Galicia TV Europa - CSAG
Galicia: 07:00 h
GMT: 05:00 h
Portugal: 06:00 h
GALICIA POR DIANTE: GALICIA POR DIANTE 10.06.2026
Faladoiro informativo presentado por Celia Rúa e Luís Ojea dende o estudio multimedia da Radio Galega.
Galicia: 08:00 h
GMT: 06:00 h
Portugal: 07:00 h
BOS DÍAS: BOS DÍAS 10.06.2026
Presenta Almudena R. de Urzáiz, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.
Galicia: 10:50 h
GMT: 08:50 h
Portugal: 09:50 h
O AGRO: O AGRO 10.06.2026
Galicia: 10:55 h
GMT: 08:55 h
Portugal: 09:55 h
PULSO ACTIVO: PULSO ACTIVO II 146
Na clase de hoxe, Eddy, o noso preparador, propón unha sesión con pelota de pilates e halteres centrada na forza. Anxo, Noemi, Raquel e Estrella acompáñano nesta rutina esixente. Nos testemuños, comparten as sensacións e impresións que lles deixou a práctica dos exercicios e falan de que Estrella foi portadora do facho olímpico nos Xogos Olímpicos de Barcelona 92.
Galicia: 11:30 h
GMT: 09:30 h
Portugal: 10:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO VII 432
Magazine diario, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña, que lle toma o pulso cada mañá a Galicia. Centrado na realidade social galega, ofrece unha ampla cobertura en directo da actualidade. 'O Termómetro' falará do coidado dos pés de cara ao verán e recibirá a visita dos organizadores do Atlantic Fest.
Galicia: 13:50 h
GMT: 11:50 h
Portugal: 12:50 h
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 10.06.2026
Presenta Raúl Quián.
Galicia: 14:30 h
GMT: 12:30 h
Portugal: 13:30 h
TELEXORNAL MEDIODÍA: TELEXORNAL MEDIODÍA 10.06.2026
Presenta Marta Darriba.
Galicia: 15:20 h
GMT: 13:20 h
Portugal: 14:20 h
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 10.06.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
Galicia: 15:40 h
GMT: 13:40 h
Portugal: 14:40 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 10.06.2026
Galicia: 15:50 h
GMT: 13:50 h
Portugal: 14:50 h
EN COMPAÑÍA DE LOLI: EN COMPAÑÍA DE LOLI 8
Loli Gómez e Marcial Mouzo conducen un programa en que persoas de toda Galicia compartirán historias de vida e buscarán novas relacións para rematar coa súa soidade.
Galicia: 17:30 h
GMT: 15:30 h
Portugal: 16:30 h
HORA GALEGA: HORA GALEGA XIV 1031
Programa vivo e variado, presentado por Quique Morales e Rocío Durán, onde as grandes protagonistas son as historias cotiás dos galegos e galegas.
Galicia: 21:30 h
GMT: 19:30 h
Portugal: 20:30 h
TELEXORNAL SERÁN: TELEXORNAL SERÁN 10.06.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
Galicia: 21:35 h
GMT: 19:35 h
Portugal: 20:35 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN 10.06.2026
Galicia: 21:40 h
GMT: 19:40 h
Portugal: 20:40 h
ESPECIAL INFORMATIVO: Santa Misa do papa León XIV en Barcelona
Especial informativo esta tarde nos medios públicos para dar cobertura aos actos do papa León XIV en Barcelona: a santa misa na Basílica da Sagrada Familia e a inauguración da torre de Xesucristo. Narración a cargo de Alberto Varela, coa colaboración do xornalista Juan Vicente Boo e do párroco de Santa Eulalia de Liáns, José Carlos Alonso.
Galicia: 22:15 h
GMT: 20:15 h
Portugal: 21:15 h
LAND ROBER + SHOW: LAND ROBER + SHOW III 115
O ‘Land Rober + Show’ chega disposto a revolucionar as noites da Televisión de Galicia. O programa conducido por Roberto Vilar dá un paso de xigante con este novo formato diario, de luns a xoves. Un espazo renovado, cheo de ritmo, humor e moitas sorpresas, que promete facer rir como nunca. Un especialista en vida sa e un coñecido músico, protagonistas esta noite en ‘Land Rober + Show’, que tamén gozará dunha nova edición do ‘Prezo Xusto’.
Galicia: 23:10 h
GMT: 21:10 h
Portugal: 22:10 h
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: ARZÚA. KOKE E PAULA, ADRIÁN E ZION
Paula coñece a Koke, un rapaz que leva solteiro toda a vida e que busca unha moza con aspiracións. Por outra banda, Zion atópase con Adrián en busca dunha persoa con quen compartir a vida.
