Programación
-
08:00 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 10.05.2024
Presentan Marcos Sueiro e Raquel Domínguez. Mercedes Seijo encárgase da información deportiva. -
09:00 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Eduardo Herrero. -
09:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 11.05.2024
Presenta Chus Tanoira. -
10:40 h
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). A artista viguesa Elena Alonso falará en ‘Zigzag’ da súa exposición ‘Retrato dun bosque de laminarias’, en que retrata un elemento esencial da costa galega. -
11:05 h
LABRANZA: LABRANZA 1698
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas. -
11:40 h
SEN CÓDIGO POSTAL: Rianxo
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. Os espectadores de ‘Sen Código Postal’ coñecerán Rianxo da man do músico Bernal Muíños. -
12:50 h
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE III 58
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós. -
13:50 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA VI 379
Programa vivo e variado, presentado por David Espiño e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas serán as historias cotiás dos galegos e galegas. -
14:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.05.2024
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
15:20 h
NO FOCO: NO FOCO 106
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado. -
15:45 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.05.2024
-
15:55 h
XUNTOS EN DIRECTO: XUNTOS EN DIRECTO III 61
Magazine interxeracional que nas tardes da fin de semana acompañará os espectadores durante tres horas en directo, con entrevistas, música, reportaxes e diferentes seccións desde a perspectiva de diferentes xeracións. Presentado por Rocío Delgado, apoiada por Pili Pampín e Juan Lage, este novo formato de entretemento para toda a familia conta con colaboradores desde os 18 ata os 80 anos. A ritmo dos principais éxitos eurovisivos, os espectadores de ‘Xuntos en directo’ viaxarán esta tarde no tempo aos moment -
19:40 h
MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XVII 606
Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria. -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 11.05.2024
-
22:00 h
NOITE XIGANTE: NOITE XIGANTE II 14
'Concurshow' de ritmo frenético cheo de música e baile, que sorprenderá o público con grandes actuacións musicais, probas, premios e convidados famosos con ganas de pasalo ben. Presentado por María Mera e César Romero. Espectáculo total na 'Noite Xigante' deste sábado, en que o artista King África porá en pé o público do programa. Eva Iglesias, Isi e Fran Cañotas exercerán unha semana máis de padriños dos concursantes, dándoo todo nas probas e facendo que as risas non decaian nin un segundo. -
00:25 h
XUNTOS EN DIRECTO: XUNTOS EN DIRECTO III 61
Magazine interxeracional que nas tardes da fin de semana acompañará os espectadores durante tres horas en directo, con entrevistas, música, reportaxes e diferentes seccións desde a perspectiva de diferentes xeracións. Presentado por Rocío Delgado, apoiada por Pili Pampín e Juan Lage, este novo formato de entretemento para toda a familia conta con colaboradores desde os 18 ata os 80 anos. A ritmo dos principais éxitos eurovisivos, os espectadores de ‘Xuntos en directo’ viaxarán esta tarde no tempo aos moment -
03:45 h
en emisiónNOVECENTO
Drama que fai un complexo percorrido político e social pola Italia do século XX. No ano 1901, nunha finca do norte de Italia, nacen o mesmo día o fillo dun terratenente e o fillo dun braceiro, que serán amigos inseparables, aínda que a súa relación se verá nubrada polas súas diferentes actitudes fronte ao fascismo. -
06:20 h
TAL SEMENTE: TAL SEMENTE III 58
Dirixido a toda a familia e baseado na dinámica de preguntas e respostas, neste concurso, presentado por Esther Estévez, os máis novos da casa competirán en parella cos seus pais e avós. -
07:05 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.