Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 433
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. Coa vista posta na chegada de León XIV a Canarias, ‘O termómetro' falará tamén da suba dos tipos de interese e dos efectos do aire acondicionado na saúde.
Galicia: 09:00 h
GMT: 07:00 h
Portugal: 08:00 h
PARLAMENTO: PARLAMENTO 1189
Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
Galicia: 09:30 h
GMT: 07:30 h
Portugal: 08:30 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (SÁBADO) 13.06.2026
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 10:15 h
GMT: 08:15 h
Portugal: 09:15 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO 17
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
Galicia: 10:25 h
GMT: 08:25 h
Portugal: 09:25 h
LABRANZA: LABRANZA 1774
Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
Galicia: 11:00 h
GMT: 09:00 h
Portugal: 10:00 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3433
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O dramaturgo e director de escena Alfonso Becerra conversa hoxe no ‘Zigzag’ sobre a súa obra de teatro ‘Do reino (e) dos amores proscritos’, que mañá chega a Lugo.
Galicia: 11:20 h
GMT: 09:20 h
Portugal: 10:20 h
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA III 84
Programa presentado por Duarte Galbán, en que tres participantes deben responder preguntas sobre as bisbarras galegas.
Galicia: 12:10 h
GMT: 10:10 h
Portugal: 11:10 h
EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA: EN COMPAÑÍA DE LOLI FIN DE SEMANA 2
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen este programa, en que persoas de toda Galicia comparten historias de vida e buscan novas relacións.
Galicia: 13:10 h
GMT: 11:10 h
Portugal: 12:10 h
A VOLTAS CO PRATO: A VOLTAS CO PRATO 8
Cada día, dous cociñeiros traballan contra o reloxo para ofertar un prato que conquiste o padal do convidado ou convidada do día. Presentado por Fran Cañotas.
Galicia: 13:55 h
GMT: 11:55 h
Portugal: 12:55 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 13.06.2026
Presenta Chus Tanoira.
Galicia: 14:25 h
GMT: 12:25 h
Portugal: 13:25 h
TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.06.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde.
Galicia: 15:10 h
GMT: 13:10 h
Portugal: 14:10 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.06.2026
Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 15:25 h
GMT: 13:25 h
Portugal: 14:25 h
NO FOCO: NO FOCO 215
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
Galicia: 15:50 h
GMT: 13:50 h
Portugal: 14:50 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.06.2026
Galicia: 15:55 h
GMT: 13:55 h
Portugal: 14:55 h
TARDE PIACHES: TARDE PIACHES 10
Novo magazine para as tardes da fin de semana. Presentado por Silvia Jato e Isabel Blanco, ten como obxectivo poñer en valor o territorio a través das súas historias e, sobre todo, da súa xente. ‘Tarde piaches’ aborda hoxe os trastornos da conduta alimentaria, con testemuños, voces expertas e terapias innovadoras neste ámbito.
Galicia: 18:15 h
GMT: 16:15 h
Portugal: 17:15 h
SALA G: Premios Sala G
Concurso musical presentado por Arturo Fernández, cargado de humor, que lles propón aos espectadores unha viaxe nostálxica polas emblemáticas salas de festas dos anos 80, combinando lembranzas con actuacións en directo. A 'Sala G’ abre hoxe as súas portas para entregar os seus primeiros premios, nunha gala dedicada ás estrelas e ás lendas da verbena galega. Arturo Fernández conducirá un gran espectáculo musical que recoñecerá o talento e a traxectoria das figuras máis destacadas das orquestras, e que contará, entre outras, coas actuacións de Los Satélites, Pili Pampín e Miguel Torres.
Galicia: 19:55 h
GMT: 17:55 h
Portugal: 18:55 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 148
A TVG pon o corpo en movemento con ‘Pulso activo’, un novo formato diario de saúde e benestar. O espazo, presentado por Eddy Insua, propón unha rutina diaria de exercicio adaptado para mellorar a saúde, combater o sedentarismo e encher as mañás de enerxía positiva.
Galicia: 20:25 h
GMT: 18:25 h
Portugal: 19:25 h
CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA: CÓDIGO 092: EN PRIMEIRA LIÑA REEDITADO 4
A TVG entra en acción con 'Código 092: en primeira liña', unha docuserie que leva os espectadores ao corazón da acción da Policía Local en distintas cidades galegas. Sen filtros nin artificios, cada episodio amosa o lado máis real e imprevisible dun servizo público que nunca se detén. O programa acompaña hoxe a Policía Local de Lugo e Vilagarcía nos seus servizos diarios.
