div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 07.08.2026

Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.

Galicia: 09:00 h

GMT: 07:00 h

Portugal: 08:00 h

BOS DÍAS: BOS DÍAS 07.08.2026

Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Galicia: 10:40 h

GMT: 08:40 h

Portugal: 09:40 h

PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 114

A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.

Galicia: 11:05 h

GMT: 09:05 h

Portugal: 10:05 h

PRATOS COMBINADOS: Coche novo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro recapacita sobre o seu vello coche e decide substituílo con urxencia. Pero os prezos do mercado animan a Miro e o seu cuñado Antón a buscar outras solucións. Así, polo Bar Suízo vai aparecer un sospeitoso vendedor capaz de proporcionarlle un fabuloso automóbil a un prezo incrible.

Galicia: 11:35 h

GMT: 09:35 h

Portugal: 10:35 h

PRATOS COMBINADOS: Un cidadán modelo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O director dun espazo televisivo preséntase no Bar Suízo por mediación do tío Antón, na procura dun protagonista para o seu próximo programa, elixindo a Miro Pereira para encarnar o papel de cidadán ‘modelo’. A pesar do entusiasmo de Miro, a súa dona, moito máis escéptica ca el, comeza a sospeitar da estraña conduta do director de televisión.

Galicia: 12:00 h

GMT: 10:00 h

Portugal: 11:00 h

PRATOS COMBINADOS: A ilusión é o último que se perde

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Os Pereira prepáranse para recibir a Papá Noel e os Reis Magos. Dona Carme nunca tivo tempo nin ocasión para lle explicar “de xeito” a Miro “o dos Reis”. Este ano Miro non sabe moi ben a quen dirixir a súa carta, se a Papá Noel ou aos Reis Magos, sobre todo, porque garda unha teima cos de Oriente por non lle ter traído un balón de fútbol. Nesta ocasión, Miro escribe a súa carta con máis ilusión ca nunca e, quen sabe, quizais este ano se cumpran os seus desexos.

Galicia: 12:45 h

GMT: 10:45 h

Portugal: 11:45 h

DIARIO DO VERÁN MAÑÁS: DIARIO DO VERÁN MAÑÁS 10

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. Con motivo da Mostra Folclórica Internacional de Viveiro, o magazine conversa nesta localidade con Maricarmen López ‘Chipe’, presidenta da Asociación Bágoas da Terra, que organiza o evento, e con Alonso Vale, un pasteleiro que elabora unhas tortas únicas na zona.

Galicia: 13:55 h

GMT: 11:55 h

Portugal: 12:55 h

A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 07.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

Galicia: 14:00 h

GMT: 12:00 h

Portugal: 13:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 07.08.2026

Presenta Raúl Quián.

Galicia: 14:30 h

GMT: 12:30 h

Portugal: 13:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 07.08.2026

Presenta Marta Darriba.

Galicia: 15:20 h

GMT: 13:20 h

Portugal: 14:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 07.08.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

Galicia: 15:30 h

GMT: 13:30 h

Portugal: 14:30 h

AVANCE EN COMPAÑÍA DE LOLI

Galicia: 15:40 h

GMT: 13:40 h

Portugal: 14:40 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 07.08.2026

Galicia: 15:50 h

GMT: 13:50 h

Portugal: 14:50 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 50

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.

Galicia: 18:10 h

GMT: 16:10 h

Portugal: 17:10 h

DIARIO DO VERÁN TARDES: DIARIO DO VERÁN TARDES 15

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. Con motivo da Mostra Folclórica Internacional de Viveiro, o magazine conversa nesta localidade con Maradona de Galdo, vendedor de cupóns e malabarista do balón, e José Veiga, presidente da Xunta de Confrarías da Semana Santa do concello, entre outros.

Galicia: 19:30 h

GMT: 17:30 h

Portugal: 18:30 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 858

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez.

Galicia: 19:30 h

GMT: 17:30 h

Portugal: 18:30 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 856

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. A nova tripulación de concursantes está formada por Ana, de Paderne; Nicolás, de Curtis; Pablo, de Cangas de Morrazo; Pedro, de Cabeceiras de Basto (Portugal), e Vanessa, da Coruña. O bote inicia o programa de hoxe nos 42.600 euros.

