div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VIII 494

Javier Romero, Noelia Rey e Bernardo Montaña toman o mando de 'O Termómetro' nas mañás da TVG. Conducen máis de dúas horas de directo con entretemento, faladoiro, asuntos de interese público e reporteiros nas catro provincias. ‘O termómetro' achégase hoxe ao Museo do Pobo Galego, onde os galegos despiden a Xosé M. Beiras, e coñece a seca que atravesa Moaña e unha vaga de furtos en Ourense.

Galicia: 09:00 h

GMT: 07:00 h

Portugal: 08:00 h

VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1240

Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.

Galicia: 09:30 h

GMT: 07:30 h

Portugal: 08:30 h

NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 2041

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. 'Nacer de Novo' remata este domingo a celebración dos seus 2.000 programas cunha edición especial dunha hora de duración.

Galicia: 09:45 h

GMT: 07:45 h

Portugal: 08:45 h

POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 659

Persoas internas de distintos centros penitenciarios percorren o Camiño de Santiago acompañadas por profesionais, voluntarios de Cáritas e membros de Pastoral Penitenciaria. Coñecemos especialmente a experiencia do Centro de Inserción Social da Coruña e o traballo que realiza para preparar a recuperación da liberdade. Porque, como no Camiño, a reinserción constrúese paso a paso, asumindo responsabilidades, superando dificultades e aprendendo a avanzar xunto aos demais.

Galicia: 10:00 h

GMT: 08:00 h

Portugal: 09:00 h

SANTA MISA: SANTA MISA VII 493

Galicia: 10:30 h

GMT: 08:30 h

Portugal: 09:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 11.10.2026

Presenta Chus Tanoira.

Galicia: 10:55 h

GMT: 08:55 h

Portugal: 09:55 h

A VOLTAS CO PRATO: Destas fabas somos escravas!

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 144

‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores. A sección ‘A túa cara fáiseme coñecida’ regresa hoxe ao programa.

Galicia: 11:00 h

GMT: 09:00 h

Portugal: 10:00 h

NO FOCO: NO FOCO 10.10.2026

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

Galicia: 12:00 h

GMT: 10:00 h

Portugal: 11:00 h

LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 143

‘Land Rober + Show’ volverá pintar a mona con sketchs de ficción, o seu xa popular prezo xusto, xogos co público e entrevistas a personaxes de todo tipo, tanto de Galicia como de toda España. Ademais de Roberto Vilar e Eva Iglesias, o espazo de humor conta coa presenza de Xurxo Carreño, Patricia Pérez, Ana Ageitos e Dani Fernández como colaboradores. Unha parella de coñecidos actores e unha historia de loita contra o abandono das aldeas, protagonistas en ‘Land Rober + Show’ este mércores.

Galicia: 13:55 h

GMT: 11:55 h

Portugal: 12:55 h

ATMOSFÉRICOS: ATMOSFERICOS 11.10.2026

Programa presentado por Diego Viaño que toma a meteoroloxía como fío condutor para contar Galicia a través do clima, a natureza e o medio ambiente galego.

Galicia: 14:10 h

GMT: 12:10 h

Portugal: 13:10 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 11.10.2026

Presenta Chus Tanoira.

Galicia: 14:25 h

GMT: 12:25 h

Portugal: 13:25 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

Galicia: 15:10 h

GMT: 13:10 h

Portugal: 14:10 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.10.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

Galicia: 15:50 h

GMT: 13:50 h

Portugal: 14:50 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 11.10.2026

Galicia: 20:00 h

GMT: 18:00 h

Portugal: 19:00 h

COS PÉS NA TERRA: COS PÉS NA TERRA VII 85

Reflicte a realidade de homes e mulleres que optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Cada entrega conta a historia de tres protagonistas con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. Os espectadores de "Cos Pés na Terra” descubrirán hoxe os segredos para converter a madeira en música. Ademais, o programa compartirá a xornada cunha muller que converteu a súa horta nun xardín botánico e cunha deseñadora de galiñeiros do máis innovador.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 11.10.2026

Presenta Marta Darriba ao mediodía, Pablo Muñoz no serán e David Valverde na fin de semana.

