Programación
-
08:00 h
BOS DÍAS: BOS DÍAS 20.06.2024
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista ao conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez. -
10:55 h
A REVISTA: A REVISTA 20.06.2024
Presenta Sevi Martínez. ‘A Revista’ preocúpase hoxe por un estudo que sitúa Galicia como o territorio español con maior proporción de condutores que consumen cocaína. -
12:15 h
AS NOSAS RÚAS: AS NOSAS RÚAS II 92
Programa que narra a historia das persoas que deixaron a súa pegada nas rúas de Galicia. -
12:30 h
ESTACHE BO!: Medallón de solombo de porco con salsa de froitos vermellos
“Medallón de solombo de porco con salsa de froitos vermellos” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Ademais, contamos coa interacción de Vanessa Taboada, a dietista de confianza do noso cociñeiro, que nos vai falar da receita de hoxe. -
13:05 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRAPAME SE PODES XI 709
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Santi, de Ponteareas; os irmáns Rocío e Asier, de Touro; Vanessa, da Coruña, e Sergio, de Monterroso, participan por cuarto día no concurso. A cantidade do bote segue aumentando e chega xa aos 32.000 €. -
13:55 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 20.06.2024
Presenta Marta Darriba. -
15:15 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 20.06.2024
Información deportiva a cargo de Terio Carrera. -
15:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 20.06.2024
-
15:45 h
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVI 949
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes. -
18:55 h
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 427
-
19:05 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA VI 408
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
20:25 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 20.06.2024
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
21:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 20.06.2024
-
22:00 h
LAND ROBER. PRETTY ROBER: LAND ROBER. PRETTY ROBER 3
Os espectadores da TVG poderán gozar esta noite coas aventuras dos personaxes de máis éxito do programa 'Land Rober Tunai Show'. -
22:55 h
LAND ROBER TUNAI SHOW: LAND ROBER (TUNAI SHOW) XXIV 360
Programa presentado por Roberto Vilar, cunha proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. ‘Land Rober Tunai Show' remata esta noite a súa décima temporada coa presenza de Alba Carrillo. Ademais, chegará unha nova entrega de ‘Casa Dosinda’, que vai triunfar coa súa 'foodtrack' no Resurrection Fest, e de ‘Traspazos’, onde contarán cun pregoeiro moi particular para a Festa do Emigrante. -
01:15 h
FESTIGALIANDO: FESTIGALIANDO X 91
Programa festeiro, que se achega á música e ao ambiente dos concertos e festivais. O espazo ‘Festigaliando’ dará hoxe conta de todo o que aconteceu na 17ª edición do festival alternativo Millo Verde, en Redondela. -
01:40 h
O SARXENTO DE FERRO
Tom Higway, coñecido como “Gunny”, é un perdedor no plano persoal, afeccionado ao alcol, que sacrificou a súa muller, a súa familia, amigos e reputación por chegar ao máis alto na carreira militar. Veterano da guerra de Vietnam e de Corea, volve aos Estados Unidos para levar a cabo a súa última misión: instruír un grupo de novatos, descridos e sen motivacións, para convertelos en auténticos marines. -
03:40 h
en emisiónQUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVI 949
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes. -
06:40 h
ESTACHE BO!: Medallón de solombo de porco con salsa de froitos vermellos
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos. -
07:10 h
AS NOSAS RÚAS: AS NOSAS RÚAS II 92
Programa que narra a historia das persoas que deixaron a súa pegada nas rúas de Galicia. -
07:30 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). O artista Ignacio Pérez Jofre falará en ‘Zigzag’ de ‘Abrir unha porta’, a súa exposición no Espazo Sirvent de Vigo. -
07:55 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 20.06.2024