Programación
-
08:00 h
ESTACHE BO!: Guiso branco de peixe
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos. -
08:25 h
CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 4
Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. A fortaleza será esta noite o tema central do programa 'Confidencias', que terá como convidado o político Paco Vázquez. -
09:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 10.08.2024
Presenta Chus Tanoira. -
10:00 h
LABRANZA: LABRANZA 1669
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
10:40 h
QUEN ANDA AÍ? VERÁN: QUEN ANDA AÍ? VERÁN V 168
Contidos frescos e sorprendentes, na edición de verán do magazine 'Quen Anda Aí?', que presentan Juan Fuentes, Eva Iglesias e Marcos Pereiro. -
13:00 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA VII 442
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 10.08.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:25 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 10.08.2024
-
15:30 h
AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN
Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. O espazo está hoxe en directo desde as festas da Maruxaina de San Cibrao. -
19:15 h
UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA: UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA 8
Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural. O protagonista de ‘Un guiri na Ribeira Sacra' coñecerá hoxe a singularidade dos Peares, unha encrucillada de camiños, ríos, concellos e provincias. -
20:10 h
FAKE NEWS: FAKE NEWS 11
Esta vez o presentador Dani Polo visita a localidade de Arzúa para propoñer o reto de converter as loiadas en cartos. Cinco concursantes someteranse a unha sinxela proba de coñecemento para tentar gañar os 100 euros que están en xogo. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 10.08.2024
-
22:05 h
BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXV 455
'Bamboleo' convida a facer festa unha estrela da canción que saíu da primeira edición de OT, Nuria Fergó. A artista recrea no programa grandes éxitos da música a ritmo de rancheira. Participa nos xogos que Lucía Regueiro lle ten preparados e conta segredos e proxectos. Amais tamén subirán ao escenario a banda ourensá The Tetas' Van e a orquestra Suavecito, que disporá toda a súa maquinaria no escenario para recrear a mellor música de verbena. -
00:55 h
A MOZA DA TARDIÑA
Despois de pasar toda unha vida traballando sobre os escenarios, Hugo foi parar a un asilo destinado a actores veteranos. Nesta institución coñece a Renata, unha fermosísima moza de 18 anos que traballa como camareira. A pesar da súa xuventude, a moza sufriu demasiados acosos por parte dos homes, pero o maduro Hugo está decidido a non ser un máis. *Versión orixinal en italiano subitulada en galego (VOSG) cos subtítulos queimados en pantalla. -
02:45 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
03:45 h
en emisiónAQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN
Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. -
07:10 h
FESTA NA BAIUCA: FESTA NA BAIUCA II 18
Docushow que retrata a troula característica dos bares de praia máis famosos de Galicia e a vida cotiá dos areais que acollen estes establecementos. 'Festa na baiuca’ visita hoxe as praias da Madalena, en Cabanas, e de San Xián, en Cangas. Na provincia da Coruña coñece Los Pinares, considerado un dos mellores establecementos de praia de toda España. Na ría de Aldán descobre o San Xián, un dos segredos mellor gardados da península do Morrazo.