Galicia: 23:15 h
GMT: 21:15 h
Portugal: 22:15 h
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Arzúa: Koke e Paula, Adrián e Zion
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. Paula, traballadora dunha multinacional de Santiago, coñecerá a Koke, influencer de Oleiros. Ela leva catro anos solteira e el, toda a vida. A continuación, entre raves, animais, relacións abertas e medo ao control, a cita de Adrián e Zion porá sobre a mesa ata onde pode chegar unha conexión cando dous solteiros teñen claro que queren vivir o amor á súa maneira.
Galicia: 23:50 h
GMT: 21:50 h
Portugal: 22:50 h
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: O AMOR ESTA EN GALICIA III 38
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana.
Galicia: 00:00 h
GMT: 22:00 h
Portugal: 23:00 h
O AMOR ESTÁ EN GALICIA: Arzúa: Sergio e Ainara, Josi e Simone
Formato de citas a cegas presentado por Paco Lodeiro e Laura Boado, que percorrerá as cidades e vilas galegas na procura de parellas que quedarán para falar e comprobar se entre elas prende algo especial. A ‘cupi-furgo’ do programa viaxará buscando o amor e presentando dúas parellas cada semana. Serxio regresa ao programa convertido xa nun pequeno fenómeno viral, disposto a demostrar que desta vez chega máis descansado e preparado para atopar unha muller faladora, legal e madura. Intentarao con Ainara, asturiana afincada en Santiago. Pola súa parte, Josi e Simone regresan a 'O amor está en Galicia' dispostos a vivir unha nova oportunidade.
Galicia: 00:20 h
GMT: 22:20 h
Portugal: 23:20 h
COMO GALEGOS: Soledad, Fátima e Julia
Galicia: 00:20 h
GMT: 22:20 h
Portugal: 23:20 h
COMO GALEGOS: Soledad, Fátima e Julia
Galicia: 00:35 h
GMT: 22:35 h
Portugal: 23:35 h
ÁLBUM DE VIAXE: Familia Bouzán Canosa
Presentado por Melania Cruz, programa que mestura reality e concurso. En cada edición, sorprenderá unha familia galega cunha viaxe chea de retos, diversión e emoción, en que deberán aproveitar cada paso para conseguir o premio final. A familia Baizán Canosa completará hoxe o seu álbum entre Cambre e as Rías Baixas.
Galicia: 01:45 h
GMT: 23:45 h
Portugal: 00:45 h
ZIGZAG: ZIGZAG 3430
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Furada, dúo galego de post-punk, presenta hoxe en 'ZigZag' o seu primeiro álbum.
Galicia: 02:10 h
GMT: 00:10 h
Portugal: 01:10 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA VIII 96
Serie. A morte de Andrade non consegue afastar a Mónica da batalla contra o Panameño. Ao contrario, a xuíza de 'Pazo de Familia' fai hoxe un xuramento diante de Nino de que acabará cos asasinos do seu home. Non pode saber que aquel que considera o seu amigo é en realidade un dos responsables.
Galicia: 03:20 h
GMT: 01:20 h
Portugal: 02:20 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA VIII 97
Serie. Pese ás sinceras peticións de Emilio de que quede, Sara está cada vez máis convencida que o seu sitio non está no 'Pazo de Familia'. Para a cociñeira, non se trata só dos celos de Eva, tampouco é quen de agochar que Leonor finxe estar eivada para reter o seu fillo. Outra que decide marchar é Claudia. No seu caso, o destino é unha perigosa cita co Panameño, que pode rematar en traxedia se Daniel non é quen de evitalo. E traxedia é tamén á que asisten Tomaso e Marisiña, que terán que ocultar o cadáver dun policía. Oculto estivo tamén, ata agora, o testamento orixinal do pai de Leonor. Será o seu neto Emilio quen se achegue á verdade neste episodio, mentres ten que lidar coas traizóns de Suevia na adega.
Galicia: 04:25 h
GMT: 02:25 h
Portugal: 03:25 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA VIII 98
Serie. Unha cata de viños vai sacar á luz moitos segredos. A enfermidade de Cosme cada vez é máis obvia e Emilio aconséllalle a Sara que fale co seu sogro.
Galicia: 05:35 h
GMT: 03:35 h
Portugal: 04:35 h
PAZO DE FAMILIA: PAZO DE FAMILIA VIII 99
Serie. Carlos e o Panameño fanse co control. Pola súa parte, Emilio descobre que súa nai finxía a parálise para retelo no pazo.
Galicia: 06:00 h
GMT: 04:00 h
Portugal: 05:00 h
PAZO DE FAMILIA
Serie. Hoxe Claudia é retida contra a súa vontade. A vella historia de amor, sempre latente, de Emilio e Sara, chega a un punto culminante.
Galicia: 06:50 h
GMT: 04:50 h
Portugal: 05:50 h