Galicia: 20:15 h

GMT: 18:15 h

Portugal: 19:15 h

A VOLTAS CO PRATO: MÉXICO LINDO E QUERIDO!

Xulio Mato cociña sopa de tortilla ou sopa azteca. Merchi Rodal cociña nachos con guacamole e “cochinita pibil”.

Galicia: 20:55 h

GMT: 18:55 h

Portugal: 19:55 h

A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 07.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

Galicia: 21:00 h

GMT: 19:00 h

Portugal: 20:00 h

TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 07.08.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:30 h

GMT: 19:30 h

Portugal: 20:30 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN 07.08.2026

Galicia: 21:40 h

GMT: 19:40 h

Portugal: 20:40 h

SALA G: SALA G 10

Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo.

Galicia: 21:40 h

GMT: 19:40 h

Portugal: 20:40 h

SALA G: TVG contra 'Todos'

Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. As caras máis coñecidas da TVG compiten hoxe sobre o escenario da 'Sala G' contra 'Todos'. Gayoso, Eva Iglesias, David Espiño, Noelia Rodríguez, Trisha Fernández e Xurxo Fernández abandonan os seus papeis habituais para disputar actuacións musicais, retos de interpretación e coreografías fronte ao equipo de artistas.

Galicia: 23:15 h

GMT: 21:15 h

Portugal: 22:15 h

ESPECIAL: Montalvo Fest

Espectáculo que tivo lugar dentro da programación do Montalvo Fest de 2025, e que xuntou máis de 7.000 persoas nunha auténtica marea de música, luz e emoción. As dúas formacións máis emblemáticas da verbena galega, París de Noia e Panorama, enfrontaranse nunha sucesión de actuacións magníficas en que os propios asistentes e fans defenderán as súas orquestras preferidas.

Galicia: 23:40 h

GMT: 21:40 h

Portugal: 22:40 h

NADA É PARA SEMPRE: NADA É PARA SEMPRE 3

Galicia: 01:35 h

GMT: 23:35 h

Portugal: 00:35 h

AQUÍ HAI PRAIA: AQUÍ HAI PRAIA VII 47

Cada semana intenta achegar o maior número de areais posibles. O principal obxectivo do programa é dar a coñecer un dos grandes valores turísticos, paisaxísticos e ambientais da nosa terra, con protagonismo destacado dos bañistas. Hoxe, o equipo do programa visitará a praia da Aguieira, en Porto do Son; a praia de Raeiros, no Grove e a praia de Area de Bon, en Bueu.

Galicia: 02:20 h

GMT: 00:20 h

Portugal: 01:20 h

AQUÍ HAI PRAIA: PRAIA DE BASTIAGUEIRO (OLEIROS, A CORUÑA), A RAPADOIRA(FOZ-LUGO), PRAIA DE PATOS (NIGRÁN, PONTEVEDRA)

Cada semana intenta achegar o maior número de areais posibles. O principal obxectivo do programa é dar a coñecer un dos grandes valores turísticos, paisaxísticos e ambientais da nosa terra, con protagonismo destacado dos bañistas. Hoxe visitará os areais de Patos, Bastiagueiro e A Rapadoira.

Galicia: 02:50 h

GMT: 00:50 h

Portugal: 01:50 h

IMOS DE FEIRA: Baiona

Programa en que Javier Varela e Rafa Durán percorren os mercados ambulantes galegos máis destacados. Amais de entretemento e de descubrir numerosas anécdotas sobre a vida dos feirantes, ‘Imos de Feira’ promete diversión e premios en cada edición para os asistentes. O espazo 'Imos de Feira' visita esta semana a localidade de Sabarís, en Baiona.

