div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

DIARIO DO VERÁN MAÑÁS: DIARIO DO VERÁN MAÑÁS 4

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. O concello pontevedrés das Neves, onde se celebra a popular romaría de Santa Marta de Ribarteme, recibe hoxe a visita do 'Diario do Verán'.

Galicia: 07:00 h

GMT: 05:00 h

Portugal: 06:00 h

DIARIO DO VERÁN MAÑÁS: DIARIO DO VERÁN MAÑÁS CULLEREDO

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. 'Diario do Verán' salta tamén ás mañas da TVG para ofrecer unha dobre edición diaria, que hoxe terá como escenario as Festas do Apóstolo de Culleredo.

Galicia: 08:05 h

GMT: 06:05 h

Portugal: 07:05 h

DIARIO DO VERÁN TARDES: DIARIO DO VERÁN TARDES 7

Unha ventá aberta a Galicia, en continuo e rigoroso directo. Presentado por Lucía Rodríguez e Christian Escuredo, estará cada día da semana en directo nunha localidade distinta, seguindo as súas festas e celebracións, e sempre pendente da actualidade galega. O espazo 'Diario do Verán' vive hoxe de preto o ambiente do Festival Costa Feira de Sanxenxo, que combina música, cultura e gastronomía.

Galicia: 09:30 h

GMT: 07:30 h

Portugal: 08:30 h

BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 25.07.2026

Presenta Chus Tanoira.

Galicia: 10:00 h

GMT: 08:00 h

Portugal: 09:00 h

LABRANZA: LABRANZA 1734

Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.

Galicia: 10:35 h

GMT: 08:35 h

Portugal: 09:35 h

EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA: EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA 15

Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen este programa, en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións.

Galicia: 13:10 h

GMT: 11:10 h

Portugal: 12:10 h

A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 43

Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.

Galicia: 13:50 h

GMT: 11:50 h

Portugal: 12:50 h

A PÉ DE PRAIA MAÑÁ: A PE DE PRAIA MAÑÁ 01.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

Galicia: 13:55 h

GMT: 11:55 h

Portugal: 12:55 h

GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 01.08.2026

Presenta Chus Tanoira.

Galicia: 14:25 h

GMT: 12:25 h

Portugal: 13:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.08.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde.

Galicia: 15:10 h

GMT: 13:10 h

Portugal: 14:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.08.2026

Irene Lourido encárgase da información deportiva.

Galicia: 15:30 h

GMT: 13:30 h

Portugal: 14:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 01.08.2026

Galicia: 15:40 h

GMT: 13:40 h

Portugal: 14:40 h

TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 24

Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. A nova Lei do Tabaco centra a sobremesa de ‘Tarde Piaches’, que contará coa música en directo de Gabriel Fandi.

Galicia: 18:25 h

GMT: 16:25 h

Portugal: 17:25 h

PRATOS COMBINADOS: Un superdotado na familia

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Unha charla co psicólogo do instituto ao que asiste Migueliño fai pensar a Miro que o seu fillo é un superdotado. Migueliño reúne en primeira instancia algunhas das condicións típicas destes nenos: despistado, preguiceiro, desordenado e abúrrese soberanamente en cada clase á que ten que asistir. Cando o tío Antón aparece na casa dos Pereira cun abraiante agasallo, un potente ordenador cunha chea de programas didácticos, o bo de Migueliño aproveitase da providencial axuda para se facer pasar por un auténtico superdotado.

Galicia: 18:50 h

GMT: 16:50 h

Portugal: 17:50 h

PRATOS COMBINADOS: Miña naiciña querida

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Os ‘reality-shows’ irrompen con forza no Bar Suízo, xa que unha confusión fai pensar a Miro que a súa nai non é a súa verdadeira proxenitora. Ante esta situación, decide poñerse en contacto cun programa de televisión especializado nestes casos para procurar a súa auténtica nai. O seu chamamento é recollido por un estafador, interpretado por Sancho Gracia, que intentará obter proveito da incredulidade de Miro Pereira, facéndose pasar por irmán seu.

Galicia: 19:20 h

GMT: 17:20 h

Portugal: 18:20 h

PRATOS COMBINADOS: Os fumes de Antón

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O protagonista será Antón, que anda namorado dunha rapaza amante da vida sa e deportiva. Por ela deixará de fumar, utilizando para iso todos os métodos coñecidos, como acupuntura ou os parches de nicotina e mesmo algún aínda sen experimentar. Miro, Balbina, Paspallás e o pintoresco personaxe interpretado por Manuel Pombal, asistirán divertidos aos intentos de Antón por romper co tabaco e cos seus fumes.

