div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 00:00 h

GMT: 22:00 h

Portugal: 23:00 h

AQUÍ HAI PRAIA: MOGOR, AREA MAIOR, ARECOVA

Cada semana intenta achegar o maior número de areais posibles. O principal obxectivo do programa é dar a coñecer un dos grandes valores turísticos, paisaxísticos e ambientais da nosa terra, con protagonismo destacado dos bañistas. Hoxe visita a Area Maior en Muros, a Mogor en Marín e a Areacova en Aldán.

Galicia: 00:05 h

GMT: 22:05 h

Portugal: 23:05 h

AQUÍ HAI PRAIA: AQUÍ HAI PRAIA VII

Cada semana intenta achegar o maior número de areais posibles. O principal obxectivo do programa é dar a coñecer un dos grandes valores turísticos, paisaxísticos e ambientais da nosa terra, con protagonismo destacado dos bañistas. Perbes, en Miño; San Xián, en Cangas, e Areoura, en Foz, son os areais que este domingo visitará o programa “Aquí Hai Praia”.

Galicia: 00:50 h

GMT: 22:50 h

Portugal: 23:50 h

ONDE VAI A XENTE: Ecoloxía-Bertamiráns

Programa que achega a nosa realidade, para vivir as pequenas historias de cada día, da man de Alfonso Tellado, de 62 anos, xubilado da Bazán e de profesión 'galego retranqueiro'.

Galicia: 01:45 h

GMT: 23:45 h

Portugal: 00:45 h

A VIDA DO MERCADO: Praza de Abastos das Bueu - 'Ao ritmo das ondas'

Os mercados e prazas de abastos, das cidades e vilas galegas son o espazo físico onde se desenvolven os 13 capítulos que conforman a serie documental 'A Vida do Mercado'. A finalidade é coñecer a vida que latexa no seu interior, tanto de vendedores coma de compradores habituais.

Galicia: 04:00 h

GMT: 02:00 h

Portugal: 03:00 h

PRATOS COMBINADOS: O defunto Pereira

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina recibe unhas tan estrañas coma inquietantes cartas. A Caixa de Aforros anúncialle que axiña comezará a cobrar a súa pensión por ser viúva. Un representante de Pompas Fúnebres ofrécelle un amplo catálogo de lápidas. Miro Pereira non pensa que todo sexa producto dunha confusión, senón que, se cadra, realmente está morto.

Galicia: 04:30 h

GMT: 02:30 h

Portugal: 03:30 h

PRATOS COMBINADOS: Banquetes

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro, animado polo seu cuñado Antón e polo dinámico Paspallás, decide comezar a facer banquetes para grandes grupos no local. As súas aspiracións de atraer turistas e celebracións vai tropezar coa dura realidade. Finalmente, un equipo de fútbol proporcionaralle a ocasión de facer un bo negocio.

Galicia: 05:00 h

GMT: 03:00 h

Portugal: 04:00 h

PRATOS COMBINADOS: Coche novo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro recapacita sobre o seu vello coche e decide substituílo con urxencia. Pero os prezos do mercado animan a Miro e o seu cuñado Antón a buscar outras solucións. Así, polo Bar Suízo vai aparecer un sospeitoso vendedor capaz de proporcionarlle un fabuloso automóbil a un prezo incrible.

Galicia: 05:30 h

GMT: 03:30 h

Portugal: 04:30 h

PRATOS COMBINADOS: Un cidadán modelo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O director dun espazo televisivo preséntase no Bar Suízo por mediación do tío Antón, na procura dun protagonista para o seu próximo programa, elixindo a Miro Pereira para encarnar o papel de cidadán ‘modelo’. A pesar do entusiasmo de Miro, a súa dona, moito máis escéptica ca el, comeza a sospeitar da estraña conduta do director de televisión.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

PRATOS COMBINADOS: A ilusión é o último que se perde

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Os Pereira prepáranse para recibir a Papá Noel e os Reis Magos. Dona Carme nunca tivo tempo nin ocasión para lle explicar “de xeito” a Miro “o dos Reis”. Este ano Miro non sabe moi ben a quen dirixir a súa carta, se a Papá Noel ou aos Reis Magos, sobre todo, porque garda unha teima cos de Oriente por non lle ter traído un balón de fútbol. Nesta ocasión, Miro escribe a súa carta con máis ilusión ca nunca e, quen sabe, quizais este ano se cumpran os seus desexos.

Galicia: 06:30 h

GMT: 04:30 h

Portugal: 05:30 h

PRATOS COMBINADOS: Tarde de touros

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina, Rosalía e Carme descobren o mundo dos touros. Esta nova afección das mulleres esperta poucas simpatías en Miro e Antón. Mentres o sector feminino crea unha ‘peña taurina’, os homes deciden fundar unha asociación para a defensa dos animais. Os conflitos non se farán esperar.

Galicia: 06:55 h

GMT: 04:55 h

Portugal: 05:55 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 06.08.2026

div-crtvg-top2

Publicidade