TVG - CRTVG
ESTACHE BO!: Coello á xardineira
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos.
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 49
A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores. O espazo ‘O Termómetro’ coñece hoxe en Tui un curioso hórreo mecanizado, deseñado por un veciño para facilitar o proceso de almacenamento do seu millo.
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1943
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 561
A catedral de Lugo goza do privilexio inmemorial de ter exposto permanentemente o Santísimo Sacramento no seu Altar Maior. Consecuencia deste feito é a concesión da Indulxencia plenaria, cotiá e perpetua a todos aqueles que recen ante o Santísimo e cumpran as condicións habituais.
SANTA MISA: SANTA MISA V 406
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 24.11.2024
Presenta Chus Tanoira.
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1169
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado a diario por Pilar G. Rego e por María Solar os xoves. O escritor Antonio Fraga presenta a súa novela infantil ‘Mica, cuarzo y feldespato’ nunha edición especial de ‘Zigzag’ que, no marco da Semana coa Infancia de UNICEF, contará coa presenza de cativos no estudio.
DIN QUE NON FALAN: María Crespo
Programa de entrevistas que ten como protagonistas mulleres relevantes na nosa comunidade. Presentado por Estíbaliz Veiga. A cardióloga ourensá María Crespo, unha auténtica referencia mundial neste ámbito, convidada hoxe en ‘Din que non falan’
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS. RESUMOS SEMANAIS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS V (RESUMOS SEMANAIS) 57
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 24.11.2024
Presenta Alberto Mancebo.
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.11.2024
Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 24.11.2024
BAMBOLEO
‘Superbamboleo’ coa visita do actor e cómico Víctor Fábregas, que conduce o programa xunto con Lucía Regueiro. O convidado estrela é Serafín Zubiri, que interpreta temas como “Todo esto es la música”, co que representou a España en Eurovisión, e outros como “Libre” ou “Un beso y una flor”, en homenaxe a Nino Bravo. A música galega chega co Grupo Tania Veiras, que anima o público con popurrís de éxitos perfectos para mover as cadeiras. Hai xogos cos artistas e premios para as catro comisións que compiten na “Jrileira”. Serafín Zubiri e o grupo Tania Veiras actúan hoxe no programa. Haberá premios para catro novas comisións que se enfrontarán nas xa míticas probas das ‘Superprendas’ e do ‘Mentireiro verdadeiro’ .
PESCA TOTAL: PESCA TOTAL 8
Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro. Despois da eliminación dun concursante, comeza esta semana a segunda fase do programa.
HORA GALEGA: HORA GALEGA VIII 521
Programa vivo e variado, presentado de luns a venres por David Espiño e Rocío Durán, e por Paula del Fraile, nas fins de semana, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 15
Iván, natural do Milladoiro, Miguel, da Coruña, e Óscar, da Coruña, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 24.11.2024
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA II 106
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Manu, da Coruña; Míriam, de Porto do Son; Sergio, de Malpica; Sara, de Vigo, e a nova incorporación, Loreto, de Cabanas, son os aspirantes a facerse co bote no ‘Atrápame se podes, chanzo arriba’. O gran premio sitúase xa nos 8.000 €. Se o finalista non consegue o bote, leva o petisco de 200 € logo de xogar o 'minuto final'.
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? II 14
Os cantos de taberna regresan á Televisión de Galicia cunha nova temporada de ‘Traes unha cantiga?’. Co cometido de poñer en valor a música galega a través desta tradición tan arraigada no noso país, o programa que presenta Noelia Rey percorrerá novas comarcas galegas en busca da cantiga máis popular e a mellor interpretada. O Furancho O Pilón acollerá hoxe as primeiras interpretacións da temporada, en que se porá a proba o grupo +Q Cantigas, as Cantareiras Bulideiras e A banda do Sequío. O xurado permanente que avaliará a competición estará formado por Xurxo Fernandes, un dos maiores expertos na música tradicional galega, e Samuel González, guitarra e voz do grupo indie de The Rapants; mentres que a madriña destas tres formacións e que formará parte do xurado, será a cantautora Antía Muíño.
GRANDES CACHADAS: Volve Treixadura
‘Grandes Cachadas’ volve polo Nadal cun programa especial dedicado a Treixadura, un dos grupos que máis festa e ledicia reparte coa súa música.
PESCA TOTAL: PESCA TOTAL 8
Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro. Despois da eliminación dun concursante, comeza esta semana a segunda fase do programa.
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS. RESUMOS SEMANAIS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS V (RESUMOS SEMANAIS) 57
LUAR: LUAR 1417
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. A Semana coa Infancia de UNICEF, protagonista esta noite nun 'Luar' que recibirá a visita da cantante cubana Lucrecia. O programa tamén contará coas actuacións, entre outros, do Orfeón Mariñeiro do Berbés e do grupo de baile e música tradicional Rebulir.