Galicia: 19:45 h

GMT: 17:45 h

Portugal: 18:45 h

PRATOS COMBINADOS: A vinganza da avoa

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. De novo, haberá máis quebracabezas para Miro Pereira, xa que terá que facer gala da súa ‘man dereita’ para arranxar un problema familiar provocado pola súa nai, dona Carme. A historia principia cando os celos empezan a atacar a avoa, por mor das viaxes que fan as súas amigas e que ela non pode facer. Deste xeito, dona Carme pensa que o seu fillo non a trata como é debido e argalla unha pequena historia para chamar a atención e, de paso, conseguir que a traten como unha raíña.

Galicia: 20:20 h

GMT: 18:20 h

Portugal: 19:20 h

O DÍA DA ROMARÍA: Santiaguiño do Monte

Formato que se achega ás grandes festas populares e relixiosas de Galicia desde dentro, acompañando os seus verdadeiros protagonistas: veciños, familias, parroquias, devotos e romeiros que fan posible que estas tradicións sigan vivas ano tras ano. 'O Día da Romaría' achégase hoxe a Padrón para vivir o Santiaguiño do Monte, o que din é o santo máis parrandeiro de toda Galicia.

Galicia: 20:30 h

GMT: 18:30 h

Portugal: 19:30 h

PRATOS COMBINADOS: Bolero

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A audiencia volverá atopar un Miro Pereira emprendedor, decidido e disposto a que o Bar Suízo sexa o de máis clientela da cidade. Deste xeito, ao comprobar como algúns bares da competencia están a facer un gran negocio coas actuacións musicais, e despois dun concienzudo ‘asesoramento’ por parte do tío Antón, Miro decide buscar un cantante que sirva como reclamo para a clientela. Así, pois, disponse a escoitar varios candidatos e, finalmente, deciden contratar a Silvana das Mirindas, famosa intérprete de boleros, para que anime o bar durante as noites das fins de semana.

Galicia: 20:55 h

GMT: 18:55 h

Portugal: 19:55 h

A PÉ DE PRAIA SERÁN: A PE DE PRAIA SERÁN 01.08.2026

Espazo de predición meteorolóxica para as praias do litoral galego e tamén para as zonas habilitadas para o baño no interior de Galicia.

Galicia: 20:55 h

GMT: 18:55 h

Portugal: 19:55 h

TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 01.08.2026

Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.

Galicia: 21:55 h

GMT: 19:55 h

Portugal: 20:55 h

O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 01.08.2026

Galicia: 22:00 h

GMT: 20:00 h

Portugal: 21:00 h

MALAS PÉCORAS: 14- DESI VILA E JAVIER GÓMEZ-NOYA

Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas. Coa participación dos atletas Desi Vila e Javier Gómez Noya, ‘Malas Pécoras’ falará esta semana de deporte de elite e sexo. O programa abordará como se vive o amor e a sexualidade cando o deporte ocupa boa parte da vida, e resolverá os principais mitos sobre fertilidade e embarazo da man da matrona Lidia Lestegás.

Galicia: 22:00 h

GMT: 20:00 h

Portugal: 21:00 h

A ORQUESTRA PERFECTA: A ORQUESTRA PERFECTA 6

Comeza na TVG a busca de 'A Orquestra Perfecta', o gran 'talent show' do verán na TVG. Os integrantes das grandes orquestras enfróntanse entre eles para conseguir un posto na formación ideal da verbena galega, nun reto presentado por Arturo Fernández. A primeira protagonista de ‘A Orquestra Perfecta’ será a emblemática París de Noia, que o vindeiro ano celebra o seu 70 aniversario.

Galicia: 23:10 h

GMT: 21:10 h

Portugal: 22:10 h

COMO SER FELIZ: AS COUSAS DO ÉXITO

Show televisivo presentado por Loly Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán, que aborda cada semana grandes temas universais como o estrés, o amor, o éxito ou o traballo para atopar a felicidade. O programa combina expertos, convidados, testemuños reais e participación do público. 

