Programación
-
08:00 h
BOS DÍAS: BOS DÍAS 25.09.2024
Presenta Almudena de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista co secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García. -
10:40 h
O AGRO: O AGRO 25.09.2024
-
10:45 h
ESTACHE BO!: ESTACHE BO! XV 1222
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos. -
11:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 8
A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores. -
13:55 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Sevi Martínez. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 25.09.2024
Presenta Marta Darriba. -
15:10 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 25.09.2024
Información deportiva a cargo de Terio Carrera. -
15:30 h
O TEMPO
-
15:40 h
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVII 970
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes. -
18:50 h
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 494
-
19:00 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA VII 475
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
20:25 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 25.09.2024
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva. -
21:35 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 25.09.2024
-
21:45 h
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA II 67
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote ascende a 44.600 € neste novo programa do 'Atrápame se podes, chanzo arriba', en que Meri, de Nigrán; Sonia, da Coruña; Pablo, de Barbadás; Mark, da Coruña, e Pablo, de Vigo, van competir polo gran premio. De non levalo ninguén, o concursante que xogue o 'Minuto final' ten asegurado o petisco de 200 €. -
22:35 h
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS V 49
María Mera conduce a quinta temporada do programa, en que oito concursantes loitarán cada semana para conseguir a mellor puntuación do xurado, para o que contarán co apoio e apadriñamento de artistas de catro grandes orquestras galegas. Os espectadores de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' descubrirán esta noite quen se agocha tras a máscara da madriña de ouro. Os oito concursantes desta nova temporada seguirán loitando por conseguir a maior puntuación que os achegue á fase final. -
00:55 h
EU VIXÍO O CAMIÑO
Henry Tawes é o shériff dunha aburrida vila do sur americano, onde nunca pasa nada ou case nunca. A súa vida cambiará totalmente o día que decide perseguir unha furgoneta que circulaba facendo eses pola estrada. Dentro dela ía unha fermosa moza da que deseguido se namorará, esquecéndose de que é un home casado e respectado pola veciñanza. O que descoñecía o shériff era que a moza e a súa familia dedícanse á ilegal e clandestina actividade da destilación etílica, que ademais está sendo investigada polas auto -
02:30 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 25.09.2024
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva. -
03:15 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Sevi Martínez. -
03:40 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). O novo disco do grupo Bala e a estrea da ópera ‘A Loba Branca’, de Brais González, entre os temas que se tratarán hoxe en ‘Zigzag’. -
04:05 h
en emisiónQUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVII 970
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes. -
06:55 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 25.09.2024
-
07:00 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 25.09.2024
Faladoiro informativo presentado por Silvia Pereira e Manuel Estévez dende o estudio multimedia da Radio Galega.