Programación
-
08:00 h
AS NOSAS RÚAS: AS NOSAS RÚAS II 102
Programa que narra a historia das persoas que deixaron a súa pegada nas rúas de Galicia. -
08:00 h
AS NOSAS RÚAS: AS NOSAS RÚAS II 100
Programa que narra a historia das persoas que deixaron a súa pegada nas rúas de Galicia. -
08:30 h
COMISIÓN DE FESTAS: Arde Lucus
A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. Comeza na TVG a nova temporada do programa 'Comisión de Festas', que esta noite se interesará polo Arde Lucus. Da man da asociación Cohors III Lucensium, os espectadores verán como se organiza unha das celebracións máis sinaladas da cidade de Lugo. -
09:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 06.07.2024
Presenta Chus Tanoira. -
10:40 h
REPORTAXES E ENTREVISTAS DEPORTES: Olímpicos París: Teresa Portela
-
10:50 h
REPORTAXES E ENTREVISTAS DEPORTES: Olímpicos París: Caetano Horta
-
11:00 h
LABRANZA: LABRANZA 1659
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
11:35 h
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI III 126
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Isidro está na UCI despois de que parte da súa casa se viñera abaixo, esta noite, en 'Saudade de ti'. Mentres Elba comeza a valorar a posibilidade de pospoñer a súa voda con Lucho, Mónica revélalle a Adela que lle ofreceu a Raúl a dirección adx -
12:10 h
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI III 130
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Celia discute con Raúl ao descubrir a relación que o une con Óscar Osorio. A doutora Eiroa decide aliarse con Pedro para descubrir a verdade sobre o accidente que sufriu o seu pai e así facer xustiza. -
12:55 h
VAIA TROULA. ALFOMBRA G: VAIA TROULA. ALFOMBRA G 8
Programa festeiro que trasladará o seu particular photocall e a súa propia alfombra vermella aos eventos máis salientables e multitudinarios. As festas de San Pedro serán o eixe central do ‘Vaia Troula-Alfombra G’ deste martes, que fará parada en Cesantes, Corcubión, Ares, Abegondo e Vilanova de Arousa. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.07.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:20 h
REPORTAXES E ENTREVISTAS DEPORTES: Olímpicos París: Xoán A. Saavedra
-
15:20 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 06.07.2024
-
15:40 h
AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN
Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. 'Aquí Galicia' instálase este sábado en Sabucedo, onde se celebra a Rapa das Bestas, e conectará coa Festa da Lagosta da Guarda. -
18:00 h
UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA: UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA 4
Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural. 'Un guiri na Ribeira Sacra' chega hoxe ao mosteiro de San Pedro de Rocas, que foi berce do cristianismo en Galicia. -
18:55 h
CHEGOU O DÍA: CHEGOU O DÍA 2
Laura Vaqueiro conduce este novo espazo, que durante todo o verán se situará no epicentro das festas, romarías e celebracións máis populares de Galicia. Volve o espazo ‘Chegou o día’, nesta ocasión, cunha retransmisión especial en directo do primeiro curro da Rapa das Bestas de Sabucedo. -
20:05 h
FAKE NEWS
Concurso de rúa que mestura actualidade e entretemento de xeito innovador. O presentador, Dani Polo, embárcase cada sábado e domingo na misión de atopar concursantes que, con intuición e astucia, estean dispostos a discernir a verdade da mentira. Dani Polo visita hoxe o barrio do Calvario en Vigo na procura de concursantes dispostos a gañar 100 euros. Os viandantes máis valentes aceptarán o reto de diferenciar a información verdadeira da falsa para obter 20 euros por cada acerto. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:55 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 06.07.2024
-
22:10 h
BAMBOLEO: BAMBOLEO XXXV 450
Espazo de entretemento presentado por e Lucía Regueiro. A cantante catalá Nerea Rodríguez e o galego Roi Méndez presentan esta noite os seus últimos traballos en 'Bamboleo'. Ademais, a orquestra La Ocaband chega disposta a poñer a todo o mundo a bailar cos seus temas. -
01:00 h
BELÍSIMA
Nos estudios de Cinecittá, o director Alessandro Blasetti está a facer un casting para seleccionar a nena que actuará na súa nova película. Entre as nais que levaron as súas fillas está Maddalena Cecconi, unha muller de barrio que soña con ver a súa filla no Olimpo das grandes estrelas. Contra a vontade do seu home, Maddalena non repara en medios para conseguir o seu obxectivo: inscribe a María nun curso de baile e actuación, págalle fotógrafo e peiteadora, encárgalle vestidos a medida... Na súa obsesión, c -
02:50 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
03:40 h
LABRANZA: LABRANZA 1659
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
04:15 h
en emisiónAQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN
Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis. 'Aquí Galicia' instálase este sábado en Sabucedo, onde se celebra a Rapa das Bestas, e conectará coa Festa da Lagosta da Guarda. -
06:25 h
XERACIÓNS: XERACIÓNS 6
Concurso cheo de acción en que os participantes loitarán por demostrar cal é a mellor xeración de todas. Capitaneado por Iván Mariñas e con Luís Iglesia e Josefina Torres como xurado. Dúas amigas de Porto do Son e outros dous de Camariñas e Santiago poñen a proba esta semana os seus coñecementos e habilidades en 'Xeracións'. -
07:15 h
FESTA NA BAIUCA: FESTA NA BAIUCA II
Docushow que retrata a troula característica dos bares de praia máis famosos de Galicia e a vida cotiá dos areais que acollen estes establecementos. Nesta primeira entrega do verán 2024, ‘Festa na Baiuca’ estará nas praias de Cabío, na Pobra do Caramiñal, e de Patos, en Nigrán, dous areais emblemáticos con baiucas moi concorridas.