Galicia: 00:35 h

GMT: 22:35 h

Portugal: 23:35 h

MALAS PÉCORAS: 14- DESI VILA E JAVIER GÓMEZ-NOYA

Presentado por María Mera e Eva Iglesias, primeiro 'talk show' sobre sexo e relacións sentimentais, con entrevistas desinhibidas, xogos co público e cos convidados, e conversas con expertos sobre estes temas. Coa participación dos atletas Desi Vila e Javier Gómez Noya, ‘Malas Pécoras’ falará esta semana de deporte de elite e sexo. O programa abordará como se vive o amor e a sexualidade cando o deporte ocupa boa parte da vida, e resolverá os principais mitos sobre fertilidade e embarazo da man da matrona Lidia Lestegás.

Galicia: 01:30 h

GMT: 23:30 h

Portugal: 00:30 h

BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 7

A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', en que compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla. ‘Bailamos celebrity’ entra en semifinais con seis bailaríns dispostos a brillar no escenario. Os concursantes elixen as súas cancións favoritas para coreografías que prometen emoción, intensidade e espectáculo.

Galicia: 02:35 h

GMT: 00:35 h

Portugal: 01:35 h

LEMBRANDO A GALICIA XIII: LEMBRANDO A GALICIA XIII 1442

Galicia: 03:30 h

GMT: 01:30 h

Portugal: 02:30 h

LEMBRANDO A GALICIA XIII: NO CAMIÑO

Galicia: 03:55 h

GMT: 01:55 h

Portugal: 02:55 h

DE QUEN VÉS SENDO: Cuestión de autoridade

Galicia: 04:50 h

GMT: 02:50 h

Portugal: 03:50 h

PRATOS COMBINADOS: Unha intelixencia natural

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

Galicia: 04:50 h

GMT: 02:50 h

Portugal: 03:50 h

SEN CÓDIGO POSTAL: Allariz

Anselmo, o que fora carteiro de ‘Luar’, interpretado por Luís Zahera, está de volta para percorrer Galicia, visitando os lugares e veciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, uns destinatarios moi especiais que teñen moito que contar da nosa terra. Chega hoxe a Allariz, unha das vilas medievais máis fermosas de Galicia.

Galicia: 05:20 h

GMT: 03:20 h

Portugal: 04:20 h

PRATOS COMBINADOS: A bruxa

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro non acaba de convencerse de que é bo ter un seguro no bar. Para estar seguro de que non vai ocorrer ningún roubo ou incendio, consulta unha bruxa. Pero Balbina e Rosalía lograrán a complicidade da adiviña para darlle a volta ás intencións de Miro.

Galicia: 05:45 h

GMT: 03:45 h

Portugal: 04:45 h

PRATOS COMBINADOS: Telecallos

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A proliferación de negocios que serven a domicilio pizzas, tortillas ou comida chinesa está a facer dano nun bar tradicional como é o de Miro. E se os callos do bar Suízo contan cunha xusta sona por que non ofrecer un servizo semellante? Así nace 'Telecallos'.

Galicia: 06:00 h

GMT: 04:00 h

Portugal: 05:00 h

PRATOS COMBINADOS: En brazos de Morfeo

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. No Bar Suízo están ocorrendo misteriosos roubos de queixos, xamóns, gambas... Malia a vixiancia á que someten a cociña todos os membros da familia Pereira, as desaparicións seguen a producirse. A situación agrávase cando o imprevisible ladrón leva a quiniela que fixeran entre Balbina, Antón e Paspallás, xa que está premiada con trece acertos.

Galicia: 06:10 h

GMT: 04:10 h

Portugal: 05:10 h

PRATOS COMBINADOS: A mili de Miro

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro recibe unha sorprendente carta en que o reclaman para a súa incorporación ao servicio militar, que xa cumpríu hai case 30 anos. Miro non pensa nun erro administrativo, senón en que fixo algo mal, polo que o obrigan a repetir a mili.

Galicia: 06:25 h

GMT: 04:25 h

Portugal: 05:25 h

PRATOS COMBINADOS: A guerra das hamburguesas

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina soña con ter un día un pequeno restaurante onde demostrar as súas artes culinarias, lonxe dos clientes apresurados e convencionais do Bar Suízo. Sabedora de que non é doado plantexarlle o asunto a Miro e para tentear se o seu home está disposto a mudar de aires, Balbina inventa unha falsa oferta: unha cadea de hamburgueserías inexistente está disposta a mercar o bar.

Galicia: 06:35 h

GMT: 04:35 h

Portugal: 05:35 h

PRATOS COMBINADOS: Estraños na noite

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro trata de relanzar o seu negocio aproveitándose dunhas voces que escoita a avoa Carme mentres dorme e coa axuda dun parapsicólogo.

div-crtvg-top2

Publicidade