Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 01:15 h
GMT: 23:15 h
Portugal: 00:15 h
LUAR: LUAR 1494
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Luar' despide este venres temporada cunha homenaxe á canción do verán. O programa xuntará no escenario os máximos representantes dos grandes temas que lles puxeron a banda sonora aos meses de máis calor, como Los Diablos, King África e The Refrescos, entre outros.
Galicia: 04:20 h
GMT: 02:20 h
Portugal: 03:20 h
PRATOS COMBINADOS: Recoñecemento médico
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro deberá afrontar o seu medo a ir ao médico por unha dor de estómago.
Galicia: 04:50 h
GMT: 02:50 h
Portugal: 03:50 h
PRATOS COMBINADOS: Rebaixas
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Un coñecido cantante vai actuar na cidade e a avoa Carme anuncia que un amigo seu, que agora se dedica ás artes, iría recollela para darlle unha sorpresa.
Galicia: 05:30 h
GMT: 03:30 h
Portugal: 04:30 h
PRATOS COMBINADOS: Altas finanzas
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro e Balbina deciden utilizar algúns dos seus aforros en facer unha reforma no bar, pero Antón convence a Miro de que é un bo momento para investir na Bolsa e coloca os aforros do seu cuñado nunha operación bursátil catastrófica, sen dicirlle nada a Balbina.
Galicia: 06:00 h
GMT: 04:00 h
Portugal: 05:00 h
PRATOS COMBINADOS: Candidato Miro
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O dono do bar entra con forza na loita política por ocupar a presidencia da asociación de veciños. Para presentarse contará coa inestimable colaboración do seu cuñado, Antón, co que leva a cabo unha impresionante campaña electoral en que non faltarán nin os subornos nin as chantaxes, chegando incluso á manipulación dunha urna.
Galicia: 06:30 h
GMT: 04:30 h
Portugal: 05:30 h
PRATOS COMBINADOS: Animaliños
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O fío conductor será o declarado amor de Migueliño, fillo do matrimonio Pereira, a todos os animais... irracionais. Deste xeito, o benxamín da familia atopa na rúa un gato abandonado, e decide levalo para a casa, malia que é consciente de que o terá que agochar, porque os seus pais non lle darán permiso para telo na casa. Esta inofensiva manobra de Migueliño para ofrecerlle un fogar ao gato non será máis que a primeira espoleta que desencadee unha serie de divertidas situacións e de malentendidos.
Galicia: 06:55 h
GMT: 04:55 h
Portugal: 05:55 h