Galicia: 21:30 h

GMT: 19:30 h

Portugal: 20:30 h

EN XOGO: TELEXORNAL DEPORTES SERÁN FIN DE SEMANA 11.10.2026

Información deportiva, a cargo de Carlos Macía ao mediodía, Lorena Pose pola noite, e Irene Lourido durante a fin de semana. Óscar Benito ponse á fronte dos espazos ligados ás retransmisións dos sábados e domingos, mentres que Gustavo Varela presenta o resumo da xornada do domingo.

Galicia: 21:45 h

GMT: 19:45 h

Portugal: 20:45 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 11.10.2026

Galicia: 21:55 h

GMT: 19:55 h

Portugal: 20:55 h

MILLONARIOS: Turismo rural

Telmo e Luísa buscan uns días de descanso e tranquilidade. Pero nada máis chegar ao seu exclusivo aloxamento, descobren que Luisito, o guía do hotel, ten preparado un programa interminable de experiencias pensado para aproveitar cada minuto da estadía. Parece que o máis difícil dunhas vacacións de luxo é conseguir descansar! Telmo e Luísa gozarán esta semana en 'Millonarios' dunhas vacacións de luxo cun programa interminable de experiencias.

Galicia: 22:00 h

GMT: 20:00 h

Portugal: 21:00 h

BAILAMOS: BAILAMOS ANÓNIMOS II 20

Segunda temporada deste gran formato de baile e 'reality'. Presentado por Juan Fuentes, con Javier Castillo ‘Poty’, Tania Zapata e Jaime Pablo Díaz no xurado. ‘Bailamos' recibe hoxe a orquestra La Oca Band, os campións do mundo de Kizomba Nagyla e Nuno, e a Miguel Mandayo como 'Celebrity'. Noelia converterase en Lola Índigo no ‘Playback’, Emma e Martín homenaxearán a Michael e Janet Jackson e Álex e Gisela sorprenderán coa súa química en ‘Bailar pegados’.

Galicia: 22:25 h

GMT: 20:25 h

Portugal: 21:25 h

GALICIA BONITA: O Hío

A arquitecta Rosa Facal e o seu equipo de reformas levan o seu coñecemento e bo facer por Galicia adiante para loitar contra o feísmo nas vivendas. A intensidade dos propietarios e a calor de Cangas dificultarán esta semana o traballo de 'Galicia Bonita' nunha antiga vivenda de verán. Carla e Tomé, unha parella nova de artesáns, teñen un proxecto de residencias artísticas que queren levar a cabo nese espazo.

Galicia: 23:30 h

GMT: 21:30 h

Portugal: 22:30 h

RIBEIRAS DE SALITRE: Porto de Mugardos

Serie documental dirixida e presentada por X.H. Rivadulla Corcón, que viaxa cada semana a un porto de Galicia para mergullarse no seu día a día e trasladar as actividades e traballos que alí acontecen, falando coas persoas que os desenvolven: mariñeiros, redeiras, axentes da policía portuaria, mariscadores, traballadores das lonxas, poxadores, armadores, estibadores...

Galicia: 23:55 h

GMT: 21:55 h

Portugal: 22:55 h

TARDE PIACHES: TARDE PIACHES II 45

Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, este magazine de fin de semana ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. Historias de automóbiles que marcaron a vida dos seus propietarios e gastronomía de primeiro nivel, hoxe en 'Tarde Piaches'.

Galicia: 04:00 h

GMT: 02:00 h

Portugal: 03:00 h

PRATOS COMBINADOS: Nicanor Superstar

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

Galicia: 05:00 h

GMT: 03:00 h

Portugal: 04:00 h

PRATOS COMBINADOS: O carné de conducir

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

PRATOS COMBINADOS: Animaliños simpáticos e intelixentes

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 11.10.2026

div-crtvg-top2

Publicidade