Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 06:00 h
Portugal: 06:00 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 512
Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. O magazine analiza hoxe a subministración de auga pola seca e a suba do prezo do forraxe para o gando e da casquería nas carnicerías, e interésase pola campaña da castaña e polo roubo dun burro branco moi querido en Xinzo.
Galicia: 09:00 h
GMT: 08:00 h
Portugal: 08:00 h
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1202
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
Galicia: 09:30 h
GMT: 08:30 h
Portugal: 08:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 07.11.2026
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 10:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 09:00 h
LABRANZA: LABRANZA 1783
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
Galicia: 11:00 h
GMT: 10:00 h
Portugal: 10:00 h
A ORQUESTRA PERFECTA: A ORQUESTRA PERFECTA 2 SATÉLITES
Comeza na TVG a busca de 'A Orquestra Perfecta', o gran 'talent show' do verán na TVG. Os integrantes das grandes orquestras enfróntanse entre eles para conseguir un posto na formación ideal da verbena galega, nun reto presentado por Arturo Fernández. A decisión que pode cambiar a historia de Los Satélites tomarase esta noite en 'A Orquestra Perfecta'. Os integrantes desta mítica formación terán que expoñerse como nunca, interpretar temas inesperados e convencer un xurado que determinará os dous artistas que pasarán á gran final do programa.
Galicia: 12:50 h
GMT: 11:50 h
Portugal: 11:50 h
COS PÉS NO MAR: Ramón Patiño, Manuel Reiriz e David Torres
Programa que dá a coñecer persoas que fan cada día unha aposta vital polo mar, sendo o medio mariño o presente e o futuro deles e mais das súas familias. O programa irá hoxe aos percebes e coñecerá os segredos da extracción do longueirón.
Galicia: 13:55 h
GMT: 12:55 h
Portugal: 12:55 h
ATMOSFÉRICOS: ATMOSFERICOS 07.11.2026
Programa presentado por Diego Viaño que toma a meteoroloxía como fío condutor para contar Galicia a través do clima, a natureza e o medio ambiente galego.
Galicia: 14:10 h
GMT: 13:10 h
Portugal: 13:10 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 07.11.2026
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 15:10 h
GMT: 14:10 h
Portugal: 14:10 h
EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 08.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
Galicia: 15:30 h
GMT: 14:30 h
Portugal: 14:30 h
NO FOCO: NO FOCO 07.11.2026
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
Galicia: 15:50 h
GMT: 14:50 h
Portugal: 14:50 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 07.11.2026
Galicia: 16:00 h
GMT: 15:00 h
Portugal: 15:00 h
TARDE PIACHES: TARDE PIACHES II 52
Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, este magazine de fin de semana ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente.
Galicia: 20:15 h
GMT: 19:15 h
Portugal: 19:15 h
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XV 912
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Angie, da Coruña; Dani, de Oleiros; Adrián, do Carballiño; Bea, de Vilagarcía de Arousa, e Carmen, de Ourense, son os nosos concursantes no día de hoxe. Van loitar todos por un bote que comeza o programa nos 52.400 euros.
Galicia: 21:00 h
GMT: 20:00 h
Portugal: 20:00 h
TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 07.11.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
Galicia: 21:30 h
GMT: 20:30 h
Portugal: 20:30 h
EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES SERÁN FIN DE SEMANA 07.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
Galicia: 21:45 h
GMT: 20:45 h
Portugal: 20:45 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 07.11.2026
Galicia: 22:00 h
GMT: 21:00 h
Portugal: 21:00 h
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS VIII 96
O sexto programa da 'Liga dos cantantes extraordinarios' arranca coa forza de Yennia e o seu tema "Vivir en Galicia", que marca o comezo dunha noite de grandes actuacións, emoción a flor de pel e historias que deixan pegada. O humor e a retranca toman o escenario con Barbazán, que mantén o seu particular plan para conquistar a María Mera e lle dedica unha poesía chea de enxeño. E César e os padriños convértense en protagonistas, cando comparten escenario para poñerlle voz a un dos himnos máis recordados dos anos 90, nunha actuación cargada de harmonía, complicidade e nostalxia. O programa vive hoxe unha edición de emoción, espectáculo e destacadas interpretacións. Yennia abre a noite cun tema propio, mentres os concursantes sorprenden coas súas eleccións musicais e Barbazán e Jose continúan coa súa particular competición por conquistar a María Mera.
Galicia: 00:20 h
GMT: 23:20 h
Portugal: 23:20 h
COS PÉS NO MAR: Ramón Patiño, Manuel Reiriz e David Torres
Programa que dá a coñecer persoas que fan cada día unha aposta vital polo mar, sendo o medio mariño o presente e o futuro deles e mais das súas familias. O programa irá hoxe aos percebes e coñecerá os segredos da extracción do longueirón.
Galicia: 01:15 h
GMT: 00:15 h
Portugal: 00:15 h
LEMBRANDO A GALICIA XIII: LEMBRANDO A GALICIA XIII 1456
Galicia: 01:45 h
GMT: 00:45 h
Portugal: 00:45 h
ANACOS DE VIDA: Carral
Presentado por Aser Álvarez e Alba Prol, este novo formato audiovisual está centrado na recuperación da memoria gráfica e oral. O equipo do programa percorrerá diferentes vilas e aldeas de Galicia a bordo dunha máquina do tempo moi especial, para descubrir as pequenas e as grandes historias que se agochan tralas fotos antigas dos arquivos familiares. A máquina do tempo de ‘Anacos de Vida’ chega hoxe a Carral, onde os espectadores descubrirán os segredos do seu famoso pan.
Galicia: 02:35 h
GMT: 01:35 h
Portugal: 01:35 h
SEN CÓDIGO POSTAL: Cea
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. Na súa visita a San Cristovo de Cea, o carteiro do programa coñecerá o mosteiro de Oseira e aprenderá a facer o seu famoso pan.