Programación
-
08:00 h
BOS DÍAS: BOS DÍAS 18.06.2024
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Carlos Macía. Inclúe unha entrevista ao conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez. -
10:55 h
A REVISTA: A REVISTA 18.06.2024
Presenta Sevi Martínez. O programa ‘A revista’ ten hoxe como convidados no estudio á actriz Cristina Iglesias e ao actor Diego Anido, protagonistas da serie ‘Clanes’ que se preestrea este xoves na Coruña e que está producida pola galega Vaca Films. Este martes, o espazo conta coa colaboración habitual do lingüista Paulino Novo para falar sobre curiosidades da lingua con Sevi Martínez, e do avogado Alejandro Vega e a xornalista Patricia Abet para repasar sucesos acontecidos nos últimos días. -
12:15 h
AS NOSAS RÚAS: AS NOSAS RÚAS II 90
Programa que narra a historia das persoas que deixaron a súa pegada nas rúas de Galicia. -
12:30 h
ESTACHE BO!: CORDEIRO, QUEIXO E OVOS
“Cordeiro, queixo e ovos” é o prato que o noso gran chef, Iván Mariñas, nos vai preparar hoxe. En cada programa veremos novos consellos e trucos de índole culinaria para que a cociña deixe de ser unha dificultade para todos nós. Ademais, contamos coa interacción de Vanessa Taboada, a dietista de confianza do noso cociñeiro, que nos vai falar da receita de hoxe. -
13:05 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRAPAME SE PODES XI 707
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Belén, de Lugo; José, de Sanxenxo; Lucía, de Ourense; Iago, de Vilalba, e Rita, de Lousame, concursan por cuarto día consecutivo. O seu obxectivo será alcanzar un bote que chegou á cantidade de 23.000 €. -
13:55 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 18.06.2024
Presenta Marta Darriba. -
15:15 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 18.06.2024
Información deportiva a cargo de Terio Carrera. -
15:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 18.06.2024
-
15:45 h
QUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVI 947
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes. -
18:55 h
AVANCE HORA GALEGA: AVANCE HORA GALEGA 425
-
19:05 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA VI 406
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
20:25 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 18.06.2024
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
21:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 18.06.2024
-
22:00 h
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XV 191
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. En 'Cos pés na terra' coñeceremos a Esther, unha rapaza que acaba de inmortalizar nun proxecto fermoso as engurras de súa avoa e de moitos dos seus veciños. Aprendemos sobre novos cultivos coma o chamado ‘caviar cítrico’ ou kumquat, coa súa codia doce pero interior ácido, grazas a Óscar e Víctor, dous rapace -
23:15 h
OS RÍOS DA VIDA: RIO EUME
Co programa ‘Os ríos da vida’, os espectadores coñecerán os segredos dos ríos máis importantes de Galicia. Cada capítulo explorará un destes cursos de auga, desde o nacemento ata a desembocadura, en busca das historias máis curiosas que agochan. Laura Vaqueiro vai percorrer un río que nace na serra do Xistral, na provincia de Lugo, e que se adentra na da Coruña para desembocar no golfo Ártabro. O Eume, un dos máis coñecidos de Galicia e que na súa desembocadura dá nome a unha das vilas máis bonitas da prov -
00:10 h
SKIN
Un home novo desamparado, criado por cabezas rapadas e coñecido entre os supremacistas brancos, dálle as costas á xenreira e á violencia coa esperanza de transformar a súa vida. Para isto, conta coa axuda dun activista negro e da muller á que ama. Dirixida por Guy Nattive -
02:00 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 18.06.2024
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
03:00 h
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1920
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. -
03:15 h
en emisiónQUEN ANDA AÍ?: QUEN ANDA AÍ? XVI 947
Magazine divertido e participativo, en directo, presentado por Roberto Vilar e Juan Fuentes, que entretén os espectadores con contidos frescos e sorprendentes. -
06:15 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Ledicia Costas, unha das escritoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega, presenta hoxe ‘Zigzag’ a súa nova novela: ‘Pel de cordeiro’. -
06:40 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA VI 406
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
07:55 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 18.06.2024