TVG - CRTVG
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 25.11.2024
Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega.
BOS DÍAS: BOS DÍAS 25.11.2024
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía.
ESTACHE BO!: Empanada de mexillóns
'Empanada de mexillóns' é o prato que o chef Iván Mariñas cocinará hoxe. En cada programa achegaranse novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Lidia Folgar, a nutricionista do ‘Estache bo!’, ofrecerá tamén recomendacións sobre alimentación en cada unha das receitas.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 51
A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores. O espazo coñece hoxe en Tui un curioso hórreo mecanizado, deseñado por un veciño para facilitar o proceso de almacenamento do seu millo.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Sevi Martínez.
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 25.11.2024
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 25.11.2024
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVII 1013
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 537
HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 522
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 25.11.2024
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 25.11.2024
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA II 107
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’ sitúase xa nos 8.200 €. Só un concursante vai ser o finalista que chegue ao 'Minuto final' para loitar polo gran premio. De non o gañar, levará o petisco do día valorado en 200 €. Paco Lodeiro recibe neste programa a Manu, da Coruña; Míriam, de Porto do Son; Sara, de Vigo; Loreto, de Cabanas, e a nova incorporación: Santi, de Cambados.
O QUE A G ESCONDE: Caso Abruñedo
Serie sobre sucesos sobre os que a CRTVG garda arquivos únicos. 'O que a G esconde' afonda hoxe nun dos sucesos que máis arrepiou a sociedade galega hai unha década: a violación e asasinato de Elisa Abuñedo.
NA MENTE DO ASASINO: Non estará con outro
A TVG métese 'Na mente do asasino' para afondar no perfil das persoas que cometeron algúns dos crimes máis impactantes dos últimos tempos en Galicia. O programa, que consta dun documental e dunha mesa de debate moderada polo xornalista Pablo Carballo, analizará as causas e os mecanismos que os levaron a cometer eses crimes. Hoxe tratarase o caso dun homicidio acontecido en Vigo en 2016, onde César Adrio asasinou a súa ex parella despois da cea de traballo de Nadal, á que previamente someteu durante meses a varios episodios de acoso e chantaxe.
FILA 1: Códice K
A TVG divulga o traballo realizado polas compañías, actores e actrices para achegar o teatro a todos os galegos a través dos medios públicos. Gravadas no auditorio do Grove (Pontevedra), con presenza de público e con artistas convidados, ‘Fila 1’ programa un total de oito obras recoñecidas polo público e a crítica, algúns dos mellores exemplos da dramaturxia galega. O espazo ‘Fila 1’ estrea hoxe esta divertida visión feminina sobre o roubo do Códice Calixtino, dirixida por Tito Asorey, e con Lucía Veiga, Marita Martínez, Graciela Carlos e Patricia Castrillón no elenco.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 25.11.2024
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado a diario por Pilar G. Rego e por María Solar os xoves. Este 25N, ‘Zigzag’ recibe a visita de Uqui Permui, autora do libro ‘Sempre libres e vivas. En negro contra a violencia de xénero’.
HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 522
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVII 1013
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes.