co ‘minimal techno’ no tema “O lavadoiro” e estrea neste Superbamboleo “Soa”, unha canción que forma parte dun próximo disco. O programa chega hoxe á TVG coa música da cantante andaluza Natalia e do galego Eris Mackenzie.
PESCA TOTAL: PESCA TOTAL 9
Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro. Comeza a segunda fase de ‘Pesca total’ con xa só catro aspirantes na travesía cara ao gran premio do programa.
HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 528
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 17
Miguel, natural da Coruña, María, de Laxe, e Julia, de Viveiro, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 01.12.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 01.12.2024
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA II 111
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ segue imparable e suma xa 9.000 €. Santi, de Cambados; Loreto, de Cabanas; Hugo, de Sanxenxo; Alba, de Redondela, e a nova incorporación, Tomás, de Lugo, son quen van loitar xa sexa polo premio, xa pola súa permanencia, xa polo petisco de 200 € no caso de non acertar algunha das preguntas do 'Minuto final'.
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? II 15
Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada. O espazo busca hoxe os temas de taberna máis populares de Marín e da comarca do Morrazo. Os tres grupos participantes serán amadriñados pola autora e intérprete Najla Shami, que se une ao xurado formado por Xurxo Fernándes e Samuel González.
INIMITABLES: A Roda
Presentado por Arturo Fernández, o programa conta coas mellores formacións galegas, achega conversas cos músicos e cantantes sobre curiosidades das letras das cancións que interpretarán, a maneira en que adaptaron os temas ou divertidas anécdotas.
PESCA TOTAL: PESCA TOTAL 9
Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro. Comeza a segunda fase de ‘Pesca total’ con xa só catro aspirantes na travesía cara ao gran premio do programa.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 01.12.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 17
Espazo que porá a proba os coñecementos de tres concursantes sobre Galicia e a nosa cultura. Duarte Galbán presenta este novo ‘quiz show’, apoiado por Mari Carmen, unha intelixencia artificial que selecciona preguntas e comarcas ao azar.
LUAR: LUAR 1418
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. As míticas cancións de Mocedades e os sons de DJ Son1c soarán este venres no escenario de 'Luar'. Tamén están convidados á velada musical da TVG a orquestra Solymar, o grupo de voces Sons de Celeiro e a agrupación A Telleira do Centro Cultural A Pontevella.