TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 28.11.2024
Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 28.11.2024
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!: Sopa 'wan tun'
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 54
A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores. O magazine ‘O Termómetro’ coñecerá na Veiga o Belén máis alto de Galicia e visitará a coñecida romaría de Santo Andrés de Teixido.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Sevi Martínez.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 28.11.2024
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 28.11.2024
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVII 1016
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 540
HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 525
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 28.11.2024
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 28.11.2024
LAND ROBER TUNAI SHOW
Programa presentado por Roberto Vilar, cunha proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. Os Gemeliers e a nova presentadora da TVG, María Lamela, exhiben hoxe no 'Land Rober Tunai Show' todo o seu enxeño. No apartado de ficción, o programa meterase de cheo no Black Friday e nos descontos.
ERA VISTO!: Terremoto / A charanga de Lameiro / Volve Ramona Comanaci
Serie de humor inspirada en historias e personaxes do universo rural galego.
ATRAPADOS SEN SAÍDA
Eddie Jillete, un policía duro que quere vingar a morte do seu compañeiro e que, finalmente, ten un romance coa única testemuña do crime, Michel, a muller do asasino. Esta é unha fermosa muller, collida no medio da guerra entre Eddie e o criminal Losado, o home que a viola. A vinganza de Jillete lévao ata as rúas de Nova Orleans, lugar onde ten que enfrontarse a todos os inimigos e de onde consegue saír vitorioso fronte a Losado.
SEN ESCAPE
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 28.11.2024
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVII 1016
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
ESTACHE BO!: Sopa 'wan tun'
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado a diario por Pilar G. Rego e por María Solar os xoves. O espazo contará coa presenza de Camilo Franco, director do Culturgal, que se celebra esta fin de semana en Pontevedra.