Programación
-
08:00 h
ESTACHE BO!: Arroz meloso de carabineiros e luriñas
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos. -
08:30 h
CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 7
Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. Hoxe conversa com Augusto César Lendoiro, político de longa traxectoria, xestor deportivo e cultural, que levou a cabo un intenso labor como presidente do Real Club Deportivo da Coruña. -
09:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 31.08.2024
Presenta Chus Tanoira. -
10:00 h
LABRANZA: LABRANZA 1678
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
10:30 h
FESTIGALIANDO: FESTIGALIANDO XI 111
Ferrol acolleu a quinta edición do Nachiños Fest, un evento con clara inspiración no mundo do surf. Grupos galegos e estatais tocaron no campo das Cabazas, en Covas, con Pignoise como cabeza de cartel. A representación local estivo a cargo da banda de Edu Calvario. -
11:00 h
CHEGOU O DÍA: CHEGOU O DÍA 7
Laura Vaqueiro conduce este novo espazo, que durante todo o verán se situará no epicentro das festas, romarías e celebracións máis populares de Galicia. O programa ofrece hoxe en directo o Gran Desfile da Festa da Istoria de Ribadavia, un dos eventos máis destacados desta celebración. -
12:00 h
NIN O IMAXINAS: NIN O IMAXINAS 11
Presentado por Alba Mancebo, este programa emprega os últimos avances tecnolóxicos para descubrir como serán as grandes infraestruturas postas en marcha no noso país e tamén para ofrecer unha visión completamente distinta dos fenómenos meteorolóxicos. O programa faise eco das cancións do verán máis recordadas e das cinco mellores vilas galegas para pasar o verán; descobre como se viven as festas máis grandes e as máis pequenas; viaxa ata as cidades de Vigo, Pontevedra, Ferrol e A Coruña para coñecer como vi -
13:30 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA VII 457
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 31.08.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:20 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 31.08.2024
-
15:30 h
AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN: AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN II
Espazo, en directo, presentado por Trisha Fernández e Rafa Durán. A Festa da Istoria de Ribadavia, protagonista nun ‘Aquí Galicia’ que tamén conectará coa Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes e coa Feira do Románico de Negreira. -
19:10 h
CHEGOU O DÍA: CHEGOU O DÍA 7
Laura Vaqueiro conduce este novo espazo, que durante todo o verán se situará no epicentro das festas, romarías e celebracións máis populares de Galicia. O programa ofrece hoxe en directo o Gran Desfile da Festa da Istoria de Ribadavia, un dos eventos máis destacados desta celebración. -
20:10 h
FAKE NEWS: FAKE NEWS 17
Dani Polo visita Pontevedra disposto a repartir 500 euros, para iso deberá atopar cinco concursantes expertos en diferenciar a información verdadeira da falsa. O ‘Fake news’ embarcará aos máis valentes nunha divertida proba de coñecemento. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 31.08.2024
-
22:00 h
BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXV 458
Espazo de entretemento presentado por e Lucía Regueiro. 'Bamboleo' anima hoxe a festa cos éxitos de Dama e Diego Martín e os sons galegos de Catuxa Salom e a Orquesta Royal Espectáculo. Os actuais subcampións de España de baile latino, Diana e David, darán boa mostra da súa calidade artística. -
00:40 h
A HERDANZA FERRAMONTI
En 1880, en Roma, despois de pechar a súa panadería, o negocio do que vive toda a súa familia, Gregorio Ferramonti comunícalle aos seus fillos Pippo, Mario e Teta que, en diante, terán que gañarse a vida polos seus propios medios. Sen embargo, Irene, a muller de Pippo, unha moza fermosa, calculadora e ambiciosa, empregará as súas dotes de manipulación para facerse coa herdanza dos Ferramonti. -
02:20 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
03:10 h
en emisiónAQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN: AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN II
Espazo, en directo, presentado por Trisha Fernández e Rafa Durán. A Festa da Istoria de Ribadavia, protagonista nun ‘Aquí Galicia’ que tamén conectará coa Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes e coa Feira do Románico de Negreira. -
06:30 h
FESTA NA BAIUCA: FESTA NA BAIUCA II 21
Docushow que retrata a troula característica dos bares de praia máis famosos de Galicia e a vida cotiá dos areais que acollen estes establecementos. 'Festa na baiuca' seguirá amosando este mércores os mellores bares de praia de Galicia, con parada en Samil (Vigo) e nas Cunchas (Rianxo). -
07:20 h
LABRANZA: LABRANZA 1678
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.