Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 06:00 h
Portugal: 06:00 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 05.11.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
Galicia: 08:00 h
GMT: 07:00 h
Portugal: 07:00 h
BOS DÍAS: BOS DÍAS 05.11.2026
Presenta María Cheda. Inclúe unha entrevista a Néstor Rego, que encabeza a candidatura do BNG ao Congreso pola provincia da Coruña nas próximas eleccións xerais do 29 de novembro.
Galicia: 10:30 h
GMT: 09:30 h
Portugal: 09:30 h
COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIV 184
Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo.
Galicia: 11:30 h
GMT: 10:30 h
Portugal: 10:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 512
Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. O magazine analiza hoxe a subministración de auga pola seca e a suba do prezo do forraxe para o gando e da casquería nas carnicerías, e interésase pola campaña da castaña e polo roubo dun burro branco moi querido en Xinzo.
Galicia: 13:55 h
GMT: 12:55 h
Portugal: 12:55 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 05.11.2026
Presenta Raúl Quián.
Galicia: 14:25 h
GMT: 13:25 h
Portugal: 13:25 h
TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA 05.11.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
Galicia: 15:10 h
GMT: 14:10 h
Portugal: 14:10 h
EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 05.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
Galicia: 15:25 h
GMT: 14:25 h
Portugal: 14:25 h
AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI
Galicia: 15:35 h
GMT: 14:35 h
Portugal: 14:35 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 05.11.2026
Galicia: 15:45 h
GMT: 14:45 h
Portugal: 14:45 h
EN COMPAÑIA DE LOLI: EN COMPAÑIA DE LOLI II 113
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións para rematar coa súa soidade.
Galicia: 18:05 h
GMT: 17:05 h
Portugal: 17:05 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1121
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 19:30 h
GMT: 18:30 h
Portugal: 18:30 h
O CAMPO É NOSO: SAÚL ROUCO, AITOR LAUTA, LUCÍA CASAL, MANUEL VÁZQUEZ, MARÍA MACEIRAS, AITOR JAMARDO
Novo programa dedicado ao sector primario galego, que amosará as historias e o traballo das persoas que viven do campo e do mar. O formato aposta pola proximidade, o humor e a autenticidade para achegarlles aos espectadores unha visión diferente do rural galego.
Galicia: 19:40 h
GMT: 18:40 h
Portugal: 18:40 h
O CAMPO É NOSO: LUCÍA MARTÍNEZ, LUCÍA CASAL, MANUEL VÁZQUEZ, SAÚL ROUCO, VÍCTOR BASCOY, AITOR LAUTA
Lucía Martínez prepara o afumador e o equipamento necesario para traballar coas súas abellas, mentres Lucía Casal afronta o seu medo ás aves coa axuda da galiña Paquita. Manuel Vázquez remata o procesado das uvas, Saúl Rouco vacina os seus porcos e Víctor Bascoy explica os principais problemas que afectan ao cultivo do millo. Aitor Lauta e Raquel continúan coa plantación da coliflor.
Galicia: 20:10 h
GMT: 19:10 h
Portugal: 19:10 h
A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO II 113
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
Galicia: 21:00 h
GMT: 20:00 h
Portugal: 20:00 h
TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN 05.11.2026
Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.
Galicia: 21:30 h
GMT: 20:30 h
Portugal: 20:30 h
EN XOGO: TX DEPORTES SERÁN 05.11.2026
Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.
Galicia: 21:40 h
GMT: 20:40 h
Portugal: 20:40 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 05.11.2026
Galicia: 21:45 h
GMT: 20:45 h
Portugal: 20:45 h
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW IV 160
‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores. Regresa esta noite ao ‘Land Rober + Show' a sección ‘A túa cara fáiseme coñecida’.
Galicia: 22:50 h
GMT: 21:50 h
Portugal: 21:50 h
OS CRONONAUTAS: As mulleres que fixeron historia
Espazo presentado por Trisha Fernández e David Vilares, que viaxará no tempo para coñecer momentos claves da nosa historia, e achegarse de primeira man aos acontecementos, os personaxes e os lugares que marcaron a nosa evolución. O espazo 'Os Crononautas' viaxa este xoves pola historia das mulleres que axudaron a construír Galicia. O percorrido irá desde os inicios da nosa historia ata as grandes transformacións sociais e culturais do país, con nomes destacados como Exeria, Isabel Zendal, Concepción Arenal, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.
Galicia: 23:55 h
GMT: 22:55 h
Portugal: 22:55 h
SEGREDOS - DESMONTANDO GALICIA: Salnés
Os espectadores descubrirán a comunidade dun xeito único, desde os puntos de vista máis abraiantes e inéditos. Presentado por Diana Nogueira e Alicia Burton, este novo programa amosará, sen límites espaciais e temporais e grazas ás integracións 3D, os segredos das grandes infraestruturas e do patrimonio natural, urbanístico e cultural galego. Hoxe buscará respostas para as incógnitas que presenta a comarca do Salnés. Na súa investigación, Alicia Burton, Diana Nogueira e o Sabichón atoparán unha enorme riqueza patrimonial, vestixios arqueolóxicos e unha natureza atlántica única.
Galicia: 01:00 h
GMT: 00:00 h
Portugal: 00:00 h
ONDE VAI A XENTE: Sabor a vida - Corrubedo
Programa que achega a nosa realidade, para vivir as pequenas historias de cada día, da man de Alfonso Tellado, de 62 anos, xubilado da Bazán e de profesión 'galego retranqueiro'.
Galicia: 01:55 h
GMT: 00:55 h
Portugal: 00:55 h
A VIDA DO MERCADO: Praza de Abastos do Carballiño - Poñendo en valor o propio
Os mercados e prazas de abastos, das cidades e vilas galegas son o espazo físico onde se desenvolven os 13 capítulos que conforman a serie documental 'A Vida do Mercado'. A finalidade é coñecer a vida que latexa no seu interior, tanto de vendedores coma de compradores habituais.
Galicia: 02:45 h
GMT: 01:45 h
Portugal: 01:45 h
O CAMPO É NOSO: LUCÍA MARTÍNEZ, LUCÍA CASAL, MANUEL VÁZQUEZ, SAÚL ROUCO, VÍCTOR BASCOY, AITOR LAUTA
Novo programa dedicado ao sector primario galego, que amosará as historias e o traballo das persoas que viven do campo e do mar. O formato aposta pola proximidade, o humor e a autenticidade para achegarlles aos espectadores unha visión diferente do rural galego.
Galicia: 03:30 h
GMT: 02:30 h
Portugal: 02:30 h
LIBRO DE FAMILIA
Serie que retrata tres familias galegas pertencentes a distintos estratos sociais, residentes en Santalla. Os Cabanas, labradores de toda a vida e propietarios dun ultramarinos, conviven cos Lamela, saga de caciques que teñen contas pendentes cos Freire, indiáns que regresan da emigración logo de facerse ricos en Venezuela. A familia é o núcleo central e todo xira en torno ao que lles sucede, directa ou indirectamente a cada un deles. Comeza na Galicia dos anos 70, en que empezan a emerxer as cooperativas, a industria e chegan os cartos da emigración.
Galicia: 04:40 h
GMT: 03:40 h
Portugal: 03:40 h

Galicia: 05:45 h
GMT: 04:45 h
Portugal: 04:45 h

Galicia: 06:55 h
GMT: 05:55 h
Portugal: 05:55 h