div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 19.10.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 08:00 h

GMT: 06:00 h

Portugal: 07:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 19.10.2026

Presenta María Cheda.

Galicia: 10:30 h

GMT: 08:30 h

Portugal: 09:30 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA XIII 172

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Como educar un can para pastoreo, entre as leccións que ofrecerá hoxe 'Cos Pés na Terra'. Ademais, o equipo do programa pasará unha xornada cunha familia gandeira e visitará en Gondomar as leiras duns agricultores que fan as delicias dos clientes cos seus pedidos.

Galicia: 11:30 h

GMT: 09:30 h

Portugal: 10:30 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 499

Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. O magazine coñece a ferretería galega máis viral e unha casa moi terrorífica en Caldas, amais de conversar co mago Dani Polo, premiado hoxe en París.

Galicia: 13:55 h

GMT: 11:55 h

Portugal: 12:55 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 19.10.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:25 h

GMT: 12:25 h

Portugal: 13:25 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA 19.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

Galicia: 15:25 h

GMT: 13:25 h

Portugal: 14:25 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 19.10.2026

Galicia: 15:35 h

GMT: 13:35 h

Portugal: 14:35 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 100

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

Galicia: 18:00 h

GMT: 16:00 h

Portugal: 17:00 h

HORA GALEGA: HORA GALEGA XV 1108

Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.

Galicia: 19:30 h

GMT: 17:30 h

Portugal: 18:30 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XV 905

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. Mónica, de Betanzos; Abel, de Bueu; Hugo, de Sanxenxo; Ana, de Ames, e Cristian, do Porriño, están diante da súa última oportunidade de levaren o bote, que acumula ao inicio do programa 51.100 euros.

Galicia: 20:15 h

GMT: 18:15 h

Portugal: 19:15 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 100

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN 19.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

Galicia: 21:30 h

GMT: 19:30 h

Portugal: 20:30 h

EN XOGO: TX DEPORTES SERÁN 19.10.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

Galicia: 21:35 h

GMT: 19:35 h

Portugal: 20:35 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 19.10.2026

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 149

‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores. Unha familia única visita hoxe o ‘Land Rober + Show’ para desvelar algúns dos seus segredos de convivencia.

Galicia: 22:45 h

GMT: 20:45 h

Portugal: 21:45 h

EXPEDIENTE OCULTO: EXPEDIENTE OCULTO III 26. CRIME DE MONTSERRAT

Formato de investigación, que combina xornalismo de sucesos, reconstrución de crimes reais e exploración do misterio. A xornalista Patricia Abet conduce este espazo, acompañada por unha mesa de especialistas e perfís vinculados a cada historia. ‘Expediente Oculto' reconstrúe hoxe o asasinato de Montserrat Martínez, resolto dez anos despois, tras reabrir o caso. O programa afonda na investigación que permitiu deter o principal sospeitoso e aborda tamén os problemas de convivencia entre veciños e locais nocturnos.

Galicia: 02:00 h

GMT: 00:00 h

Portugal: 01:00 h

ANACOS DE VIDA: A Illa de Arousa

Presentado por Aser Álvarez e Alba Prol, este novo formato audiovisual está centrado na recuperación da memoria gráfica e oral. O equipo do programa percorrerá diferentes vilas e aldeas de Galicia a bordo dunha máquina do tempo moi especial, para descubrir as pequenas e as grandes historias que se agochan tralas fotos antigas dos arquivos familiares. O programa ‘Anacos de Vida’ embárcase esta semana nunha viaxe cara un lugar extraordinario na súa máquina do tempo: A Illa de Arousa, o único concello insular galego. 36 quilómetros de costa en só 7 quilómetros cadrados converten este lugar nun paraíso: unha verdadeira illa do tesouro inzada de ‘Anacos de Vida’.

Galicia: 02:50 h

GMT: 00:50 h

Portugal: 01:50 h

A VOLTAS CO PRATO: Patacas novas? Ben as probas!

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

Galicia: 05:15 h

GMT: 03:15 h

Portugal: 04:15 h

ERA VISTO!: Paixón express/ San Cosme/ O casting

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán.

Galicia: 05:45 h

GMT: 03:45 h

Portugal: 04:45 h

ERA VISTO!: Kevin ponse a traballar

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán.

Galicia: 06:10 h

GMT: 04:10 h

Portugal: 05:10 h

ERA VISTO!

Serie inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Cada edición inclúe tres historias independentes, sobre temas que tenden á sátira dos tópicos e costumes da vida actual, desde unha visión tradicional e familiar. Conta cun elenco de actores encabezado por Federico Pérez, Manuel Manquiña, Patricia Vázquez, Marcos Pereiro, Víctor Fábregas e Xosé A. Touriñán.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 19.10.2026

div-crtvg-top2

Publicidade