Galicia: 20:55 h
GMT: 18:55 h
Portugal: 19:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA: TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA 13.06.2026
Presentan Antía Araújo e David Valverde. Irene Lourido encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:50 h
GMT: 19:50 h
Portugal: 20:50 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 13.06.2026
Galicia: 22:00 h
GMT: 20:00 h
Portugal: 21:00 h
COMO SER FELIZ: COMO SER FELIZ 4
Show televisivo presentado por Loly Gómez, Manuel Viso e Rafa Durán, que aborda cada semana grandes temas universais como o estrés, o amor, o éxito ou o traballo para atopar a felicidade. O programa combina expertos, convidados, testemuños reais e participación do público. ‘Como ser feliz' reflexiona hoxe na TVG sobre a xubilación. Con convidados como o exfutbolista Donato, expertos como a filósofa Josefa Ros e historias reais, o programa analizará como afrontar unha das grandes transicións da vida.
Galicia: 23:55 h
GMT: 21:55 h
Portugal: 22:55 h
BAILAMOS CELEBRITY: BAILAMOS! CELEBRITY 2
A TVG aposta polo ritmo con 'Bailamos Celebrity', en que compiten doce famosos solidarios. Juan Fuentes presenta este espectáculo, en que o público e un xurado elixen un gañador semanal, que doará o premio á entidade benéfica que escolla.
Galicia: 02:05 h
GMT: 00:05 h
Portugal: 01:05 h
LEMBRANDO A GALICIA XIII: O CORPUS
Galicia: 02:35 h
GMT: 00:35 h
Portugal: 01:35 h
DE QUEN VÉS SENDO: Con moito gusto
Galicia: 04:00 h
GMT: 02:00 h
Portugal: 03:00 h
PADRE CASARES: Un toque de cor
As obras continúan na igrexa, pero iso non significa o final dos problemas de Horacio. Miñato, aproveitando unha obra no concello (e por aforrarse os cartos que Horacio lle dera para pintura), daralle un toque de cor diferente á igrexa.
Galicia: 04:35 h
GMT: 02:35 h
Portugal: 03:35 h
NO BICO UN CANTAR: Himno galego
Por que naceu en Cuba o Himno? En parte polo amor dos pobos de acollida dos emigrantes, polos símbolos patrios, pero tamén pola tozudez dun galego emigrante, Xosé Fontenla Leal, que desde Cuba foi quen de unir o talento de Pondal e o de Pascual Veiga. Pero houbo algúns feitos que as converteron nunha das pezas máis coñecidas do cancioneiro galego: primeiramente a incorporación ao repertorio dos coros polo músico coruñés Adolfo Anta Seoane e despois a gravación que fixo en 1979 o grupo Petapouco, formado en Barcelona e do que era integrante un coñecido camariñán: Xosé Luís Blanco Campaña. Nesta entrega do espazo da TVG, os espectadores coñecerán a historia das Cantigas de Camariñas da man do propio Xosé Luís Blanco, da familia de Adolfo Anta Seoane, de quen a cantou no Coro da Real Fábrica de Tabacos da Coruña e dos camariñáns, que falarán do sentimento que lles provoca cantar e escoitar esta peza que levou o nome da súa vila por todo o mundo. Co ambiente das palilladas, coa bravura do litoral camariñán e coa festa da Virxe do Carme de fondo, o programa ofrecerá as versións que desta fermosa cantiga fixeron Treixadura, Lucía Pérez, Xaime Estévez, Os Panchos do Jolfendro, o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas, Vellos Ventos, o gaiteiro Xavier Blanco e o Cuarteto Egeria.
Galicia: 05:00 h
GMT: 03:00 h
Portugal: 04:00 h
PADRE CASARES: O segredo está nas formas
Horacio ten que enfrontarse a un desafío nunca visto despois de que Elsa case morrera afogada tras comulgar. Pode ser o grosor das formas unha ameaza para os fieis?
Galicia: 06:00 h
GMT: 04:00 h
Portugal: 05:00 h
PADRE CASARES: Santo Antonio Peregrino
É tradición na vila de Louredo, como en moitas outras vilas pequenas de Galicia, custodiar as imaxes dos santos nas casas dos veciños. Pero ás veces a devoción vólvese ambición.