Galicia: 03:50 h

GMT: 01:50 h

Portugal: 02:50 h

NO BICO UN CANTAR: Lévame, lévame

Hoxe achegarase a outra das cancións imprescindibles do noso repertorio popular: o “Lévame, lévame”, unha peza alegre que convida ao baile e ao canto colectivo. É especialmente popular no litoral das Rías Baixas e naceu nunha delas, na ría de Arousa, co título de “Muiñeira de Vilagarcía”. Semella que a compuxo Manuel Rey Posse, un polifacético artista desta vila, e que, nun primeiro momento, foi cantada polas mozas da Sección Feminina. Pero houbo algúns feitos que as converteron nunha das pezas máis coñecidas do cancioneiro galego: primeiramente a incorporación ao repertorio dos coros polo músico coruñés Adolfo Anta Seoane e despois a gravación que fixo en 1979 o grupo Petapouco, formado en Barcelona e do que era integrante un coñecido camariñán: Xosé Luís Blanco Campaña. Nesta entrega do espazo da TVG, os espectadores coñecerán a historia das Cantigas de Camariñas da man do propio Xosé Luís Blanco, da familia de Adolfo Anta Seoane, de quen a cantou no Coro da Real Fábrica de Tabacos da Coruña e dos camariñáns, que falarán do sentimento que lles provoca cantar e escoitar esta peza que levou o nome da súa vila por todo o mundo. Co ambiente das palilladas, coa bravura do litoral camariñán e coa festa da Virxe do Carme de fondo, o programa ofrecerá as versións que desta fermosa cantiga fixeron Treixadura, Lucía Pérez, Xaime Estévez, Os Panchos do Jolfendro, o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas, Vellos Ventos, o gaiteiro Xavier Blanco e o Cuarteto Egeria.

Galicia: 04:20 h

GMT: 02:20 h

Portugal: 03:20 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES XIV 856

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez. A nova tripulación de concursantes está formada por Ana, de Paderne; Nicolás, de Curtis; Pablo, de Cangas de Morrazo; Pedro, de Cabeceiras de Basto (Portugal), e Vanessa, da Coruña. O bote inicia o programa de hoxe nos 42.600 euros.

Galicia: 05:05 h

GMT: 03:05 h

Portugal: 04:05 h

PRATOS COMBINADOS: Galaxia Alfa

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro Pereira vai alucinar unha noite, cando toda a familia volve da aldea, con estrañas luces no ceo, que o levan pensar nun posible OVNI. Obsesionado con esta visión, o propietario do Bar Suízo, comeza a mercar todo tipo de publicacións sobre extraterrestres e expedientes “X”, convencido como está de ser un contactado. O que non imaxina Miro é que o tío Antón e Paspallás están argallando unha broma que non sairá tan ben como eles esperaban.

Galicia: 05:05 h

GMT: 03:05 h

Portugal: 04:05 h

PRATOS COMBINADOS: Un home serio e formal

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

Galicia: 05:30 h

GMT: 03:30 h

Portugal: 04:30 h

PRATOS COMBINADOS: As vacacións de Balbina

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

Galicia: 05:30 h

GMT: 03:30 h

Portugal: 04:30 h

PRATOS COMBINADOS: O rei da cociña

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

PRATOS COMBINADOS: Os polos tolos

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

PRATOS COMBINADOS: Os candidatos

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina e Miro deciden presentarse, cada un pola súa conta, como candidatos a presidir a Asociación de Hosteleiros. Antón será, nesta ocasión, o asesor de Miro. Ambos candidatos teñen ideas moi diferentes sobre o que se debe facer na asociación, o que dará lugar a divertidos enredos e equívocos.

Galicia: 06:25 h

GMT: 04:25 h

Portugal: 05:25 h

PRATOS COMBINADOS: O crecepelo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Nunha libreta en que están apuntados vellos remedios caseiros da avoa Carme aparece unha receita infalible contra a calvicie. Trátase dun crecepelo que, como se demostra finalmente, non funciona tan ben como se agardaba e presenta algúns efectos secundarios. Miro e o xefe de Antón serán as súas víctimas.

Galicia: 06:50 h

GMT: 04:50 h

Portugal: 05:50 h

MELLOR Á GALEGA II (ECLIPSE): Enrique Alonso Blanco

Fernando Romay recibe a Enrique Alonso Blanco, docente, investigador e divulgador científico da Universidade de Vigo, para descubrir as claves da eclipse de Sol que converterá Galicia no centro da atención astronómica.

div-crtvg-top2

Publicidade